Curso Proxecto e-biblio: bibliotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño.
Lista de Admitidos: 1. – Maria Luz Corral Uzal Lugar:
2. – Héctor Carlos Castro Rey
3. – Antonio Picallo Chao
4. – Laura González-Garcés Santiso
5. – María Isabel Freire Gundín
6. – Teresa Zapata Calderón
7. – Felisa Cachón Piñon
8. – Xoán Manuel Pérez Lijó
9. – Patricia Rodríguez Saavedra
10. – Matilde Méndez Camaño
11. – Diego Rodriguez González
12. – Carolina Gómez Pouso
13. – Lucía Vázquez Novelle
14. – María del Carmen Feal Ardao
15. – María Pita Ponte
16. – María Alfonso García
17. – Elena Rodríguez Lopez
18. – Mercedes Mantenga Feroro
19. – Maria Margarita Rodriguez Alvarez
20. – Maria Corredoira Teijeiro
Horario:
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela
Listaxe de admitidos para o Curso Proxecto e-biblio
Selección de lecturas infantil y juvenil
El Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez acaba de poner a disposición de todos los interesados una selección de lecturas para este verano.
Está clasificada por edades y contiene una breve reseña de cada título.
Un saludo y a disfrutar de la lectura!
Axudas da Xunta á promoción, produción e edición do libro galego
No DOG de hoxe, 10 de xuño de 2008, aparecen publicadas as convocatorias de axudas para a promoción, produción e edición do libro galego e as traducións ó galego ou de libros galegos a outras linguas.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte, ata o 9 de xullo.
Un saúdo.
Curso: Proxecto e-biblio: bibiotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información
FINS E OBXECTIVOS
O proxecto E-Biblio, subvencionado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten como fin concienciar e formar aos bibliotecarios para que actúen como axentes activos de fomento da sociedade da información e de integración dos cidadáns nesta sociedade, mediante o desenvolvemento de programas formativos no uso dos recursos dixitais dirixidos aos usuarios das bibliotecas públicas.
Este fin concrétase nunha serie de obxectivos:
1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bliotecarios en tres ámbitos:
• O favorecemento da inclusión e integración dos cidadáns na sociedade da información mediante o desenvolvemento de programas de alfabetización informacional e uso das TICs.
• O fomento e a preparación do cidadán no uso da Administración electrónica.
• O desenvolvemento de ferramentas de acceso e xestión da información desde as bibliotecas en software libre.
2. Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios neses tres ámbitos.
3. Planificación e desenvolvenmento de programas de formación dos bibliotecarios neses tres ámbitos.
PROFESORADO
O curso será impartido polo profesor Mario Pérez-Montoro da Universidade de Barcelona
PROGRAMA
Primer módulo: Alfabetización informacional.
Segundo módulo: Administración Electrónica e Biblioteca.
Tercer módulo: Bibliotecas e Software Libre.
METODOLOXÍA
Proxecto fin de curso: os asistentes aos cursos realizarán obrigatoriamente como actividade de
avaliación un proxecto adaptado a súa biblioteca (extensión mínima 2 folios).
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Duración: 24 horas presenciais
Horario:
· Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.
MATRÍCULA: Gratuíta
LUGAR
Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela
PRAZAS
20 prazas
Máis información e inscripción: anabadgalicia@mundo-r.com
Convocatoria de axudas para bibliotecas privadas
No DOG de hoxe, martes 27 de maio do 2007, a Consellería de Cultura acaba de publica-las bases para a convocatoria de subvencións para as bibliotecas galegas de especial interese. As axudas están destinadas á mellora do equipamento e mobiliario.
A Consellería entende por "bibliotecas de especial interese para Galicia aquelas que figuren no Rexistro de Bibliotecas de Especial Interese, que custodian fondos bibliográficos patrimoniais e de importancia para a cultura galega, e sexan recoñecidas como tales mediante orde da Consellería de Cultura e Deporte".
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes (ata o 26 de xuño).
Un saúdo.
Subvencións á animación e creación de clubes de lectura
A Consellería de Cultura ven de publicar no DOG de hoxe, 16 de maio de 2008, a convocatoria de subvencións para fomento da lectura con distintas actividades e a creación de clubes de lectura, para asociacións e institucións culturais.
O prazo é dun mes, ata o 16 de xuño.
un saúdo.
O Arquivo do Reino de Galicia recibe o Premio da Crítica de Galicia
O xurado do Premio da Crítica Galicia de iniciativas culturais acordou conceder ao Arquivo do Reino de Galicia a súa distinción pola súa importante renovación e polo seu traballo de difusión dos fondos documentais galegos.
Os Premios da Crítica de Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Ourensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.
Outros premiados este ano:
· Soño da febre de Miguel Anxo Murado foi a mellor obra literaria.
· De provincia a nación de Xusto Beramendi viuse recoñecido no apartado de investigación.
· O falecido Xaime Quessada levou o premio de Ciencias e Artes.
· Arte e Parte de Xurxo Borrazás impúxose na categoría de pensamento e ensaio.
· A Colección “A Tiracolo” de Ouvirmos gañou o premio da música.
Convocatoria de axudas para bibliotecas privadas
A Consellería de Cultura acaba de convocar subvencións para o tratamento dos fondos bibliográficos e a realización de programas ou actividades de promoción do hábito lector, nas bibliotecas de titularidade privada de Galicia e que pertenzan a entidades galegas sen ánimo de lucro.
En concreto, as actividades obxecto de subvención son as seguintes:
- talleres de animación lectora
- campañas de animación á lectura
- concursos de lectores
- clubes do libro
- publicidade das actividades obxecto de subvención
- gastos de funcionamento dos clubes de lectura, incluída a adquisición de exemplares múltiples
para o seu funcionamento
- gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades
- alquiler de servicios técnicos para a realización das actividades
- gastos de xestión e administración para a realización de actividades obxecto de subvención (material de oficina, gastos de comunicacións, catalogación de fondos, etc.).
Non se financiarán os siguientes gastos:
Obras en inmobles, adquisición de maquinaria e equipamento inventariable, nin gastos correntes de funcionamento da entidade, nin de fondos bibliográficos, excepto os exemplares destinados ós clubes de lectura.
PRAZO: 13 de xuño.
As entidades ou persoas que desexen acollerse a esta convocatoria deben presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
ANABAD-Galicia e o anteproxecto de lei de arquivos de Galicia remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.
Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:
En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.
O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.
Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.
Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos
Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).
WorldCat bloggea
WorldCat o catálogo mundial do consorcio de bibliotecas OCLC, integrado por mais de 60.000 bibliotecas de 112 países, ten o seu propio blog onde publican interesantes novas relativas ao mundo das bibliotecas.
E para os que non coñezades o interfaz de búsqueda do WordCat, probade a experiencia, é realmente amigable e básase na idea de que os usuarios van fundamentalmente aos buscadores para obter información e non as webs das bibliotecas, evitandose ir facendo a mesma búsqueda en diferentes bibliotecas.
CEGAL en Red
Xa podedes consultar o informe da Confederación Española de Editores, Cegal en red (pdf) que pretende crear unha base de datos cos libros publicados en España, unha base de datos de disponibilidad de títulos e unha base de datos de ventas.
Ademais adxuntamos tamen as bases de convocatoria dos Premios Irmandade do Libro, nas modalidades de Institucións, Autor, Libro e Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías:
- Bases de autor (pdf)
- Bases institucións (pdf)
- Bases libro (pdf)
- Bases medios (pdf)
Exposición Itinerante
Feira do libro na Habana
Do 13 ao 24 de Febreiro, Galicia estará presente en Cuba para divulgar e difundir a nosa actividade cultural en Latinoamérica dentro do programa da Feira do Libro da Habana:
A Feira do Libro da Habana (FILH), consolidada a nivel internacional como unha das grandes referencias da industria editorial e como a actividade cultural máis relevante do país cubano durante o ano, alcanza este ano a súa XVII edición. Avalada polas cifras dos últimos anos, a organización prevé un novo éxito de participación, difusión e vendas desta nova cita. A Feira da Habana convértese así para a cultura galega nunha privilexiada porta de entrada en Latinoamérica, plataforma de difusión e promoción da nosa produción cultural nun ámbito de especial interese para as nosas creacións culturais.
O dossier coa programación e información sobre o evento elaborado pola Consellaría de Cultura está dispoñible para a sua descarga (pdf).
Sen dúbida é unha gran nova para todo o sector cultural do noso país. Esperamos poder contar con crónicas e comentarios do evento.
Portal de internet para documentos y archivos en Europa
La Comisión Europea ha dado su apoyo al proyecto para la creación de un "Portal de internet para documentos y archivos en Europa" liderado por España, a través de la Subdirección General de los Archivos Estatales, proyecto en el que participan doce Estados miembros de la Unión Europea.
El medio utilizado por la Comisión Europea es la financiación del mencionado proyecto a través de la iniciativa comunitaria eContentplus, que garantiza un aporte cercano a los 3 millones de euros para el desarrollo del Portal de internet para documentos y archivos en Europa.
España coordina y lidera un grupo de trabajo compuesto por las autoridades archivísticas nacionales de 12 Estados de la Unión Europea (Finlandia, Francia, Alemania, Malta, Países Bajos, Polonia, Portugal, Suecia, Letonia, Grecia, Eslovenia) cuyo objetivo es la creación de un único punto de acceso a través de internet para la información contenida en los archivos europeos. Con ello se conseguiría facilitar las búsquedas de los ciudadanos, administraciones públicas y empresas europeas, se daría un impulso decisivo a la competitividad mediante el uso de internet y se fomentaría el multilinguismo, ya que los servicios disponibles a través del Portal estarían en todas las lenguas oficiales de la Unión Europea.
El Portal dará una acceso unificado a los recursos archivísticos disponibles en la actualidad de una manera diseminada por toda Europa: información sobre los archivos, qué documentos conservamos en ellos y, en algunas ocasiones, el acceso al propio documento en formato digital. (Autor: Teresa Engenios. Arxiforum)
CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE BIBLIOTECAS PUBLICAS
Na asemblea de Anabad-Galicia celebrada o pasado día 17 de xaneiro na Coruña acordouse crear un grupo de traballo de bibliotecas publicas.
A finalidade do grupo é analizar a realidade actual das bibliotecas públicas e realizar propostas que contribuan á mellora dos servizos bibliotecarios.
A temática ou temáticas concretas a desenvolver determinaranse unha vez constituído o grupo no que vos animamos a participar. Como podedes supoñer está aberto a todas as persoas asociadas a Anabad que desexen participar do mesmo.
Se estás interesado ou interesada en participar podedes porvos en contacto conmigo.
Joao Manuel Peres Lijó
Bibliotecario de Ames
Documentalistas mileuristas
Un traballo sobre a situación laboral actual dos titulados en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña constata a inestabilidade laboral que sofren estes titulados e establece o seu rango salarial entre 900 e 1200 euros/mes.
O informe recolle os datos aportados por titulados que se prestaron a cubrir unha enquisa na que valoraban a súa situación laboral, as vías de busca do seu primeiro emprego e outros datos sobre a súa formación.
O estudo “Aproximación a la situación en el mercado laboral de los titulados en Documentación por la Universidade da Coruña” (pdf) presentouse en forma de póster nas X Jornadas Españolas de Documentación FESABID 2007, en Santiago de Compostela.
Bolsas de Formación na EGAP
Procédese á convocatoria de dúas bolsas de formación na área da documentación e a biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xaneiro e rematarán o 31 de decembro de 2008. Poderán ser prorrogadas por un ano ou, se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2009, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe de conformidade da unidade administrativa en que reciba a formación o bolseiro/a.
O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais que se farán efectivos, polo importe líquido tras realizar a retención fiscal que lle corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa, o que supón un importe total íntegro de 28.800 €. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A contía percibida estará en función do número de días traballados desde a incorporación á bolsa.
Nova creación do “Centro de Ciencias Humanas y Sociales” e transformación do CINDOC
Paso a continuación a nota informativa que o CINDOC publicou na lista de distribución IWETEL no día de onte, mércores 19 de decembro de 2007.
Nota sobre la transformación del CINDOC Madrid, diciembre de 2007
Estimados amigos: El pasado día 30 de octubre, la Junta de Gobierno del Consejo Superior de Investigaciones Científicas acordó la creación del Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS). Este Centro queda constituido por siete Institutos del CSIC, entre ellos el CINDOC, que desde este momento pasa a denominarse Instituto de Estudios Documentales sobre Ciencia y Tecnología (IEDCYT).
La principal misión del IEDCYT es la de contribuir al avance del conocimiento sobre las características y dinámicas de la investigación científica, la transferencia de conocimientos y el desarrollo tecnológico. En lo que respecta a las actividades en el ámbito de la Información y Documentación, tradicionalmente desempeñadas por el CINDOC, queremos comunicarles que las Bases de Datos ICYT e ISOC, así como Biblioteca del CINDOC y unidades conexas quedan integradas, en calidad de unidades o servicios de apoyo, al CCHS.
El CCHS tiene dos sedes, una ubicada en la calle Albasanz nº 26-28 (datos de contacto en http://www.cchs.csic.es/ ) y otra en la calle Joaquín Costa nº 22, donde se mantiene la sede de Ciencias Experimentales de la Biblioteca del CINDOC, el Servicios de Acceso al Documento Primario y la Base de Datos ICYT, que siguen prestando los mismos servicios y realizando las mismas actividades que hasta la fecha venían realizando.
La Base de Datos ISOC y los fondos de Humanidades y Ciencias Sociales de la biblioteca del CINDOC, anteriormente ubicados en la calle Pinar nº 25, quedan ahora reubicados en la sede de la calle Albasanz. Se han tomado las medidas oportunas para garantizar la prestación de servicios y otras actividades en el ámbito de la Información y Documentación, por lo que les rogamos den a este comunicado la máxima difusión en su entorno profesional.
Asimismo, la Dirección del CINDOC, en adelante IEDCYT, agradece a nuestros colaboradores y usuarios la confianza depositada en nosotros, al tiempo que reitera nuestra voluntad de cooperación y nuestra disposición a apoyar, promover e intermediar ante el CSIC en cualquier iniciativa, que en el ámbito de la Información y Documentación Científica, sea de interés.
Dr. Luis M. Plaza
Director Instituto de Estudios Documentales sobre Ciencia y Tecnología (IEDCYT)
Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
Joaquín Costa, 22 – 28002 Madrid – Spain
Tel 915635482 (ext. 205) – Fax 915642644
ASAMBLEA XERAL ANABAD GALICIA
Convocamos a todos os socios/as de ANABAD-GALICIA á asamblea anual que terá lugar o vindeiro día 27 de decembro ás 19.00 h. no Forum Metropolitano na Coruña, coa seguinte orde do día:
1.- Información sobre a actividade da asociación no ano 2007
2.- Plan de formación 2008
3.- Rogos e preguntas
Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto con nós:
·nos teléfonos: 881 889 008 ou 661 709 823
·ou no seguinte enderezo de correo electrónico: anabadgalicia@mundo-r.com
Moitas grazas e un cordial saúdo.
En A Coruña, 13 de decembro de 2007
Isabel Bujan
Secretaria de Anabad Galicia
I Encuentro Internacional InfoCC
La Fundación Ciencias de la Documentación (institución no lucrativa de ámbito nacional, declarada de carácter benéfico social) desarrolla, de entre muchos de sus proyectos, el proyecto internacional Información para el Cambio Ciudadano (InfoCC). InfoCC es un proyecto internacional que se realizará como una red formada por instituciones y profesionales de varios países, con soporte virtual por Internet y sesiones físicas en países seleccionados rotativamente en representación de cada continente.
BOLIVIA SERÁ SEDE DEL 1er. ENCUENTRO DE EXPERTOS MUNDIALES SOBRE INFORMACIÓN, CONOCIMIENTO Y DEMOCRACIA INFOCC 2008. España, 28 de Noviembre de 2007Con la presentación oficial a los medios de comunicación del cartel y la página web del "I Encuentro Internacional InfoCC" se inicia la campaña de promoción del evento. Participan en su organización la Fundación Ciencias de la Documentación, la Vicepresidencia de la República de Bolivia, el Ministerio de Relaciones Exteriores y Cultos, y la Academia Diplomática de Bolivia. El I Encuentro Internacional InfoCC mismo tendrá lugar en la ciudad de La Paz (Bolivia) del 28 al 30 de Mayo de 2008. Reunirá a destacados académicos, analistas y políticos de distintas disciplinas y nacionalidades para debatir en "Grupos de Trabajo" soluciones a los desafíos que actualmente se encuentran en el acceso de los ciudadanos y ciudadanas al conocimiento, a la información pública y a la producción científica y tecnológica en sus países. En este sentido, la importancia del acceso de los ciudadanos al conocimiento es de vital trascendencia, ya que no hay democracia sin participación, ni participación sin información y son las tecnologías de la información y las comunicaciones las que facilitan estas relaciones. En un modelo democrático moderno la participación de los ciudadanos no puede limitarse a simples consultas, ni a sondeos de opinión, sino que es preciso incluirlos en el proceso de toma de decisiones desplazándose del compromiso colectivo hacia formas más individuales de participación, fuera de las estructuras y mecanismos participativos del pasado (simple democracia representativa). En cuanto al programa de actividades, se prevee el funcionamiento de los grupos de trabajo temáticos, invitados especiales, mesas redondas y paneles. Entre los objetivos del evento, se pretende crear un foro internacional de reflexión en torno a la participación ciudadana y el conocimiento: acceso-producción-transformación-circulación del conocimiento desde la perspectiva de las sociedades del conocimiento en un contexto democratizador de la información. Tras el desarrollo de las actividades previstas, las conclusiones de los expertos en los grupos de trabajo serán difundidas públicamente por Internet, así como entregadas a los distintos gobiernos latinoamericanos para iniciar acciones sociales que permitan una mayor participación de los ciudadanos desde un uso efectivo de la información que reciben a diario por diferentes canales, incluidos los gubernamentales. Web, cartel del evento y más información en:
www.documentalistas.org/eventos/infocc08 Evento GRATUITO patrocinado por Vinfra S.A.
Uha praza de auxiliar de biblioteca para o Concello de Redondela
Convócase unha praza de auxiliar de biblioteca, equiparada ao grupo D da función pública. O sistema de selección será de oposición libre. Tedes ata o 11-12-2007 para presentar as instancias.
A fase de oposición constará de tres exercicios:
Primeiro Exercicio:
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario,tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programada convocatoria durante un período de 45 minutos. Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo Exercicio:
Práctico, consistirá na realización dun ou varios supostos prácticos do contido do programa da convocatoria, sendo a súa función a de evaluar os coñecementos técnicos dos/as aspirantes na área da que haberán de desempeñar a súa actividade profesional.
Terceiro Exercicio:
Sobre coñecemento do galego para aspirantes non exentos/as. Consistirá en traducir do castelán para o galego, sen axuda de dicionario, nun tempo máximo de trinta minutos, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio. A tradución será lida polo/a aspirante diante do tribunal. Neste exercicio valorarase a corrección da tradución e a pronuncia da lingua galega.
Convocatoria: Boletín Oficial do Estado de 21-11-2007
Blog da biblioteca pública municipal de Corcubión
Temos un novo blog nas bibliotecas de Galicia. Trátase del Blog da Biblioteca Pública Municipal de Corcubión que se une á blogosfera bibliotecaria. Benvidos e moita sorte nesta nova aventura.
Bolsas de formación e especialización dependentes do Ministerio de Cultura 2008
As bolsas pretenden formar especialistas en materias culturais, mediante o desenvolvemento de un completo programa teórico-práctico baixo a dirección dun tutor.
Duran nove meses, de abril a decembro, cun horario mínimo de cinco horas e media diarias, de luns a venres.
Salario de 820 € ao mes e seguro médico non farmacéutico.
Prazo de entrega de solicitudes: 10-12-2007
O Ministerio de Cultura oferta as seguintes 133 bolsas:
-
29 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Nacional, Dirección Xeral do Libro e outras dependencias do Ministerio de Cultura.(Especialidades: Fondo antigo 10 e fondo moderno 19)
-
29 Bolsas de Arquivística nos arquivos de titularidade estatal ou na sede do Ministerio.
-
30 Bolsas de Museoloxía nos museos estatales ou na sede do Ministerio.
-
20 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Istituto do Patrimonio Histórico Español.
-
19 Bolsas de Xestión Cultural nas distintas unidades do Departamento, incluindo a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural.
-
6 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía no Colexio de España en París
Toda a información no tríptico e na convocatoria.
Premios da Editorial Luis Vives
A literatura galega está de noraboa! O autor galego MARCOS S. CALVEIRO, ca súa obra O carteiro de Karrada, acaba de gaña-lo XVIII Premio de Literatura Infantil Ala Delta.
Por outra banda, a escritora arxentina LYDIA CARRERAS DE SOSA, gañou o VII Premio Alandar de Literatura Xuvenil ca súa obra El juramento de los Centenera.
ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com

