Ley de Arquivos de Galicia
23-09-2008 – 8:38No Consello da Xunta do día 18 de setembro de 2008, aprobouse o
proxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, que
inicia deste xeito a súa tramitación Parlamentaria.
No Consello da Xunta do día 18 de setembro de 2008, aprobouse o
proxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, que
inicia deste xeito a súa tramitación Parlamentaria.
O número de prazas para a Xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA) que terá lugar o venres 27 de xuño no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) están practicamente agotadas. Aquelas persoas que non se apuntaran e desexen asistir deberán confirmar a existencia de prazas antes de apuntarse, chamando ao Arquivo do Reino de Galicia [tel. 981 20 92 51] o xoves 26 de xuño a partir das 11 da mañá, onde lles indicarán a posibilidade ou non de apuntarse. Estamos valorando a posibilidade de realizar unha nova convocatoria en datas próximas (posiblemente no outono). Cando haxa unha decisión ao respecto comunicarase para coñecemento de quen estea interesado.
Grupo de Traballo de Arquivos de Galicia
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia) convocan para o vindeiro venres 27 de xuño na cidade da Coruña unha xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística, co seguinte programa: Data: Venres 27 xuño 2008 Lugar: Arquivo do Reino de Galicia. Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña PROGRAMA: 10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA. 11:30 – 12:30 A NOGADA: Criterios para a súa elaboración. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia 12:30 – 13:00 Pausa – Café 13:00 – 13:30 A NOGADA: Estructura e contido. Macrodescrición. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia 13:30 – 14:00 A NOGADA: Estructura e contido. Microdescrición. D. Alfonso Cascudo Rasilla, xefe de sección do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia. 14:00 – 14:30 Coloquio – debate. A inscrición é gratuita, e entregarase un certificado de asistencia.. Consultar a Norma Galega de Descripción Arquivistica (Nogada)
Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).
Facémonos eco da constitución do Consello Asesor do Libro:
CONSELLO ASESOR DO LIBRO
O día 14 de marzo, ás 10, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela constituíse o Consello Asesor do Libro.
ORDE DO DÍA
Unha vez constituído o Consello, propuxeron a creación de grupos de traballo:
Polo que dende as distintas asociacións sería necesario propor persoas dispostas a participar neles.
Creouse a Comisión Permanente, que estará formada por: Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Subdirectora Xeral de Creación e Difusión Cultural, 1 persoa de cada unha das outras administracións representadas no Consello, Cesáreo Sánchez Iglesias, en representación dos/as escritores/as galegos/as, Alfonso García Sanmartín, en representación das editoriais galegas, Xaime Carlos del Corral Prieto, en representación das librerías galegas, Mª Luz Corral Uzal, en representación dos/as bibliotecarios/as galegos/as (ANABAD e AGABEL).
Informaron do Orzamento para o ano 2008 e das axudas e subvencións que convocaron, presentaron o novo portal da páxina web Praza das Letras, comunicaron que a partir de abril realizarían unha campaña publicitaria de promoción do libro e a lectura e que van realizar un Mapa de bibliotecas.
No referente a bibliotecas, que destinaron máis de 4 millóns de euros á dotación de fondos, formación de persoal, equipamento, promoción da lectura e informatización dos centros. Que están a desenvolver o Plan da Lectura que recolle diversas estratexias de apoio ás bibliotecas e que conta cun orzamento de 50 millóns de euros ata o ano 2011.
Durante o ano 2007, a través do programa de promoción do libro en galego, procederon á adquisición con fondos propios de obras en galego. Esto completouse co convenio asinado entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Cultura para a adquisición de fondos bibliográficos destinados ás bibliotecas. Entre as dúas subvencións achegáronse a case tres millóns de euros que permitiron mellorar e renovar os fondos das bibliotecas. Apoiaron a creación de Clubes de lectura, convocaron o programa Letras Vivas e Letras animación, levaron a cabo o programa Lendo Espero, a través do cal se instalaron puntos de lectura en centros de saúde.Iniciaron o programa de formación para bibliotecarios/as. Asinaron convenios de cofinanciamento en mobiliario cos concellos de Galiza e están dotando con equipos informáticos e acceso a internet.
O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:
A nosa presidenta, Isabel Blanco, participou o pasado 11 de Maio na Mesa polo Libro e a Lectura representando a Anabad Galicia, segun nos conta, o orde do día foi:
1.- Informe sobre o desenvolvemento da Lei do Libro.
2.- Plan de Lectura.
3.- Decreto que regula o Consello Asesor do Libro.
4.- Rogos e preguntas.
Documentos:
Na última reunión da comisión de bibliotecas celebrada en Santiago de Compostela o día 8 de febreiro a nosa compañeira Isabel Buján, asistiu como representante de Anabad Galicia e nos informa dos puntos tratados:
Axudas para adquisición de fondos
* a porcentaxe de cartos que se entregarán variará entre o 30 e o 60% do que se gastou, tendo en conta criterios como poboación atendida, nº de fondos, espazos bibliotecarios. Toda a información publicarase no portal de bibliotecas: o que gastaron os Concellos e as subvencións que lles toca.
* En lugar de asinarse un convenio con cada un dos Concellos recurrirase a un proceso que combina a selección descentralizada e a adquisición centralizada da Xunta de Galicia. Esto supón que as bibliotecas realizarán a súa selección desde unha base de datos que recolla a producción editorial dos últimos catro anos, e a Xunta efectuará as compras na librería seleccionada pola biblioteca. Deste modo consíguese reducir os excesivos trámites que supoñería a firma de convenios con cada Concello.
* O proceso realizarase no primeiro trimestre deste ano.
Axuda á edición
A Xunta, no seu apoio á edición do libro en galego, seguirá este ano co envío de lotes de libros ás bibliotecas. Cambiarán dúas cousas: efectuaranse as entregas de lotes en tres momentos, e procurarase que a súa entrega sexa próxima a aparición dos libros nas librerías.
Depósito legal
estase traballando nunha aplicación informática que permitirá a súa xestión automatizada vía web. Xenerase automáticamente unha base de datos que favorecerá o telepedido e a catalogación.
Informatización
* O CAU está atendendo moitas dudas, e o 70 % da carga de traballo procede de bibliotecas escolares.
* O metabuscador pode estar listo nun mes.
* Neste momento hai cinco analistas traballando con Meiga para mellorar o programa.
* A través do portal de bibliotecas accederase a Ocenet e a unha selección de recursos web.
* Séguese traballando na web infantil.
* Tamén se traballa nunha aplicación para envíar as estadísticas trimestrais e anuais a trevés do portal.
Formación
Xa está diseñado o calendario de cursos para este ano 2007, que comezarán no mes de marzo. A maior parte será presenciais, pero hai tres a distancia. Os cursos teñen un límite de prazas, polo que será necesario facer unha selección no caso de moita demanda. Os criterios que se seguirán serán: que ningunha persoa poda solicitar máis de tres cursos, e que se terá en conta a relación do curso co posto de traballo desenvolvido. Os cursos abranguen todo tipo de temas: formación da colección, xestión bibliotecaria, animación á lectura. Estes cursos engándense aos que se relizarán sobre Meiga.