17-04-2008

Convocatoria de Bolsas na Fundación SEPI

Posteado por: Rebeca Núñez
Arquivado en: Xeral, Bolsas

A fundación SEPI ten publicadas varias convocatorias de bolsas para o año 2008, entre as que se encontran as de Iniciación na Empresa e as de colaboración con ENUSA.

As primeiras pódenas solicitar diplomados en Biblioteconomía e Documentación ou Licenciados en Documentación (entre outros titulados, doutros campos). As segundas, corresponden ó Programa de Fundación SEPI - Enusa Industrias Avanzadas 2008.

Tanto as bases como as características xerais, así como os formularios de solicitude, encóntranse na dirección http://www.funep.es/becas/

Un saúdo.

20-12-2007

Bolsas de Formación na EGAP

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Novas, Bolsas

Procédese á convocatoria de dúas bolsas de formación na área da documentación e a biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xaneiro e rematarán o 31 de decembro de 2008. Poderán ser prorrogadas por un ano ou, se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2009, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe de conformidade da unidade administrativa en que reciba a formación o bolseiro/a.

O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais que se farán efectivos, polo importe líquido tras realizar a retención fiscal que lle corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa, o que supón un importe total íntegro de 28.800 €. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A contía percibida estará en función do número de días traballados desde a incorporación á bolsa.

Máis información.

20-11-2007

Bolsas de formación e especialización dependentes do Ministerio de Cultura 2008

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Novas, Ofertas de emprego, Bolsas

As bolsas pretenden formar especialistas en materias culturais, mediante o desenvolvemento de un completo programa teórico-práctico baixo a dirección dun tutor.

Duran nove meses, de abril a decembro, cun horario mínimo de cinco horas e media diarias, de luns a venres.

Salario de 820 € ao mes e seguro médico non farmacéutico.

Prazo de entrega de solicitudes: 10-12-2007

O Ministerio de Cultura oferta as seguintes 133 bolsas:

  • 29 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Nacional, Dirección Xeral do Libro e outras dependencias do Ministerio de Cultura.(Especialidades: Fondo antigo 10 e fondo moderno 19)
  • 29 Bolsas de Arquivística nos arquivos de titularidade estatal ou na sede do Ministerio.
  • 30 Bolsas de Museoloxía nos museos estatales ou na sede do Ministerio.
  • 20 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Istituto do Patrimonio Histórico Español.
  • 19 Bolsas de Xestión Cultural nas distintas unidades do Departamento, incluindo a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural.
  • 6 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía no Colexio de España en París   

Toda a información no tríptico e na convocatoria.

11-10-2007

Bolsas de formación en biblioteconomía

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Bibliotecas, Bolsas

Orde do 5 de outubro de 2007 pola que establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios (11/10/07)

Requisitos dos solicitantes:
-Titulación universitaria de diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía, documentación, historia, filoloxía ou humanidades.

-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

-Non se beneficiar anteriormente durante un período superior aos 12 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, logo de iniciado o período de vixencia

Queda sen efecto a Orde do 28 de setembro de 2007 publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro

10-10-2007

Becas de formación sobre comunicación institucional, interna y externa, relacionada con la actividad oficial del Senado

Posteado por: Rebeca Núñez
Arquivado en: Xeral, Bolsas

Descripción:

La Mesa del Senado, en reunión de 11 de septiembre de 2007, ha acordado convocar entre postgraduados tres becas de formación sobre comunicación institucional, interna y externa, relacionada con la actividad oficial del Senado>, de acuerdo con las bases que figuran a continuación: Se convocan tres becas de formación sobre comunicación institucional, interna y externa, dirigidas a jóvenes licenciados que deseen especializarse en este campo.
La formación será básicamente práctica, mediante la participación en las tareas que encomiende el Departamento de Prensa, relacionadas con la actividad oficial del Senado.

Plazo:
El plazo para la presentación de instancias será de veinte días hábiles a contar desde el día siguiente a la fecha de publicación de esta convocatoria en el Boletín Oficial del Estado (el 20 de septiembre).

Requisitos:
Pueden solicitar la concesión de beca los licenciados universitarios en Ciencias de la Información españoles y de otros países miembros de la Unión Europea que reúnan las dos condiciones siguientes:
a) haber nacido con posterioridad al 1 de enero de 1980,
b) no haber disfrutado en años anteriores de la misma beca del Senado, excepto los sustitutos que hubieran accedido a la misma dentro del último cuatrimestre del año 2007.

Dotación:
Consistirán en doce pagos por meses vencidos de novecientos (900) euros brutos.

Duración:
Las becas se otorgan con una duración de un año (desde el 1 de enero hasta el 31 de diciembre de 2008). Las becas son improrrogables e incompatibles con cualquier otra beca concedida para el mismo período.

04-10-2007

Bolsas de Biblioteconomía

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Bolsas

Acaban de publicarse no DOGA de hoxe as bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios (pdf).

Son trinta e unha plazas e un orzamento para o ano 2007, por un importe de vinte e seis mil trescentos cincuenta euros (26.350 €), e para o 2008, por un importe de douscentos oitenta e nove mil oitocentos cincuenta euros (289.850 €), ata acadar unha suma total de trescentos dezaseis mil douscentos euros (316.200 €), que queda condicionada á existencia de crédito adecuado e abondo para o seu financiamento.

1. Requisitos dos solicitantes:
-Titulación universitaria de diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía, documentación, historia, filoloxía ou humanidades.
-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
-Non se beneficiar anteriormente durante un período superior aos 12 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, logo de iniciado o período de vixencia.

Parece que este ano arranxaron o problema do ano pasado que impedia os diplomados en biblioteconomía optr as bolsas, e pola contra calquer licenciado en humanidades, historia, arte, filoloxías, etc, sí que podía.  

Sorte aos interesados! 

16-07-2007

Bolsas do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega acaba de convocar varias bolsas para traballar en proxectos de investigación que leva a cabo. Unha das bolsas é para diplomados en Biblioteconomía e Documentación ou licenciados en Documentación.
Podedes ve-la convocatoria no DOG do 10 de xullo.

Moita sorte ós que vos presentedes.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com