25-06-2008
O número de prazas para a Xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA) que terá lugar o venres 27 de xuño no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) están practicamente agotadas. Aquelas persoas que non se apuntaran e desexen asistir deberán confirmar a existencia de prazas antes de apuntarse, chamando ao Arquivo do Reino de Galicia [tel. 981 20 92 51] o xoves 26 de xuño a partir das 11 da mañá, onde lles indicarán a posibilidade ou non de apuntarse.
Estamos valorando a posibilidade de realizar unha nova convocatoria en datas próximas (posiblemente no outono). Cando haxa unha decisión ao respecto comunicarase para coñecemento de quen estea interesado.
Grupo de Traballo de Arquivos de Galicia
23-06-2008
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia) convocan para o vindeiro venres 27 de xuño na cidade da Coruña unha xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística, co seguinte programa:
XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NORMA GALEGA DE DESCRICIÓN ARQUIVÍSTICA (NOGADA)
Data: Venres 27 xuño 2008
Lugar: Arquivo do Reino de Galicia. Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña
: . Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña Horario: 10:30 – 14:30 horas
PROGRAMA:
10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.
10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.
11:30 – 12:30 A NOGADA: Criterios para a súa elaboración. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia
12:30 – 13:00 Pausa – Café
13:00 – 13:30 A NOGADA: Estructura e contido. Macrodescrición. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia
13:30 – 14:00 A NOGADA: Estructura e contido. Microdescrición. D. Alfonso Cascudo Rasilla, xefe de sección do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia.
14:00 – 14:30 Coloquio – debate.
A inscrición é gratuita, e entregarase un certificado de asistencia..
Consultar a Norma Galega de Descripción Arquivistica (Nogada)
23-04-2008
ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.
Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).
Directiva de ANABAD - Galicia
12-03-2008
O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:
- Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA, que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa, e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de Pontevedra, para montar outro grupo de traballo de bibliotecas públicas.
- O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf) celebrarase na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións. Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar en propostas de actividades paralelas.
- Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a nosa situación profesional como colectivo.
ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña
Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com