Boletin de ANABAD-Galicia, n. 2

02-11-2009 – 13:17

Neste novo número contamos con varias novidades.

Unha nova sección de entrevistas que  é inaugurada por Mª Elena Becerra García e Mª José Villar Fernández, Bibliotecarias de Redondela.

Sección seguida por un artigo de colaboración de Gabriel Quiroga Barro, Subdirector Xeral de Arquivos e Museos, sobre o Arquivo de Galicia. Aclarando algunhas dúbidas sobre o papel desta institución e a súa situación no contexto da Cidade da Cultura.

Sempre é unha boa noticia contar con novas infraestruturas culturais polo que aproveitamos para pedirlle a Elena Pernas Lázaro, Directoras das Bibliotecas Municipais da Coruña, que nos presentase a Biblioteca dos Rosales inaugurada o pasado mes de Setembro.

Por último queremos continuar potenciando a profesión mediante os programas de formación realizados en colaboración con outras institucións e das que se aporta información ao final deste boletín.

Queremos contar coas vosas suxestións. Se queredes incluir novas seccións, enviar artigos e comentarios, ou todo aquelo que desexedes manifestar, estamos abertos á vosa colaboración. Podedes poñervos en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: anabadgalicia@mundo-r.com.
Ou no correo postal:

Anabad-Galicia
Apartado de correos 193
15080  A Coruña
 
Pódese descarregar o Boletín desde esta ligazón.
 

 
 

Boletin de ANABAD-Galicia

03-08-2009 – 18:56

Na última Asemblea Xeral da Asociación acordouse dotar a esta de novas ferramentas para difundir o traballo entre as persoas asociadas. Fruto deste acordo presentamos agora o primeiro Boletín de ANABAD-Galicia. Este boletín nace sen periodicidade definida pero coa vontade de continuar informando, dentro das nosas posibilidades, daquelas actuacións da Asociación así como daquelas cuestións que podan afectar ás nosas profesións.

Este primeiro boletín inclúe:

  • entrevistas con membros da nova directiva
  • información sobre novas da asociación
  • noticias breves de interese

 Pódese descarregar o Boletín desde esta ligazón.

Boletín de ANABAD-Galicia 

 

 

Reunión de ANABAD-Galicia co Director Xeral de Patrimonio Cultural

17-07-2009 – 10:33

O 14 de xullo de 2009, ANABAD-Galicia reuniuse co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, co fin de tomar contacto cos novos responsables dos Arquivos e Museos. Asistiron á reunión o Director Xeral, José Manuel Rey Pichel e, por parte de ANABAD-Galicia a presidenta, Mª Dolores Pereira e a vogal Consuelo Meiriño. A reunión desenvolveuse nun ambiente distendido no que se manifestouse a disposición da Asociación a colaborar coa Consellaría nos temas relativos aos Arquivos e aos Museos,.
 
Fíxoselle entrega ao Director Xeral dun informe con indicación dos asuntos considerados prioritarios pola asociación, concretados nos seguintes puntos:
 
Arquivos
  • Elaboración dunha lei que regule o sistema de arquivos de Galicia
  • No subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, fixar a estrutura administrativa, e dotar os centros con recursos materiais e persoais suficientes
  • Dar participación aos profesionais dos arquivos na racionalización administrativa e nos procesos de xestión de documentos.
  • Establecemento dunha verdadeira carreira profesional, que permita a promoción dos profesionais.
  • Manter os programas de formación conxuntos entre a asociación e a Dirección Xeral, e abrilos á participación da EGAP
Museos
  • Elaboración da Lei de museos
  • Fixar a estrutura administrativa, e dotar aos centros, con recursos materiais e persoais
  • Establecemento dunha verdadeira carreira profesional, que permita a promoción dos profesionais

Reunión de ANABAD-Galicia coa Consellaría de Cultura

14-07-2009 – 7:46

O 9 de Xullo reunímonos coa Consellaría de Cultura. No acto estiveron presentes, por parte da Consellaría, o propio Conselleiro, Roberto Varela, o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e Daniel Buján da mesma dirección xeral. Como representantes de ANABAD-Galicia asistiron: Isabel Blanco, vicepresidenta; Consuelo Meiriño, vogal de bibliotecas; Julio Pesquero, vogal de documentación e Xoán Manuel Pérez polas bibliotecas municipais.

A reunión, que se desenvolveu nun ambiente distendido, consistiu nunha primeira toma de contacto na que se fixo entrega dun informe coas liñas prioritarias que desde a Asociación consideramos importantes atender na presente lexislatura. Manifestouse tamén pola nosa parte a disposición a colaborar coa Consellaría en todo o que afecte ás bibliotecas. Roberto Varela, pola súa parte, incitounos a participiar na elaboración do Plan Rector da Biblioteca nacional.

No informe entregado incidimos nas seguintes liñas que consideramos prioritarias para desenvolver nesta lexislatura:

  • Nova lei de bibliotecas e do marco normativo que a desenvolva.
  • Desenvolvemento de instrumentos de planificación.
  • Continuidade das medidas actuais de apoio financieiro ás bibliotecas mentras non se desenvolvan os instrumentos de planificación.
  • Continuidade da promoción dos espazos de formación e encontro e dos grupos de traballo.
  • Constitución da Mesa polas Bibliotecas na que estean representadas, entre outros, as catro Administracións con competecias bibliotecarias a fin de planificar e coordinar as actuacións das distintas Administracións para que non compitan entre elas.
  • Modernizar os modelos de xestión

 
   

Noticia en El Correo Gallego: Os nomes ocultos

 

Avance de resultados da Asemblea xeral extraordinaria de socios de Anabad Galicia

30-06-2009 – 10:00

Constituida a Asemblea xeral extraordinaria convocada para o día 29 de xuño no centro cívico Forum da Coruña os acordos alcanzados foron:

  • Ingreso de Anabad Galicia na Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID).
  • Inicio da tramitación para o cambio de sede.
  • Elaborar un comunicado para ofrecer aos socios información sobre os distintos tipos de cursos, tanto os que organiza a propia Anabad como nos que colabora a través de convenios: requisitos, condicionantes, etc.
  • Iniciar o trámite para o cambio dos estatutos segudo o previsto nos propios estatutos.
  • Elaborar unhas recomendacións sobre as tasas e salarios mínimos que deben cobrar os profesionais dos arquivos, bibliotecas, documentación e museos que actúe como referencia para empresas e administracións na comunidade autónoma de Galicia.

Asemblea xeral extraordinaria de socios de Anabad Galicia

29-06-2009 – 10:02

Asamblea Xeral Extraordinaria de socios, que se vai celebrar hoxe 29 de xuño ás 17.00 h en primeira convocatoria, e ás 17.30 h. en segunda convocatoria, no Fórum Metropolitano na Coruña,  coa seguinte 

Orde do día

1. Adhesión a FESABID

2. Cambio de sede e reparto de mobles

3. Información sobre os cursos

4. Modificación de estatutos

5. Elaboración dun regulamento interno

6. Celebración do Congreso de ANABAD en Galicia

7. Rogos e pregunta

Asemblea Xeral e elección da xunta directiva de Anabad Galicia

12-06-2009 – 13:58

Na Coruña, no Centro Cívico Forum Metropolitano, o día 6 de xuño de  2009, as 12:00 horas en segunda convocatoria, reúnese a Asemblea Xeral Extraordinaria de ANABAD-GALICIA, coa asistencia de trece socios presentes e doce con delegación de voto para a elección da xunta directiva de ANABAD Galicia.

Logo da votación e do reconto de votos delegados  a Xunta Directiva quedou constituída do seguinte modo:

  • Presidenta: Dolores Pereira Oliveira
  • Vicepresidenta: Isabel Blanco Pardo
  • Secretaria: Isabel Buján Bernárdez
  • Tesoreira: Marta Alonso Gómez
  • Vocal de arquivos: Olimpia López Rodríguez
  • Vocal de bibliotecas: Consuelo Meriño Sánchez
  • Vocal de documentalistas: Julio Pesquero Murillo
  • Vocal de museos: Tomás Fernández Fuertes

Carné de membro de Anabad

11-06-2009 – 13:54

ANABAD pon a disposición dos socios unha tarxeta de socio que permite o acceso gratuíto a Museos, Arquivos e Bibliotecas de titularidade estatal. Se algún dos socios non tedes esta tarxeta, e estades interesados nela,  poñédevos por favor en contacto con Anabad Galicia para que as poidamos solicitar a Madrid.

Entrevista de Isabel Blanco, Presidenta de Anabad Galicia no “El Ideal Gallego”

30-04-2009 – 22:07

O pasado Martes El Ideal Gallego adicou unha páxina enteira (e das impares!) a unha entrevista coa nosa presidenta, Isabel Blanco, onde ésta defendeu a profesión e o futuro das bibliotecas, centros de documentación, museos e arquivos.

 Entrevista a Isabel Blanco, presidenta de Anabad galicia

Sen dúbida e unha excelente nova, que un periódico de temática xeralista e que chega ao público xeral, recolla e difunda as inquedanzas da profesión e faga de escaparate para mitirgar a invisibilidade da nosa profesión.

Homenaxe a Pedro López Gómez

23-04-2009 – 10:38

ANABAD GALICIA, con motivo do 60º aniversario de ANABAD, solicitou a Madrid que se lle entregase a medalla de honra a Pedro López Gómez e o nomease membro honorífico. Para poder facerlle entrega da medalla e rendirlle unha homenaxe pola súa labor na asociación, queremos organizar unha comida o día 16 de maio. En función das persoas que esteades interesadas en acudir, elexirase un restaurante e unha localidade. Aqueles de vós que queirades vir, enviade por favor un correo a asociación.

Isabel Buján Bernárdez
Secretaria ANABAD GALICIA

Aviso: últimas prazas para a presentación da NOGADA

25-06-2008 – 15:57

O número de prazas para a Xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA) que terá lugar o venres 27 de xuño no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) están practicamente agotadas. Aquelas persoas que non se apuntaran e desexen asistir deberán confirmar a existencia de prazas antes de apuntarse, chamando ao Arquivo do Reino de Galicia [tel. 981 20 92 51] o xoves 26 de xuño a partir das 11 da mañá, onde lles indicarán a posibilidade ou non de apuntarse.

Estamos valorando a posibilidade de realizar unha nova convocatoria en datas próximas (posiblemente no outono). Cando haxa unha decisión ao respecto comunicarase para coñecemento de quen estea interesado.



Grupo de Traballo de Arquivos de Galicia

ANABAD-Galicia e o anteproxecto de lei de arquivos de Galicia remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

08-05-2008 – 8:02

Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.

Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:

En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.

En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.

O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.

Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.

Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.

 

ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.

Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos

23-04-2008 – 17:07

ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.

Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).

 

Directiva de ANABAD - Galicia

Creado o Consello Asesor do Libro

17-03-2008 – 9:04

O consello constituído o 14 de marzo de 2008 ten carácter asesor en materia do libro e da lectura, polo tanto as súas decisións non son vinculantes. Está integrado por quince membros: sete da administración (tres da Consellaría de Cultura, un de Educación, outro de Industria, un da Federación Galega de Municipios e Provincias mais un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e oito dos sectores profesionais relacionados co libro (escritores, tradutores, editores, artes gráficas, ilustradores, distribuidores, libreiros e bibliotecarios).

A presidencia correspóndelle á consellaría de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a vicepresidencia ao director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará. Como representante das Bibliotecas encóntrase Mª Luz Corral en representación de ANABAD-Galicia e de AGABEL (Asociación de Bibliotecas Escolares)

1ª reunión do Grupo de traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad

12-03-2008 – 10:53

O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:

  •  Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA, que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa, e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de Pontevedra, para  montar outro grupo de traballo de bibliotecas públicas.
  • O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf) celebrarase  na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións. Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar en propostas de actividades paralelas.
  • Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a nosa situación profesional como colectivo.

 

CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE BIBLIOTECAS PUBLICAS

22-01-2008 – 12:53

Prazadas amigas:
Prezados amigos:

Na asemblea de Anabad-Galicia celebrada o pasado día 17 de xaneiro na Coruña acordouse crear un grupo de traballo de bibliotecas publicas.

A finalidade do grupo é analizar a realidade actual das bibliotecas públicas e realizar propostas que contribuan á mellora dos servizos bibliotecarios.

A temática ou temáticas concretas a desenvolver determinaranse unha vez constituído o grupo no que vos animamos a participar. Como podedes supoñer está aberto a todas as persoas asociadas a Anabad que desexen participar do mesmo. 

Se estás interesado ou interesada en participar podedes porvos en contacto conmigo.

Joao Manuel Peres Lijó

Bibliotecario de Ames

joaolijo@mundo-r.com

Memoria Anabad Galicia 2006/07

18-01-2008 – 15:00

Onte celebrouse a anunciada Asamblea de ANABAD Galicia, na que ademais de facer un percorrido pola actividade da Asociación nos últimos meses (dende Maio de 2006), analizouse o estado actual e debatironse os proxectos futuros e inmediatos.

Tedes toda a información na Memoria (pdf) que recolle a vida e andanzas de ANABAD Galicia de Maio de 2006 a Decembro de 2007.

Memoria de actividades Anabad Galicia 2006-07 

Memoria de ANABAD Galicia 2006-2007 

Novas datas para a Asamblea de ANABAD

20-12-2007 – 13:33

Debido ás peticións de varios socios  de retrasar a asamblea anual de ANABAD-GALICIA, queda convocada a asamblea anual para o día 17 de xaneiro, ás 19.00 h. da tarde en Fórum Metropolitano na Coruña.

Isabel Buján Bernárdez
secretaria ANABAD-GALICIA
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com

ASAMBLEA XERAL ANABAD GALICIA

13-12-2007 – 18:29

Convocamos a todos os socios/as de ANABAD-GALICIA á asamblea anual que terá lugar o vindeiro día 27 de decembro ás 19.00 h. no Forum Metropolitano na Coruña, coa seguinte orde do día:
1.- Información sobre a actividade da asociación no ano 2007
2.- Plan de formación 2008
3.- Rogos e preguntas
Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto con nós:
·nos teléfonos: 881 889 008 ou 661 709 823
·ou no seguinte enderezo de correo electrónico: anabadgalicia@mundo-r.com

Moitas grazas e un cordial saúdo.

En A Coruña,  13 de decembro de 2007

 

Isabel Bujan

Secretaria de Anabad Galicia

Nuevo Blog de ANABAD Aragón

08-10-2007 – 11:55

Acaba de nacer el blog de la Asociación ANABAD Aragón, una de las asociaciones más importantes que engloba a profesionales de los archivos, las bibliotecas, los centros de documentación y museos de toda España. El trabajo de esta organización es bien conocido y una buena referencia, aunque las personas de mi entorno (diplomados recien titulados) nunca han sido muy partidarios de asociarse, simplemente por pereza, desinterés o desconfianza. ANABAD Aragón, quiere con esta herramienta crear un lugar de participación y encuentro de los profesionales del mundo de la documentación, pero de momento no dejan escribir opiniones a las personas que no estén asociadas, así que una vez más nos conformaremos con mirar. ANABAD Aragón 

Publicado por jmcollado en Expediente, Web, Blog y….

Su primer post "Se hace camino al andar…" hace referencia a Antonio Machado.

"este blog nace como un lugar de encuentro de todos los socios y amigos de ANABAD; queremos que sea un sitio donde podamos mandar nuestros comentarios, opiniones, sugerencias… en definitiva, un sitio donde poder compartir información y conocimiento; y lo haremos entre todos, poco a poco, "haciendo camino al andar".

Desde aqui les deseamos a nuestros compañeros, toda la suerte del mundo, en estos primeros comienzos.

Visita á Cidade da Cultura

06-03-2007 – 9:44

ANABAD-GALICIA (Asociación de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia) có gallo do Día de San Bieito, patrón dos mesmos, organiza unha visita guiada a cargo do arquitecto da Fundación Cidade da Cultura para un grupo máximo de 40 persoas á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, o sábado 24 de Marzo ás 11.30 da mañá. Tamén terá lugar un xantar no restaurante Dezaseis, (Rúa de San Pedro) ás 14.30. O prezo do menú é de 20€.

* Duración da visita: 1.30h aproximadamente.

* Prezo do menú: 20€ * O diñeiro recolleráse no restaurante.

* O prazo de inscripción remata o 16 de Marzo. A lista de admitidos publicarase o día 19 de Marzo e se notificará por e-mail e tamén na lista de distribución.

* As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición (prioridade ós socios). No momento da inscripción indicarase si se é socio.

* Persona de contacto: Antonio Picallo. Tfno: 661709823 mail: anabadgalicia@mundo-r.com

* Punto de encontro: entrada ás instalacións da Cidade da Cultura.

Directiva: a parte visible

04-09-2006 – 10:42

  • Presidenta: Mª Isabel Blanco Pardo
  • Vicepresidenta: Mª Dolores Pereira Oliveira
  • Tesorera: Marta Alonso Gómez
  • Secretaria: Isabel Buján Bernárdez
  • Vocal de arquivos: Olimpia López Rodríguez
  • Vocal de Museos: Tomás Fernández Fuertes
  • Vocal de bibliotecas: Consuelo Meriño Sánchez
  • Vocal de documentación: Julio Pesquero Murillo