25-06-2008
O número de prazas para a Xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA) que terá lugar o venres 27 de xuño no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) están practicamente agotadas. Aquelas persoas que non se apuntaran e desexen asistir deberán confirmar a existencia de prazas antes de apuntarse, chamando ao Arquivo do Reino de Galicia [tel. 981 20 92 51] o xoves 26 de xuño a partir das 11 da mañá, onde lles indicarán a posibilidade ou non de apuntarse.
Estamos valorando a posibilidade de realizar unha nova convocatoria en datas próximas (posiblemente no outono). Cando haxa unha decisión ao respecto comunicarase para coñecemento de quen estea interesado.
Grupo de Traballo de Arquivos de Galicia
23-06-2008
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia) convocan para o vindeiro venres 27 de xuño na cidade da Coruña unha xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística, co seguinte programa:
XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NORMA GALEGA DE DESCRICIÓN ARQUIVÍSTICA (NOGADA)
Data: Venres 27 xuño 2008
Lugar: Arquivo do Reino de Galicia. Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña
: . Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña Horario: 10:30 – 14:30 horas
PROGRAMA:
10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.
10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.
11:30 – 12:30 A NOGADA: Criterios para a súa elaboración. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia
12:30 – 13:00 Pausa – Café
13:00 – 13:30 A NOGADA: Estructura e contido. Macrodescrición. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia
13:30 – 14:00 A NOGADA: Estructura e contido. Microdescrición. D. Alfonso Cascudo Rasilla, xefe de sección do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia.
14:00 – 14:30 Coloquio – debate.
A inscrición é gratuita, e entregarase un certificado de asistencia..
Consultar a Norma Galega de Descripción Arquivistica (Nogada)
16-06-2008
Curso Proxecto e-biblio: bibliotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño.
Lista de Admitidos:
1. – Maria Luz Corral Uzal
2. – Héctor Carlos Castro Rey
3. – Antonio Picallo Chao
4. – Laura González-Garcés Santiso
5. – María Isabel Freire Gundín
6. – Teresa Zapata Calderón
7. – Felisa Cachón Piñon
8. – Xoán Manuel Pérez Lijó
9. – Patricia Rodríguez Saavedra
10. – Matilde Méndez Camaño
11. – Diego Rodriguez González
12. – Carolina Gómez Pouso
13. – Lucía Vázquez Novelle
14. – María del Carmen Feal Ardao
15. – María Pita Ponte
16. – María Alfonso García
17. – Elena Rodríguez Lopez
18. – Mercedes Mantenga Feroro
19. – Maria Margarita Rodriguez Alvarez
20. – Maria Corredoira Teijeiro
Horario:
-
Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
-
Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
-
Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.
Lugar:
Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela
10-06-2008
El Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez acaba de poner a disposición de todos los interesados una selección de lecturas para este verano.
Está clasificada por edades y contiene una breve reseña de cada título.
Un saludo y a disfrutar de la lectura!
No DOG de hoxe, 10 de xuño de 2008, aparecen publicadas as convocatorias de axudas para a promoción, produción e edición do libro galego e as traducións ó galego ou de libros galegos a outras linguas.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte, ata o 9 de xullo.
Un saúdo.
Dende InfoDoc-Empleo, saliu a seguinte oferta de emprego onte, 9 de xuño de 2008, para documentalistas, no campo da dixitalización. Aquí vos deixo a oferta.
Un saúdo e sorte a quen lle interese.
InfoDoc Empleo
Estamos participando en un proyecto de creación de recursos digitales a partir de libros, a realizarse en Valladolid, para la realización de éste requerimos Documentalistas, preferiblemente que cuenten con conocimientos en digitalización, sistemas de escáner y sistemas de Reconocimiento Óptico de Imágenes (OCR).
Por este motivo me pongo en contacto con ustedes para de ser posible contactar a personas egresadas de la Universidad que pudieran estar interesadas en participar. Necesitamos el Currículum o bien datos de las personas que para poder contactarles lo más pronto posible.
El contrato de principio sería por 2 años, aunque hay muchas posibilidades de dar hacerse indefinido para otros proyectos.
De antemano muchas gracias por su ayuda,
Carlos Gabriel Torres Páez
Gerente de Gestion Documental
Nemo
Orense 12 Bis, 1a planta
T: 914 176 776
M: 608 878 420
FINS E OBXECTIVOS
O proxecto E-Biblio, subvencionado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten como fin concienciar e formar aos bibliotecarios para que actúen como axentes activos de fomento da sociedade da información e de integración dos cidadáns nesta sociedade, mediante o desenvolvemento de programas formativos no uso dos recursos dixitais dirixidos aos usuarios das bibliotecas públicas.
Este fin concrétase nunha serie de obxectivos:
1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bliotecarios en tres ámbitos:
• O favorecemento da inclusión e integración dos cidadáns na sociedade da información mediante o desenvolvemento de programas de alfabetización informacional e uso das TICs.
• O fomento e a preparación do cidadán no uso da Administración electrónica.
• O desenvolvemento de ferramentas de acceso e xestión da información desde as bibliotecas en software libre.
2. Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios neses tres ámbitos.
3. Planificación e desenvolvenmento de programas de formación dos bibliotecarios neses tres ámbitos.
PROFESORADO
O curso será impartido polo profesor Mario Pérez-Montoro da Universidade de Barcelona
PROGRAMA
Primer módulo: Alfabetización informacional.
Segundo módulo: Administración Electrónica e Biblioteca.
Tercer módulo: Bibliotecas e Software Libre.
METODOLOXÍA
Proxecto fin de curso: os asistentes aos cursos realizarán obrigatoriamente como actividade de
avaliación un proxecto adaptado a súa biblioteca (extensión mínima 2 folios).
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Duración: 24 horas presenciais
Horario:
· Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.
MATRÍCULA: Gratuíta
LUGAR
Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela
PRAZAS
20 prazas
Máis información e inscripción: anabadgalicia@mundo-r.com
27-05-2008
No DOG de hoxe, martes 27 de maio do 2007, a Consellería de Cultura acaba de publica-las bases para a convocatoria de subvencións para as bibliotecas galegas de especial interese. As axudas están destinadas á mellora do equipamento e mobiliario.
A Consellería entende por "bibliotecas de especial interese para Galicia aquelas que figuren no Rexistro de Bibliotecas de Especial Interese, que custodian fondos bibliográficos patrimoniais e de importancia para a cultura galega, e sexan recoñecidas como tales mediante orde da Consellería de Cultura e Deporte".
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes (ata o 26 de xuño).
Un saúdo.
22-05-2008
ANABAD GALICIA organiza o curso de " Microsoft Power Point ", que se celebrará en Santiago de Compostela os días 7 e 14 de Xuño cun horario de 9:00 – 14:00 h.
OBXECTIVOS
Lograr unha aproximación teórica e práctica do programa Microsoft Power Point e a súa aplicación.
PROFESORADO
Manuel Garea García-Malvar.
Profesor da EGAP dende 1992
DESCRIPCIÓN CURSO DE POWER POINT
-
Concepto de presentación
-
Concepto de diapositiva
-
Organización do discurso
-
Inicio de unha presentación dende un documento de Word
-
Aproveitamento das posibilidades de Power Point para captar a atención do asistente á charla
-
Automatización de tareas repetitivas
-
Inclusión de gráficos e fotos
-
Inclusión de información de apoio á charla na mesma presentación
-
Notas para o orador
-
Documentación para os asistentes
MATRÍCULA
Socios: 40 euros.
Non Socios: 70 euros.
O pagamento da inscripción pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade CAIXA GALICIA: 2091-0060-72-3040026692
PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir os datos persoais a:
anabadgalicia@mundo-r.com
Enviarase o boletín de inscripción, e a continuación comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación.
Para calquera dúbida, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.
16-05-2008
A Consellería de Cultura ven de publicar no DOG de hoxe, 16 de maio de 2008, a convocatoria de subvencións para fomento da lectura con distintas actividades e a creación de clubes de lectura, para asociacións e institucións culturais.
O prazo é dun mes, ata o 16 de xuño.
un saúdo.
14-05-2008
O xurado do Premio da Crítica Galicia de iniciativas culturais acordou conceder ao Arquivo do Reino de Galicia a súa distinción pola súa importante renovación e polo seu traballo de difusión dos fondos documentais galegos.
Os Premios da Crítica de Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Ourensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.
Outros premiados este ano:
· Soño da febre de Miguel Anxo Murado foi a mellor obra literaria.
· De provincia a nación de Xusto Beramendi viuse recoñecido no apartado de investigación.
· O falecido Xaime Quessada levou o premio de Ciencias e Artes.
· Arte e Parte de Xurxo Borrazás impúxose na categoría de pensamento e ensaio.
· A Colección
“A Tiracolo” de
Ouvirmos gañou o premio da música.
13-05-2008
A Consellería de Cultura acaba de convocar subvencións para o tratamento dos fondos bibliográficos e a realización de programas ou actividades de promoción do hábito lector, nas bibliotecas de titularidade privada de Galicia e que pertenzan a entidades galegas sen ánimo de lucro.
En concreto, as actividades obxecto de subvención son as seguintes:
- talleres de animación lectora
- campañas de animación á lectura
- concursos de lectores
- clubes do libro
- publicidade das actividades obxecto de subvención
- gastos de funcionamento dos clubes de lectura, incluída a adquisición de exemplares múltiples
para o seu funcionamento
- gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades
- alquiler de servicios técnicos para a realización das actividades
- gastos de xestión e administración para a realización de actividades obxecto de subvención (material de oficina, gastos de comunicacións, catalogación de fondos, etc.).
Non se financiarán os siguientes gastos:
Obras en inmobles, adquisición de maquinaria e equipamento inventariable, nin gastos correntes de funcionamento da entidade, nin de fondos bibliográficos, excepto os exemplares destinados ós clubes de lectura.
PRAZO: 13 de xuño.
As entidades ou persoas que desexen acollerse a esta convocatoria deben presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
08-05-2008
Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.
Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:
En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.
En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.
O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.
Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.
Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.
ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.
23-04-2008
ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.
Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).
Directiva de ANABAD - Galicia
17-04-2008
Ola a todos!
Aquí vos deixo o enlace a unha curtametraxe que, de seguro, faravos sorir. É do director e guinista Pablo Bullejos.
A min persoalmente pareceume xenial na súa sinxeleza.
A fundación SEPI ten publicadas varias convocatorias de bolsas para o año 2008, entre as que se encontran as de Iniciación na Empresa e as de colaboración con ENUSA.
As primeiras pódenas solicitar diplomados en Biblioteconomía e Documentación ou Licenciados en Documentación (entre outros titulados, doutros campos). As segundas, corresponden ó Programa de Fundación SEPI - Enusa Industrias Avanzadas 2008.
Tanto as bases como as características xerais, así como os formularios de solicitude, encóntranse na dirección http://www.funep.es/becas/
Un saúdo.
16-04-2008
ANABAD GALICIA, dentro do seu plan de formación para o ano 2008, convoca o curso " A CALIDADE NOS ARQUIVOS. MODELOS E POSIBILIDADES ", que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de maio.
Con este curso, ANABAD-GALICIA desexa contribuir a que os arquiveiros tomen maior conciencia, se cabe, da necesidade de acadar unha máis ampla racionalización do traballo que realizan, en sintonía coas normas internacionais de calidade, co obxectivo de acadar unha mellora continua do servizo que ofrecen aos cidadáns.
OBXECTIVOS:
O curso pretende ser unha introdución a aspectos básicos da calidade en tanto en canto son aplicables na xestión dun servizo de arquivo orientado á satisfacción das necesidades dos seus usuarios/clientes. Así, desenvolverá os seguintes aspectos:
- Introdución ao concepto de calidade.
- Modelos básicos de xestión da calidade
- Describir as características básicas dun sistema de xestión da calidade
- A calidade na familia de normas
ISO 9000
- Cartas de servizo
PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir os datos persoais a:
anabadgalicia@mundo-r.com
Enviarase o boletín de inscripción, e a continuación comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación.
MATRÍCULA
Socios: 70 €
Non Socios: 100 €
O pagamento da inscripción pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade:
CAIXA GALICIA: 2091-0000-30-3040151354
Para calquera dúbida, podedes contactar con nós a través de
anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.
11-04-2008
Facémonos eco da constitución do Consello Asesor do Libro:
CONSELLO ASESOR DO LIBRO
O día 14 de marzo, ás 10, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela constituíse o Consello Asesor do Libro.
ORDE DO DÍA
- Constitución
- Organización e funcionamento
- Informes da Presidencia sobre o desenvolvemento da Lei do Libro e a Lectura
Unha vez constituído o Consello, propuxeron a creación de grupos de traballo:
- Estratexias para a promoción do libro galego e da literatura galega no exterior
- Fomento do libro e da lectura
- Desenvolvemento normativo, estudos e informes
- Industria do Libro
Polo que dende as distintas asociacións sería necesario propor persoas dispostas a participar neles.
Creouse a Comisión Permanente, que estará formada por: Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Subdirectora Xeral de Creación e Difusión Cultural, 1 persoa de cada unha das outras administracións representadas no Consello, Cesáreo Sánchez Iglesias, en representación dos/as escritores/as galegos/as, Alfonso García Sanmartín, en representación das editoriais galegas, Xaime Carlos del Corral Prieto, en representación das librerías galegas, Mª Luz Corral Uzal, en representación dos/as bibliotecarios/as galegos/as (ANABAD e AGABEL).
Informaron do Orzamento para o ano 2008 e das axudas e subvencións que convocaron, presentaron o novo portal da páxina web Praza das Letras, comunicaron que a partir de abril realizarían unha campaña publicitaria de promoción do libro e a lectura e que van realizar un Mapa de bibliotecas.
No referente a bibliotecas, que destinaron máis de 4 millóns de euros á dotación de fondos, formación de persoal, equipamento, promoción da lectura e informatización dos centros. Que están a desenvolver o Plan da Lectura que recolle diversas estratexias de apoio ás bibliotecas e que conta cun orzamento de 50 millóns de euros ata o ano 2011.
Durante o ano 2007, a través do programa de promoción do libro en galego, procederon á adquisición con fondos propios de obras en galego. Esto completouse co convenio asinado entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Cultura para a adquisición de fondos bibliográficos destinados ás bibliotecas. Entre as dúas subvencións achegáronse a case tres millóns de euros que permitiron mellorar e renovar os fondos das bibliotecas. Apoiaron a creación de Clubes de lectura, convocaron o programa Letras Vivas e Letras animación, levaron a cabo o programa Lendo Espero, a través do cal se instalaron puntos de lectura en centros de saúde.Iniciaron o programa de formación para bibliotecarios/as. Asinaron convenios de cofinanciamento en mobiliario cos concellos de Galiza e están dotando con equipos informáticos e acceso a internet.
10-04-2008
PRESENTACIÓN
Este curso está dirixido aos estudantes de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña (Ferrol), que desexen dispor de técnicas e recursos básicos para atopar traballo nas áreas da información, a documentación e a biblioteconomía. O ámbito xeográfico será o estatal con especial atención á zona galega. Insístese especialmente na adquisición de habilidades e hábitos de procura; e compleméntase coa exposición de fontes de información.
PROFESORADO
María José Sola
Diplomada en Biblioteconomia i Documentació (UB). Estudante da Licenciatura en Documentación (UB). Está implicada no ámbito das bibliotecas públicas desde fai dez anos. Traballou no Consorci de Biblioteques de Barcelona e, na actualidade, traballa para a Deputación de Barcelona. Así mesmo, colabora noutros proxectos, como a xestión de contidos do Blog Documentación, ofertas de emprego e cursos de Informa.
PROGRAMA
1. Antes de empezar a buscar emprego.
a) Ante todo, coñezámonos: que sabemos facer,
que queremos facer, onde queremos traballar.
b) Cales son os perfís profesionais existentes.
2. Buscando traballo
a) Pautas para realizar o seguimento do proceso de
procura.
b) Fontes de información: onde buscar.
c) Pensemos no noso currículo.
d) Seleccionáronnos: preparando a entrevista de
traballo.
MATRÍCULA
Socios: 20 €
Non Socios: 35 €
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Ferrol. Biblioteca Municipal Central de Ferrol.
CALENDARIO
Sábado, 10 de Maio de 2008
Máis información: anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.
08-04-2008
O xoves 17 de abril no marco do 26º Salón Internacional do Cómic de Barcelona terá lugar a presentación oficial do “Grupo Comicteca” formado por un grupo de bibliotecarios de toda España e Portugal que traballan en centros con especial interese no mundo do TBO. O grupo Comicteca, formado por bibliotecas de toda España (A Coruña, Barcelona, Lisboa, Zaragoza, Pamplona, Cádiz, etc.) quere aproveitar o evento de cómic máis importante de España para presentar os seus obxectivos ante compañeiros, profesionais e creadores asociados ao cómic. Os nosos obxectivo céntrase en dar resposta desde a biblioteca pública ao enorme interese social que está xerando o cómic e pretendemos facelo a través de reivindicar a presenza do cómic na biblioteca pública, fomentar a formación dos bibliotecarios neste ámbito, desenvolver recursos e experiencias e, por suposto, difundilas a través de distintos medios. Unha vez que presentemos noso “documento constitucional” divulgarémolo todo o posible por se tivésedes interese nesta experiencia profesional á que desde xa vos invitamos a participar a través da nosa lista de distribución http://groups.google.es/group/comicteca . Desde Galicia iremos dous bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña como fundadores do grupo para participar na mesa pero quero insistir en que somos un grupo aberto e esperámosvos en Barcelona o 17 de abril ás 12:30 h na sala de conferencias do Salón Internacional de Cómic de Barcelona. Por suposto tamén intentaremos estar presentes no próximo Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas da Coruña.
Julio Pesquero
31-03-2008
O proxecto E-biblio: bibliotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información de FESABID está dirixido á realización de actuacións de potenciación de axentes locais como dinamizadores dos puntos de acceso público, que aseguren a continuidade e permanencia destes axentes no tempo.
FESABID considera que a figura do bibliotecario público responde plenamente ao tipo de axente local dinamizador. En vista do que considera que as políticas e os programas para o desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento deben contar coa figura do bibliotecario público como un axente de promoción estratéxico, se temos en conta a súa implantación territorial, a súa estabilidade e continuidade no tempo, a súa proximidade á poboación e o hábito adquirido por moitos cidadáns de facer uso dos servizos bibliotecarios.
Obxectivos que procura o proxecto:
- 1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bibliotecarios
- 2.Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios
- 3. Planificación e desenvolvemento de programas de formación dos bibliotecarios
Dentro deste último obxectivo Fesabid ten programados para os próximos meses varios cursos de formación entre o que se encontra a celebrar na Coruña con Anabad-Galicia entre os días 18 e 20 de xuño.
La Biblioteca Virtual Española de Prensa Histórica ha puesto a disposición de los internautas casi cuatro millones de páginas de 1.960 cabeceras de la prensa histórica española, convirtiéndose este archivo en uno de los más importantes de Europa.
El Ministerio de Cultura español lleva desde 2005 con la tarea, haciendo accesible a los ciudadanos los fondos de las bibliotecas públicas del estado, de ateneos, fundaciones, ayuntamientos, universidades y de propietarios de periódicos que empezaron a editarse en el siglo XIX.
Rogelio Blanco, director general del Libro, Archivos y Bibliotecas, ha explicado que "con la iniciativa se ha democratizado el acceso a materiales que, en general, y debido a su deterioro, estaban reservados únicamente a pocos investigadores y en condiciones con frecuencia muy limitadas"
La publicación más antigua de las recogidas es La Pensatriz Salmantina, de 1777, conservada en la Biblioteca Pública del Estado de Cáceres, una de las rarísimas publicaciones aparecidas en el XVIII destinadas a las mujeres.
"Dexense, pues, Vds de reducir toda la ciencia y comprensión femenina al gobierno de la aguja, al manejo de la rueca, de la escoba y de la almohadilla, y a la superintendencia de los pollos, las gallinas y los gallos", reclama la articulista Escolástica Hurtado, en La Pensatriz Salmantina.
En la Biblioteca Virtual de Prensa Histórica se encuentran periódicos y revistas de quince comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Cataluña, Madrid, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Islas Baleares, La Rioja, País Vasco y Región de Murcia), 45 provincias y 140 localidades. El Ministerio tiene previsto incluir en fases sucesivas colecciones de las comunidades autónomas y provincias que aún no están en la base de datos.
La prensa histórica, en peligro
El director general del Libro, Archivos y Bibliotecas ha explicado que de todos los conjuntos del patrimonio bibliográfico español, "el que se halla en mayor peligro de desaparecer es la prensa. Por ello, debía ser el primero en intentar rescatarse".
En opinión de Blanco, hay dos razones básicas por las que la prensa histórica está desapareciendo. La primera es la utilización, desde 1840, de un papel fabricado a partir de la celulosa de madera, que al contacto con la atmósfera sufre una degradación rapidísima que incluso podemos comprobar con la prensa actual.
La segunda consiste en el hecho de que la prensa es un recurso informativo muy solicitado por investigadores y lectores, pues en ella se recogen todo tipo de informaciones que abarcan desde la política a la literatura.
Una de las más importantes de Europa
Las 3.906.000 páginas digitalizadas convierten esta biblioteca en una de las más importantes de Europa. Entre las colecciones de prensa digitalizadas incluidas en The European Library (www.theeuropeanlibrary.org), the Finnish Historical Newspaper Library incluye 415.000 páginas e Historical Newspapers in Pictures de la Biblioteca Nacional de Holanda, 350.000.
Hasta la fecha, solo Austrian newspapers on line, con casi tres millones de páginas, alcanza un volumen cercano al de la Biblioteca Virtual de Prensa Histórica de España.
La iniciativa tendrá continuidad en 2008 y es paralela a otra muy importante, también en marcha: la creación de la Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico (http://bvpb.mcu.es), iniciada en 2007, que ya alcanza la cifra de 2.160 títulos de manuscritos, incunables y libros impresos antiguos, con un total de casi 600.000 páginas, conservados en bibliotecas españolas.
Fuente: El País
28-03-2008
Leo en Archivistica.net que la UC3 ha puesto en marcha El observatorio – archivística y sociedad.
¿QUE PRETENDE?
- Impulsar las buenas prácticas en archivos
- Dar publicidad a los mejores modelos de acercamiento del archivo a la sociedad
- Crear, incrementar y mejorar los canales de acercamiento entre los diferentes responsables de archivos y centros de memoria y sus máximos responsables: alcaldes, concejales, etc
- Reunir información sobre experiencias innovadoras cuyo resultado mas inmediato sea ese acercamiento a la sociedad
- Poner esta información al servicio de la investigación socio-archivística
- Conectar con otros programas de buenas prácticas
¿QUE RESULTADOS ESPERAMOS?
El programa se propone culminar con los tres documentos que siguen
- Documento de buenas prácticas en archivos
- Guía metodología para el ejercicio de buenas prácticas en archivos
- Banco de buenas prácticas
27-03-2008
ANABAD-GALICIA có gallo do Día de San Bieito, patrón dos profesionais que conforman a asociación, organiza para o sábado día 5 de abril as seguintes actividades:
Dúas visitas guiadas a elexir unha na cidade de Santiago de Compostela ás 13:00 h:
· Arquivo Catedralicio de Santiago (Máximo 20 persoas)
· Biblioteca Pública do Estado de Santiago de Compostela
Xantar no Restaurante "O PICHO DA CERCA". O prezo do menú é de 30€ cun aperitivo incluido.
As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición (prioridade ao socios e os seu acompañante).
- No momento da inscripción indicarase si se é socio e tamén a que visita desexa asistir.
- Prazo de inscripción remata o 31 de Marzo. A lista de admitidos publicarase o día 1 de Abril e se notificará por e-mail
- Una vez confirmada a lista de admitidos, indicarase o punto de encontro exacto.
- O diñeiro recollerase no restaurante.
- mail: anabadgalicia@mundo-r.com
24-03-2008
Desde hace un año largo, está en venta uno de los dos (o, según algunos expertos, tres) códices autógrafos de poesía que existen de Lope de Vega. Su valor bibliográfico es enorme. Se trata del llamado Códice Daza, cuyo heredero ha solicitado el permiso correspondiente para subastarlo fuera de España. La Casa de subastas Christie’s ofrece por él una cantidad que alcanzaría el millón de euros (se habla de 800.000 a 900.000 euros de partida), que es, según los especialistas, lo que vale en el mercado internacional. Pero el Códice Daza no puede salir del país. Así lo ha dictaminado la Junta de Calificación, Valoración y Exportación de bienes del Patrimonio Nacional. La Bibioteca Nacional quiere adquirirlo, pero no tiene presupuesto para ello. Y busca un mecenas.
En la primera página se lee “Agosto de 1631”. En la cubierta, en tinta negra : “Aquí están las Eglogas”. Es el Códice Daza, cuaderno autógrafo de Félix Lope de Vega y Carpio (1562-1635) cuyo rastro se había perdido desde hace un siglo y que ahora sus herederas han sacado a la luz para ponerlo en venta. Es una joya: doscientas cincuenta folios en pergamino de 20,08×15, 50 cm, con numerosa obra inédita, escritos por Lope desde 1631 a 1634, al final de su vida. Es, sobre todo, una rareza, porque se trata de un cuaderno-borrador de poemas, plagado de tachaduras y rectificaciones de obra no pensada para publicar, según los expertos.
Leído en Archivistica.net
Fuente original: El Cultural
ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña
Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com