Entrevista de Isabel Blanco, Presidenta de Anabad Galicia no “El Ideal Gallego”

30-04-2009 – 22:07

O pasado Martes El Ideal Gallego adicou unha páxina enteira (e das impares!) a unha entrevista coa nosa presidenta, Isabel Blanco, onde ésta defendeu a profesión e o futuro das bibliotecas, centros de documentación, museos e arquivos.

 Entrevista a Isabel Blanco, presidenta de Anabad galicia

Sen dúbida e unha excelente nova, que un periódico de temática xeralista e que chega ao público xeral, recolla e difunda as inquedanzas da profesión e faga de escaparate para mitirgar a invisibilidade da nosa profesión.

Bibliotecas solidarias: Te cambio un libro por…

30-03-2009 – 11:25

A biblioteca municipal de Baiona celebra o mes de Abril, o mes do libro, cun proxecto solidario que tenta promover o valor da lectura como moeda de cambio para fomentar a solidariedade.

Te cambio un libro por... 

A idea xurde da colaboración entre a biblioteca e a ONG "Ayuda al mundo necesitado", durante o mes de abril, a biblioteca entregará un libro (doado polos usuarios, entidades ou colexios) por cada kilo de alimento que se doe. A oenexé encargaráse de que os víveres cheguen a quen máis os necesita.

Nestos tempos de crisis, a iniciativa da biblioteca e da ONG e todo un exemplo a seguir, e seguro que nas nosas casas e bibliotecas dispoñemos de libros, en bo estado, dos que poderíamos desprendernos para colaborar coa boa causa… Non estaría de mais que entre todos axudaramos a mellorar o seu mercadillo solidario, e contribuir a lenda urba de que a lectura tamen alimenta…

A biblioteca de baiona e o seu mercadillo solidario 

Imaxes tomadas por Anxo, director da Biblioteca de Baiona

Mais información sobre o proxecto en:

ALFIN en Bibliotecas Públicas

05-03-2009 – 13:39

O Grupo de Traballo de Alfabetizacion Informacional do Consello de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura acaba de facer publico o informe: "Hacía la alfabetización informacional en las bibliotecas públicas españolas" (pdf).

O informe está estructura en duas partes, por unha banda repasa a historia e teoría do termo ALFIN e a súa inclusión nas bibliotecas públicas e por outra analiza e presenta as actividades que xa se están levando a cabo nas bibliotecas públicas españolas.

 

[Vía Alfin Red]

Buscase documentalista para empresa en A Coruña

20-11-2008 – 14:31

Empresa do sector audiovisual en A Coruña precisa dun documentalista, a ser posible con experiencia en documentación audiovisual o en medios de comunicación para cubrir un posto  en turno de tarde de 19 a 21 horas. Duración estimada: ata Xullo 2009.

Haberá posibilidade de cubrir as vacacions en xornada completa (8 horas) en turno partido.

Para mais información ou presentar candidaturas: preguntar por Sara no 981 175 732 de 8.30 a 14.30.

Protected: Materiais do curso e-biblio

17-06-2008 – 12:13

This post is password protected. To view it please enter your password below:

Constitución do Consello Asesor do Libro

11-04-2008 – 8:07

Facémonos eco da constitución do Consello Asesor do Libro:

CONSELLO ASESOR DO LIBRO

 

O día 14 de marzo, ás 10, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela constituíse o Consello Asesor do Libro.

ORDE DO DÍA

  1. Constitución
  2. Organización e funcionamento
  3. Informes da Presidencia sobre o desenvolvemento da Lei do Libro e a Lectura

Unha vez constituído o Consello, propuxeron a creación de grupos de traballo:

  1. Estratexias para a promoción do libro galego e da literatura galega no exterior
  2. Fomento do libro e da lectura
  3. Desenvolvemento normativo, estudos e informes
  4. Industria do Libro

Polo que dende as distintas asociacións sería necesario propor persoas dispostas a participar neles.

Creouse a Comisión Permanente, que estará formada por: Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Subdirectora Xeral de Creación e Difusión Cultural, 1 persoa de cada unha das outras administracións representadas no Consello, Cesáreo Sánchez Iglesias, en representación dos/as escritores/as galegos/as, Alfonso García Sanmartín, en representación das editoriais galegas, Xaime Carlos del Corral Prieto, en representación das librerías galegas, Mª Luz Corral Uzal, en representación dos/as bibliotecarios/as galegos/as (ANABAD e AGABEL).

Informaron do Orzamento para o ano 2008 e das axudas e subvencións que convocaron, presentaron o novo portal da páxina web Praza das Letras, comunicaron que a partir de abril realizarían unha campaña publicitaria de promoción do libro e a lectura e que van realizar un Mapa de bibliotecas.

No referente a bibliotecas, que destinaron máis de 4 millóns de euros á dotación de fondos, formación de persoal, equipamento, promoción da lectura e informatización dos centros. Que están a desenvolver o Plan da Lectura que recolle diversas estratexias de apoio ás bibliotecas e que conta cun orzamento de 50 millóns de euros ata o ano 2011.

Durante o ano 2007, a través do programa de promoción do libro en galego, procederon á adquisición con fondos propios de obras en galego. Esto completouse co convenio asinado entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Cultura para a adquisición de fondos bibliográficos destinados ás bibliotecas. Entre as dúas subvencións achegáronse a case tres millóns de euros que permitiron mellorar e renovar os fondos das bibliotecas. Apoiaron a creación de Clubes de lectura, convocaron o programa Letras Vivas e Letras animación, levaron a cabo o programa Lendo Espero, a través do cal se instalaron puntos de lectura en centros de saúde.Iniciaron o programa de formación para bibliotecarios/as. Asinaron convenios de cofinanciamento en mobiliario cos concellos de Galiza e están dotando con equipos informáticos e acceso a internet.

Curso catalogación formato IberMarc

26-03-2008 – 18:03

O formato MARC é o principal formato utilizado para a catalogación de recursos de información en distintos formatos, e constitúe un dos principais estándares no ámbito da documentación e das bibliotecas.

Anabad Galicia, dentro do seu plan de formación deste ano, organiza unha nova edición do curso  Catalogación formato IberMarc a cargo de Milagrosa Carro Rivera dirixido a estudantes de Biblioteconomía, bibliotecarios e documentalistas interesados en coñecer as características do formato MARC a partir dun punto de vista eminentemente práctico.

ONDE: Forum Metropolitano. A Coruña

CANDO: 5 – 12 – 19 e 27 de Abril de 9.00 a 14.00 h.

Descarga do programa detallado e a folla de inscripción 

WorldCat bloggea

18-03-2008 – 8:55

WorldCat o catálogo mundial do consorcio de bibliotecas OCLC, integrado por mais de 60.000 bibliotecas de 112 países, ten o seu propio blog onde publican interesantes novas relativas ao mundo das bibliotecas.

Blog del WorldCat 

E para os que non coñezades o interfaz de búsqueda do WordCat, probade a experiencia, é realmente amigable e básase na idea de que os usuarios van fundamentalmente aos buscadores para obter información e non as webs das bibliotecas, evitandose ir facendo a mesma búsqueda en diferentes bibliotecas.

Buscador de WorldCat

1ª reunión do Grupo de traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad

12-03-2008 – 10:53

O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:

  •  Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA, que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa, e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de Pontevedra, para  montar outro grupo de traballo de bibliotecas públicas.
  • O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf) celebrarase  na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións. Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar en propostas de actividades paralelas.
  • Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a nosa situación profesional como colectivo.

 

Evolución do bibliotecario

05-03-2008 – 12:03

Emulando a Darwin, nada mellor cun anaco de humor mentras reflexionamos sobre as promesas electorais relativas ao mundo das bibliotecas e os arquivos, antes do noso voto. Aquí a evolución da nosa profesión:

Evolución do bibliotecario

Informationus Primatus – Informationus Scriptor – Informationus Shushimus – Informationus Professionus

A Biblioteca Nacional, dende dentro…

25-02-2008 – 16:42

Entre as visitas programadas no pasado Congreso de ANABAD: Memoria y Tecnología, figuraba a Biblioteca Nacional.

Para aqueles que non tiveron a oportunidade de visitala por dentro, aquí vos deixo as fotos que puiden sacar na visita. Foi realmente espectacular pisar os almacens onde se descargan as toneladas de libros e revistas, que chegan cada día o centro para a sua catalogación e salvaguarda.

Sen dúbida, cando Borges pensaba na Biblioteca infinita, imaxinaba algo similar…


CEGAL en Red

20-02-2008 – 9:08

Xa podedes consultar o informe da Confederación Española de Editores,  Cegal en red  (pdf) que pretende crear unha base de datos cos libros publicados en España, unha base de datos de disponibilidad de títulos e unha base de datos de ventas.

Ademais adxuntamos tamen as bases de convocatoria dos Premios Irmandade do Libro, nas modalidades de Institucións, Autor, Libro e Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías:

Feira do libro na Habana

23-01-2008 – 9:45

Do 13 ao 24 de Febreiro, Galicia estará presente en Cuba para divulgar e difundir a nosa actividade cultural en Latinoamérica dentro do programa da Feira do Libro da Habana:

A Feira do Libro da Habana (FILH), consolidada a nivel internacional como unha das grandes referencias da industria editorial e como a actividade cultural máis relevante do país cubano durante o ano, alcanza este ano a súa XVII edición. Avalada polas cifras dos últimos anos, a organización prevé un novo éxito de participación, difusión e vendas desta nova cita. A Feira da Habana convértese así para a cultura galega nunha privilexiada porta de entrada en Latinoamérica, plataforma de difusión e promoción da nosa produción cultural nun ámbito de especial interese para as nosas creacións culturais.

Cartel 2008 da feira do libro da Habana 

O dossier coa programación e información sobre o evento elaborado pola Consellaría de Cultura está dispoñible para a sua descarga (pdf).

Sen dúbida é unha gran nova para todo o sector cultural do noso país. Esperamos poder contar con crónicas e comentarios do evento.

Memoria Anabad Galicia 2006/07

18-01-2008 – 15:00

Onte celebrouse a anunciada Asamblea de ANABAD Galicia, na que ademais de facer un percorrido pola actividade da Asociación nos últimos meses (dende Maio de 2006), analizouse o estado actual e debatironse os proxectos futuros e inmediatos.

Tedes toda a información na Memoria (pdf) que recolle a vida e andanzas de ANABAD Galicia de Maio de 2006 a Decembro de 2007.

Memoria de actividades Anabad Galicia 2006-07 

Memoria de ANABAD Galicia 2006-2007 

Documentalistas mileuristas

15-01-2008 – 15:57

Un traballo sobre a situación laboral actual dos titulados en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña constata a inestabilidade laboral que sofren estes titulados e establece o seu rango salarial entre 900 e 1200 euros/mes.

O informe recolle os datos aportados por titulados que se prestaron a cubrir unha enquisa na que valoraban a súa situación laboral, as vías de busca do seu primeiro emprego e outros datos sobre a súa formación.

O estudo “Aproximación a la situación en el mercado laboral de los titulados en Documentación por la Universidade da Coruña” (pdf) presentouse en forma de póster nas X Jornadas Españolas de Documentación FESABID 2007, en Santiago de Compostela.

San Precario 

Se as bibliotecas foran máis importantes que os bancos…

11-01-2008 – 8:53

O irónico húmor de Mafalda invítanos a reflexionar o fin de semana sobre a importancia ou non das nosas bibliotecas…

Humor de mafalda 

– As túas ideas son moi loables, Felipe, pero un pouco inxenuas.
- É inxenuo pretender que a xente aprecie máis a cultura que o diñeiro?
- Non sería fermoso o mundo se as bibliotecas fosen máis importantes que os bancos?
- ¡Non! ¡Pedazo de extremista!

[Via, El documentalista enredado

Carta abierta a los Ministros de Cultura y de Educación y Ciencia del Reino de España

20-12-2007 – 13:59

Señor Ministro:

Señora Ministra:

Los resultados del último Informe PISA han dejado patente el bajo nivel de nuestros adolescentes en cuanto a lectura comprensiva. Varias son las causas que se han apuntado estos días: falta de inversiones en educación, formación y consideración social inadecuada del profesorado, carencia de motivación e interés por parte de los estudiantes, escasa o inexistente implicación de las familias, legislación cambiante sin tiempo de consolidación, utilización excesiva y sin criterio de las nuevas tecnologías, consumismo desaforado alentado por una sociedad excesivamente mercantilista… Pero hay otras causas que, inexplicablemente, no han sido mencionadas y sin embargo nos parecen fundamentales: la insuficiencia de bibliotecas escolares, la falta de dotación de las bibliotecas públicas y la tendencia a la mercantilización de los servicios que estas últimas ofrecen.

La Plataforma contra el Préstamo de Pago en Bibliotecas considera:

  • Que las bibliotecas, sobre todo las bibliotecas públicas, las más cercanas a todos los ciudadanos, desempeñan un papel fundamental en el desarrollo, difusión, impulso y consolidación de la lectura, ya que permiten el acceso libre a la lectura y a la información y, además, orientan sobre las mejores lecturas, descubren nuevos autores y libros, difunden variedad y promueven todo tipo de actividades para hacer de la lectura un hábito consolidado y atractivo.
  • Que las bibliotecas y los bibliotecarios contribuyen de manera directa a crear lectores; por eso, invertir en ellas y favorecerlas eliminando todo gravamen económico añadido a sus servicios, es una manera de conseguir que haya mayor número y más sólidos lectores.
  • Que entre otras medidas referidas al ámbito educativo, familiar o social, resulta ineludible dotar a las bibliotecas de recursos económicos suficientes para afrontar no sólo la adquisición de fondos, sino también la realización de actividades culturales y relacionadas con la lectura; al igual que dotarlas de personal adecuado en número y en formación y hacerlas más presentes en la sociedad.
  • Que resulta una prioridad el desarrollo y dotación de bibliotecas escolares, tal como señala la LOE en su artículo 113, ya que constituyen una herramienta de trabajo insustituible en los centros educativos y pueden contribuir de manera directa a la consolidación de la lectura comprensiva, incluyéndolas en los planes de lectura de los respectivos centros. Pero nunca habrá bibliotecas escolares sin bibliotecarios que las organicen y las hagan visibles, e imprescindibles, para la comunidad educativa.
  • Que medidas como el canon por préstamo, recogido en la reciente Ley 10/2007 de la Lectura, del Libro y de las Bibliotecas y respondiendo a la directiva europea 115/2006, resultan incoherentes con la preocupación manifestada por distintas administraciones, instituciones y personas del ámbito educativo y cultural respecto a la consolidación de la lectura. El préstamo libre y gratuito constituye una herramienta poderosa para el fomento de la lectura. No nos vale la coartada, tantas veces aducida, de que el canon a los préstamos es una imposición europea. Las directivas europeas pueden cambiarse, especialmente la que nos ocupa, muy discutida en todos los países que la sufren.

La Plataforma Contra el Préstamo de Pago en Bibliotecas insiste en el daño que medidas como el llamado canon por préstamo pueden infligir a la educación y a la cultura, al gravar actividades contempladas como servicio público y al introducir la lógica mercantilista en estos ámbitos. Nada bueno puede augurarse si la educación y la cultura siguen acercándose a los parámetros del comercio y alejándose de la concepción de servicio público que debe proteger una política de Estado.

Por ello solicitamos lo siguiente:

  • Que el Ministerio de Cultura español, con el apoyo del Ministerio de Educación y Ciencia, encabece un movimiento europeo contra la Directiva 115/2006. Se acaba de poner en evidencia que nuestro país necesita invertir mucho dinero en bibliotecas; por ello le corresponde este papel protagonista en la oposición hacia una disposición que viene a restar recursos a la lectura.
  • Que, mientras ese objetivo no sea una realidad, el Ministerio de Cultura, apoyado por el de Educación y Ciencia, pida a la Dirección General del Comercio Interior de la U.E. una moratoria para el cumplimiento de la Directiva 115/2006, efectiva hasta que las bibliotecas de nuestro país –incluidas las escolares- cumplan, como mínimo, los estándares de las bibliotecas europeas.

 

PLATAFORMA CONTRA EL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS

Novas datas para a Asamblea de ANABAD

20-12-2007 – 13:33

Debido ás peticións de varios socios  de retrasar a asamblea anual de ANABAD-GALICIA, queda convocada a asamblea anual para o día 17 de xaneiro, ás 19.00 h. da tarde en Fórum Metropolitano na Coruña.

Isabel Buján Bernárdez
secretaria ANABAD-GALICIA
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com

Anabad Galicia na III Noite da Edición

18-12-2007 – 13:48

A Presidenta de ANABAD-Galicia, Isabel Blanco, en representación dos asociados e asociadas, asistu o venres 14, a III Noite da edición, organizada por la Asociación Galega de Editores (AGE), na que foron fallados os Premios da Edición 2007 e homenaxeados La Voz de Galicia, A Nosa Terra e Alvarellos Editora.

 

III Noite da edicion

 
Na velada, que se desenvolveu no seo dunha cea no Aquarium Finisterrae entregarosen varios premios, entre eles o premio Anxel Casal ao libro do 2007 que foi para Made in Galiza” de Séchu Sende da editorial Galaxia. Para máis información sobre este libro e, sobre os demáis premios, pódese consultar a páxina da AGE.

Conferencias, cursos, xornadas sobre Biblioteconomía e Documentación

26-11-2007 – 9:21

Marian Dworaczek da Biblioteca de la Universidad de Saskatchewan está recopilando una extensa Lista completa coas conferencias relacionadas cá Biblioteconomía e Documentación en todo o mundo, a ú´tima actualización fixose o pasado 23 de Novembro.

O panorama é francamente atractivo, así que se eres un afortunado e podes viaxar e asistir a alguna das propostas, fainos chegar un breve resume do acontenido, será moi ben recibido! 

Bibliotecarios municipais e novas tecnoloxías

16-10-2007 – 19:04

Fai unhas semanas celebrouse en Peñaranda de Bracamonte o encontro sobre Bibliotecas Municipais e Desenvolvemento Tecnolóxico, ao que tiven a sorte de asistir como profesora dos talleres xunto a Fernando Juárez, o archiconocido bibliotecario de Muskiz e a experta en Web 2.0 aplicada a centros de información, Natalia Arroyo.

Durante as mañás celebrábanse as conferencias, nas que puidemos gozar das intervencións de José Antonio Merlo Veiga, Alejandro Carrión, Antonio Fumero, etc…

Para os interesados no tema publiquei en Deakialli os meus resumos sobre os relatorios:


Viaxe profesional de Anabad Galicia a Madrid

08-10-2007 – 13:12

Cómo xa adelantaramos en Agosto Anabad Galicia invítache a unha viaxe profesional:

Programa:

.:: Xoves 1 de novembro:

  • Saída en autobús á primeira hora da mañá (entre 7 e 8 h.)
  • Chegada a Madrid e traslado ao Hotel ? o xantar está por determinar, probablemente realizarase en ruta, o que permitirá aproveitar mellor a tarde
  • Tarde libre
  • Aloxamento: Hoteis Ayre Gran Hotel Colón (****), en réxime de aloxamento e almorzo. Pendentes de confirmación definitiva

.::Venres 2 de novembro:

  • 10 h.: Visita á Biblioteca Nacional (Paseo de Recoletos). A visita constará de dous partes.
  • Unha visita guiada de carácter xeral, na que unha persoa da área de Difusión mostraranos os diferentes espazos e salas de lectura da Biblioteca, ademais dalgunha Sección de especial interese (Debuxos e Gravados, Música; está por determinar). A duración prevista para esta visita está entre 1,15 e 1,30 horas.
  • Tres visitas libres: Museo da Biblioteca, onde, entre outras cousas, coñeceremos as obras máis representativas das súas coleccións, os traballos que se realizan na Biblioteca, a súa historia e edificio, labor de conservación do patrimonio bibliográfico, ademais dunha mostra do libro e doutros soportes de coñecemento. 
  • Dúas exposicións temporais: A Lúa de Madrid e outras revistas de vangarda dos anos 80, e Biblioteca Hispánica: obras mestras da Biblioteca Nacional de España.
  • Comida libre
  • 16,30-17,30 h. (ou 17-18 h.): Visita guiada á Biblioteca Histórica ?Marqués de Valdecilla?, da Universidade Complutense (C/ Noviciado, nº 3; moi preto da Praza de España). Durante unha hora unha persoa acompañaranos a coñecer o edificio, historia da Biblioteca, taller de restauración, zona de dixitalización. 
  • 19-20 h.: Visita guiada á Biblioteca Rexional da Comunidade de Madrid. 
  • Aloxamento

.::Sábado 3 de novembro:

  • Mañá libre: Posibilidade de visita ao Bibliometro da Comunidade de Madrid: estase xestionando unha visita para coñecer o Bibliometro que a Comunidade instalou nalgunhas estacións da cidade (Embaixadores, Moncloa, Catro Camiños ?)
  • Comida libre
  • 16,0 Regreso en autobús á Coruña 
  • 00,30  Hora aproximada de chegada

CUSTO DA VIAXE O orzamento, aínda que creo que é bastante aproximado, non é definitivo, xa que estamos pendentes dalgunha confirmación pola axencia de viaxes. Tamén poderá variar en función do número de participantes. Con todo, dado o avanzado das datas, hai que abrir xa o prazo de inscrición e, xa que logo, avanzar un orzamento.

IMPORTANTE:

  • Inscrición Data límite: 15 de outubro.
  • Aberta tanto a socios de Anabad-Galicia, como a non socios ou acodes acompañantes.
  • O regreso está fixado para o Sábado 3 de Novembro, aquelas persoas que desexen quedarse ata o domingo, poderán dirixirse á axencia de viaxes e xestionar a súa volta para ese día. Os datos da axencia son:

    Víctor Orizales Armada. Oficina de Grupos, Incentivos y Operaciones Especiales

    Viajes HALCON Coruña-Ferrol

    C/ Federico Tapia, 13    -  15005 A Coruña

    Tlf. 981228609 / 981228669    Fax 981228714

Aloxamento: Hoteis Ayre Gran Hotel Colón (****) // GSM Convención (****): prezo por persoa e día en habitación dobre: 48 euros. Suplemento en habitación individual: 48 euros
Autobús: o prezo dependerá do nº de participantes

PREZO: aloxamento transporte

  • Prezo por persoa en habitación dobre: entre 176 e 205 euros (en función do nº de participantes)
  • Prezo por persoa en habitación individual: entre 282 e 311 euros (en función do nº de participantes)

Para máis información ou para formalizar a inscrición, chámanos ou escribenos: