25-06-2008

Aviso: últimas prazas para a presentación da NOGADA

O número de prazas para a Xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA) que terá lugar o venres 27 de xuño no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) están practicamente agotadas. Aquelas persoas que non se apuntaran e desexen asistir deberán confirmar a existencia de prazas antes de apuntarse, chamando ao Arquivo do Reino de Galicia [tel. 981 20 92 51] o xoves 26 de xuño a partir das 11 da mañá, onde lles indicarán a posibilidade ou non de apuntarse.

Estamos valorando a posibilidade de realizar unha nova convocatoria en datas próximas (posiblemente no outono). Cando haxa unha decisión ao respecto comunicarase para coñecemento de quen estea interesado.



Grupo de Traballo de Arquivos de Galicia

23-06-2008

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NORMA GALEGA DE DESCRICIÓN ARQUIVÍSTICA (NOGADA)

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Actividades, Arquivos, Grupos de Traballo


A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia) convocan para o vindeiro venres 27 de xuño na cidade da Coruña unha xornada de presentación da Norma Galega de Descrición Arquivística, co seguinte programa:

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NORMA GALEGA DE DESCRICIÓN ARQUIVÍSTICA (NOGADA)

Data: Venres 27 xuño 2008

Lugar: Arquivo do Reino de Galicia. Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña

: . Xardín de San Carlos s/n. 15001 A Coruña Horario: 10:30 – 14:30 horas

PROGRAMA:

10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.

10:30 – 11:30 A NOGADA no contexto de outras normas de descrición. Especial referencia a NEDA. D. Pedro López Gómez, profesor da Universidade da Coruña, e membro do CNEDA.

11:30 – 12:30 A NOGADA: Criterios para a súa elaboración. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia

12:30 – 13:00 Pausa – Café

13:00 – 13:30 A NOGADA: Estructura e contido. Macrodescrición. D. Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo Nacional de Galicia

13:30 – 14:00 A NOGADA: Estructura e contido. Microdescrición. D. Alfonso Cascudo Rasilla, xefe de sección do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia.

14:00 – 14:30 Coloquio – debate.

A inscrición é gratuita, e entregarase un certificado de asistencia..

Consultar a Norma Galega de Descripción Arquivistica (Nogada)

16-06-2008

Listaxe de admitidos para o Curso Proxecto e-biblio

Curso  Proxecto e-biblio: bibliotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño.

Lista de Admitidos:

1. –  Maria Luz Corral Uzal
2. –  Héctor Carlos Castro Rey
3. –  Antonio Picallo Chao
4. –  Laura González-Garcés Santiso
5. –  María Isabel Freire Gundín
6. –  Teresa Zapata Calderón
7. –  Felisa Cachón Piñon
8. –  Xoán Manuel Pérez Lijó
9. –  Patricia  Rodríguez Saavedra
10. – Matilde Méndez  Camaño
11. – Diego Rodriguez González
12. – Carolina Gómez Pouso
13. – Lucía Vázquez Novelle
14. – María del Carmen Feal Ardao
15. – María Pita Ponte
16. – María Alfonso García
17. – Elena Rodríguez Lopez
18. – Mercedes Mantenga Feroro
19. – Maria Margarita Rodriguez Alvarez
20. – Maria Corredoira Teijeiro

Horario:

  • Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
  • Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
  • Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.

Lugar:

Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela

 


10-06-2008

Curso: Proxecto e-biblio: bibiotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información

FINS E OBXECTIVOS
O proxecto E-Biblio, subvencionado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten como fin concienciar e formar aos bibliotecarios para que actúen como axentes activos de fomento da sociedade da información e de integración dos cidadáns nesta sociedade, mediante o  desenvolvemento de programas formativos no uso dos recursos dixitais dirixidos aos usuarios das bibliotecas públicas.
Este fin concrétase nunha serie de obxectivos:

1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bliotecarios en tres ámbitos:
     • O favorecemento da inclusión e integración dos cidadáns na sociedade da información mediante o desenvolvemento de programas de alfabetización informacional e uso das TICs.
     • O fomento e a preparación do cidadán no uso da Administración electrónica.
     • O desenvolvemento de ferramentas de acceso e xestión da información desde as bibliotecas en software libre.
2. Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios neses tres ámbitos.
3. Planificación e desenvolvenmento de programas de formación dos bibliotecarios neses tres ámbitos.

PROFESORADO
O curso será impartido polo profesor Mario Pérez-Montoro da Universidade de Barcelona

PROGRAMA
Primer módulo: Alfabetización informacional.
Segundo módulo: Administración Electrónica e Biblioteca.
Tercer módulo: Bibliotecas e Software Libre.

METODOLOXÍA
Proxecto fin de curso: os asistentes aos cursos realizarán obrigatoriamente como actividade de
avaliación un proxecto adaptado a súa biblioteca (extensión mínima 2 folios).

DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Duración:
24 horas presenciais
Horario:
· Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.

MATRÍCULA: Gratuíta

LUGAR
Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela

PRAZAS
20 prazas

 

Máis información e inscripción: anabadgalicia@mundo-r.com

22-05-2008

Curso de Microsoft Power Point

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Actividades, Cursos, Formación

ANABAD GALICIA organiza o curso de " Microsoft Power Point ", que se celebrará en Santiago de Compostela os días 7 e 14 de Xuño cun horario de 9:00 – 14:00 h.

OBXECTIVOS
Lograr unha aproximación teórica e práctica do programa Microsoft Power Point e a súa aplicación.

PROFESORADO
Manuel Garea García-Malvar.
Profesor da EGAP dende 1992

DESCRIPCIÓN CURSO DE POWER POINT

  • Concepto de presentación
  • Concepto de diapositiva
  • Organización do discurso
  • Inicio de unha presentación dende un documento de Word
  • Aproveitamento das posibilidades de Power Point para captar a atención do asistente á charla
  • Automatización de tareas repetitivas
  • Inclusión de gráficos e fotos
  • Inclusión de información de apoio á charla na mesma presentación
  • Notas para o orador
  • Documentación para os asistentes

MATRÍCULA
Socios: 40 euros.
Non Socios: 70 euros.

O pagamento da inscripción pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade CAIXA GALICIA: 2091-0060-72-3040026692

PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir os datos persoais a:
anabadgalicia@mundo-r.com
Enviarase o boletín de inscripción, e a continuación comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación.

Para calquera dúbida, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com ou no  teléfono 661709823.

14-05-2008

O Arquivo do Reino de Galicia recibe o Premio da Crítica de Galicia

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Novas, Arquivos

O xurado do Premio da Crítica Galicia de iniciativas culturais acordou conceder ao Arquivo do Reino de Galicia a súa distinción pola súa importante renovación e polo seu traballo de difusión dos fondos documentais galegos.

 

Os Premios da Crítica de Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Ourensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.
Outros premiados este ano:
·
        Soño da febre de Miguel Anxo Murado foi a mellor obra literaria.
·
        De provincia a nación de Xusto Beramendi viuse recoñecido no apartado de investigación.
·
        O falecido Xaime Quessada levou o premio de Ciencias e Artes.
·
        Arte e Parte de Xurxo Borrazás impúxose na categoría de pensamento e ensaio.
·
        A Colección A Tiracolo de Ouvirmos gañou o premio da música.

08-05-2008

ANABAD-Galicia e o anteproxecto de lei de arquivos de Galicia remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Asociación, Novas, Arquivos

Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.

Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:

En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.

En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.

O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.

Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.

Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.

 

ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.

23-04-2008

Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos

ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.

Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).

 

Directiva de ANABAD - Galicia

16-04-2008

CURSO: A CALIDADE NOS ARQUIVOS. MODELOS E POSIBILIDADES

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD GALICIA, dentro do seu plan de formación para o ano 2008, convoca o curso " A CALIDADE  NOS ARQUIVOS. MODELOS E POSIBILIDADES ", que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de maio.
Con   este   curso,  ANABAD-GALICIA  desexa  contribuir  a  que  os arquiveiros tomen maior conciencia, se cabe, da necesidade de acadar unha  máis  ampla  racionalización  do  traballo que realizan, en sintonía coas  normas  internacionais  de  calidade, co obxectivo de acadar unha mellora  continua do servizo que ofrecen aos cidadáns.

OBXECTIVOS:

O curso pretende ser unha introdución a aspectos básicos da calidade en tanto en canto son aplicables na xestión dun servizo de arquivo orientado á satisfacción das necesidades dos seus usuarios/clientes. Así, desenvolverá os seguintes aspectos:

- Introdución ao concepto de calidade.

- Modelos básicos de xestión da calidade

- Describir as características básicas dun sistema de xestión da calidade

- A calidade na familia de normas ISO 9000

- Cartas de servizo

PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir os datos persoais a:
anabadgalicia@mundo-r.com
Enviarase o boletín de inscripción, e a continuación comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación.

MATRÍCULA
Socios: 70 €
Non Socios: 100 €                   

O pagamento da inscripción pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade:
CAIXA GALICIA: 2091-0000-30-3040151354

 

Para calquera dúbida, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com ou no  teléfono 661709823.

10-04-2008

Curso: Técnicas e recursos básicos para encontrar un emprego en Biblioteconomía e Documentación

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

PRESENTACIÓN
Este curso está dirixido aos estudantes de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña (Ferrol), que desexen dispor de técnicas e recursos básicos para atopar traballo nas áreas da información, a documentación e a biblioteconomía. O ámbito xeográfico será o estatal con especial atención á zona galega. Insístese especialmente na adquisición de habilidades e hábitos de procura; e compleméntase coa exposición de fontes de información.

PROFESORADO
María José Sola
Diplomada en Biblioteconomia i Documentació (UB). Estudante da Licenciatura en Documentación (UB). Está implicada no ámbito das bibliotecas públicas desde fai dez anos. Traballou no Consorci de Biblioteques de Barcelona e, na actualidade, traballa para a Deputación de Barcelona. Así mesmo, colabora noutros proxectos, como a xestión de contidos do Blog Documentación, ofertas de emprego e cursos de Informa.

PROGRAMA
1. Antes de empezar a buscar emprego.
a) Ante todo, coñezámonos: que sabemos facer,
que queremos facer, onde queremos traballar.
b) Cales son os perfís profesionais existentes.
2. Buscando traballo
a) Pautas para realizar o seguimento do proceso de
procura.
b) Fontes de información: onde buscar.
c) Pensemos no noso currículo.
d) Seleccionáronnos: preparando a entrevista de
traballo.

MATRÍCULA
Socios: 20 €
Non Socios: 35 €

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Ferrol. Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

CALENDARIO
Sábado, 10 de Maio de 2008

Máis información:  anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.

27-03-2008

Día de San Bieito

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD-GALICIA có gallo do Día de San Bieito, patrón dos profesionais que conforman a asociación, organiza para o sábado día 5 de abril as seguintes actividades:
Dúas visitas guiadas a elexir unha na cidade de Santiago de Compostela ás 13:00 h:
·
        Arquivo Catedralicio de Santiago (Máximo 20 persoas)
·        Biblioteca Pública do Estado de Santiago de Compostela

Xantar no Restaurante "O PICHO DA CERCA". O prezo do menú é de 30€ cun aperitivo incluido.
As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición (prioridade ao socios e os seu acompañante).

  • No momento da inscripción indicarase si se é socio e tamén a que visita desexa asistir.
  • Prazo de inscripción remata o 31 de Marzo. A lista de admitidos publicarase o día 1 de Abril e se notificará por e-mail
  • Una vez confirmada a lista de admitidos, indicarase o punto de encontro exacto.
  • O diñeiro recollerase no restaurante.
  • mail: anabadgalicia@mundo-r.com

10-03-2008

CURSO NA CORUÑA SOBRE A BIBLIOTECA 2.0

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD GALCIA organiza o curso :

A BIBLIOTECA 2.0: SERVIZOS BIBLIOTECARIOS POR E PARA O USUARIO

Celebrarase na Coruña os días 12 e 19 de Abril cun horario de 9:00 – 14:00 h.

Se se cobren todas as prazas e hai moita demanda, Anabad Galicia realizaría unha nova edición deste curso en Vigo en maio.

Para máis información, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com

07-02-2008

I JORNADAS UNIVERSITARIAS DE CALIDAD Y BIBLIOTECAS

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral


Ya está abierto el plazo de inscripción en las I Jornadas Universitarias de Calidad y Bibliotecas, organizadas por la Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN), que se celebrarán en Huesca, los días 16 a 19 de junio de 2008.

Bajo el título Los Retos de la Calidad, las Jornadas se conciben como un foro para el debate y la puesta al día en todo lo relacionado con los sistemas y políticas de calidad, certificaciones y otros asuntos relativos a la calidad como instrumento de gestión en las bibliotecas de las universidades españolas. Las Jornadas están abiertas a todas aquellas personas vinculadas a organizaciones, agencias y gabinetes de calidad, tanto de la Administración Pública como del ámbito privado, y que trabajan a escala autonómica, nacional o internacional, así como a los profesionales de las bibliotecas involucrados en los procesos de evaluación y planificación de la calidad.

Toda la información sobre las Jornadas, incluyendo el programa, boletín de inscripción, alojamiento y otras cuestiones prácticas están accesibles a través de la página Web de las Jornadas:

 

http://biblioteca.unizar.es/rebiuncalidad/index.html 

22-01-2008

CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE BIBLIOTECAS PUBLICAS

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Actividades, Asociación, Novas

Prazadas amigas:
Prezados amigos:

Na asemblea de Anabad-Galicia celebrada o pasado día 17 de xaneiro na Coruña acordouse crear un grupo de traballo de bibliotecas publicas.

A finalidade do grupo é analizar a realidade actual das bibliotecas públicas e realizar propostas que contribuan á mellora dos servizos bibliotecarios.

A temática ou temáticas concretas a desenvolver determinaranse unha vez constituído o grupo no que vos animamos a participar. Como podedes supoñer está aberto a todas as persoas asociadas a Anabad que desexen participar do mesmo. 

Se estás interesado ou interesada en participar podedes porvos en contacto conmigo.

Joao Manuel Peres Lijó

Bibliotecario de Ames

joaolijo@mundo-r.com

20-12-2007

Bolsas de Formación na EGAP

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Novas, Bolsas

Procédese á convocatoria de dúas bolsas de formación na área da documentación e a biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xaneiro e rematarán o 31 de decembro de 2008. Poderán ser prorrogadas por un ano ou, se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2009, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe de conformidade da unidade administrativa en que reciba a formación o bolseiro/a.

O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais que se farán efectivos, polo importe líquido tras realizar a retención fiscal que lle corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa, o que supón un importe total íntegro de 28.800 €. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A contía percibida estará en función do número de días traballados desde a incorporación á bolsa.

Máis información.

13-12-2007

ASAMBLEA XERAL ANABAD GALICIA

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Asociación, Novas

Convocamos a todos os socios/as de ANABAD-GALICIA á asamblea anual que terá lugar o vindeiro día 27 de decembro ás 19.00 h. no Forum Metropolitano na Coruña, coa seguinte orde do día:
1.- Información sobre a actividade da asociación no ano 2007
2.- Plan de formación 2008
3.- Rogos e preguntas
Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto con nós:
·nos teléfonos: 881 889 008 ou 661 709 823
·ou no seguinte enderezo de correo electrónico: anabadgalicia@mundo-r.com

Moitas grazas e un cordial saúdo.

En A Coruña,  13 de decembro de 2007

 

Isabel Bujan

Secretaria de Anabad Galicia

27-11-2007

Uha praza de auxiliar de biblioteca para o Concello de Redondela

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Novas, Oposicións, Bibliotecas

Convócase unha praza de auxiliar de biblioteca, equiparada ao grupo D da función pública. O sistema de selección será de oposición libre. Tedes ata o 11-12-2007 para presentar as instancias.
A fase de oposición constará de tres exercicios:

Primeiro Exercicio:
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario,tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programada convocatoria durante un período de 45 minutos. Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo Exercicio:
Práctico, consistirá na realización dun ou varios supostos prácticos do contido do programa da convocatoria, sendo a súa función a de evaluar os coñecementos técnicos dos/as aspirantes na área da que haberán de desempeñar a súa actividade profesional.

Terceiro Exercicio:
Sobre coñecemento do galego para aspirantes non exentos/as. Consistirá en traducir do castelán para o galego, sen axuda de dicionario, nun tempo máximo de trinta minutos, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio. A tradución será lida polo/a aspirante diante do tribunal. Neste exercicio valorarase a corrección da tradución e a pronuncia da lingua galega.

Consulta o temario

Convocatoria: Boletín Oficial do Estado de 21-11-2007

20-11-2007

Bolsas de formación e especialización dependentes do Ministerio de Cultura 2008

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Novas, Ofertas de emprego, Bolsas

As bolsas pretenden formar especialistas en materias culturais, mediante o desenvolvemento de un completo programa teórico-práctico baixo a dirección dun tutor.

Duran nove meses, de abril a decembro, cun horario mínimo de cinco horas e media diarias, de luns a venres.

Salario de 820 € ao mes e seguro médico non farmacéutico.

Prazo de entrega de solicitudes: 10-12-2007

O Ministerio de Cultura oferta as seguintes 133 bolsas:

  • 29 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Nacional, Dirección Xeral do Libro e outras dependencias do Ministerio de Cultura.(Especialidades: Fondo antigo 10 e fondo moderno 19)
  • 29 Bolsas de Arquivística nos arquivos de titularidade estatal ou na sede do Ministerio.
  • 30 Bolsas de Museoloxía nos museos estatales ou na sede do Ministerio.
  • 20 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Istituto do Patrimonio Histórico Español.
  • 19 Bolsas de Xestión Cultural nas distintas unidades do Departamento, incluindo a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural.
  • 6 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía no Colexio de España en París   

Toda a información no tríptico e na convocatoria.

22-10-2007

Novas sobre a viaxe a Madrid

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Actividades

primeira convocatoria para a viaxe á Biblioteca Nacional tivo pouca demanda. Pero dado o interés mostrado por algunha das persoas apuntadas,  Anabad Galicia, retoma con forza a viaxe e segue adiante coa organización da mesma. Estas son as novas:

  • En principio,  o traslado a Madrid e o aloxamento  correría por conta dos asistentes.
  •  A viaxe sería dende o xoves 1 ata o sábado 3 de novembro.  
  •  A visita central de toda a viaxe  segue a ser a da Biblioteca Nacional  o venres dia 2 de novembro as 10 da mañá.  
  •  De todos os xeitos, estase intentado recuperar o resto das visitas e actividades complementarias.  

 Necesitamos saber canto antes, todas as persoasa que están interesadas en asistir. Unha vez  saibamos o número total de asistentes, Anabad Galicia porase en contacto con todos os interesados para  coordinarnos.

Se queres asistir á visita chámanos  de contado ao número de teléfono661709823 ou mándanos un e-mail a anabadgalicia@mundo-r.com.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com