Curso: A normalización na xestión de documentos e arquivos

30-10-2009 – 12:58

Cos obxectivos de:
· Contextualizar as normas de xestión de documentos.
· Expoñer o funcionamento dos principais organismos de normalización en xestión de documentos.
· Coñecer o proceso de elaboración da norma ISO 15489
· Coñecer a estructura da norma ISO 15489  e o seu modelo conceptual  DIRS
· Obter indicios claros da revisión da norma ISO 15489 no seu proceso de revisión actual.
· Concretar o modelo de xestión de documentos proposto pola norma ISO 15489.
· Sinalar os pasos para a realización dun proxecto de actuación arquivística.
· Definir as características das políticas, as normas e os procedementos.
· Destacar a importancia dos manuais de boas prácticas no contexto dos sistemas institucionais  de xestión de documentos.

E seguindo co plan de formación de arquiveiros do Sistema de Arquivos de Galicia para o ano 2009, recóllese o curso A normalización na xestión de documentos e arquivos: a norma ISO 15489 e as boas prácticas”. Información sobre o curso aquí e a inscrición

Curso “Planificación en Arquivos”

22-10-2009 – 12:16

Dentro do plan de formación de arquiveiros do Sistema de Arquivos de Galicia para o ano 2009, recóllese o curso “Planificación en Arquivos”.

Datos do curso:
Docente: Eduardo Núñez (Servizo de arquivo e documentación, Ayuntamiento de Gijón)
Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia, Santiago de Compostela.
Datas e Horario:
1ª sesión: 18 novembro, horario: 9.00 – 14.00
2ª sesión: 19 novembro, horario:9.00 – 14.00
3ª sesión : 20 novembro, horario:9.00 – 14.00
Nº de horas: 15 h.

Máis información sobre o programa e o proceso de inscrición se pinchades aquí.

curso “Calidade en arquivos”

15-09-2009 – 12:20

Dentro do plan de formación de arquiveiros do Sistema de Arquivos de Galicia para o 2009, recóllese o curso de "Calidade en arquivos", impartido por Eva Merino Flecha, que se impartirá os días 28 e 29 de setembro en Santiago de Compostela. Máis información sobre o programa e o proceso de inscrición aquí

Convenio de formación en materia de arquivos

15-09-2009 – 10:34

O pasado 13 de xullo de 2009, a Consellería de Cultura e  ANABAD GALICIA, asinaron un convenio para o desenvolvemento dun plan de formación de arquiveiros do Sistema de Arquivos de Galicia, co obxecto de organizar actividades formativas no eido da normalización na xestión de documentos e arquivos, planificación e avaliación e calidade en arquivos.
Froito dese convenio son os tres cursos que se celebrarán en breve:
1. Calidade en arquivos.
2. Planificación de arquivos.
3. A normalización na xestión de documentos e arquivos.
Máis información sobre os cursos aquí

 

Robinson Crusoe na Biblioteca Pública da Coruña no mes de setembro de 2009

31-08-2009 – 11:50

Reading Club: lectura en inglés para maiores de 18 anos da novela de Daniel Defoe “Robinson Crusoe”

Para practicar e perfeccionar o idioma inglés, a Biblioteca ofrece a posibilidade de participar na lectura da novela “Robinson Crusoe” en inglés.
O primeiro día proxectarase a película en versión orixinal e a partir do segundo día, coa dirección de Mabel Cambeiro Vázquez, procederase á lectura e comentarios da obra.
Daniel Defoe. (1660-1731), periodista, escritor  e  espía,  foi un dos primeiros cultivadores da novela, xénero literario que axudou a popularizar en Inglaterra e que lle valeu  o  calificativo  de “Pai” de todos os novelistas ingleses.
Robinson Crusoe. Basada en feitos reais, a novela narra a historia dun náufrago inglés que permaneceu 28 anos nunha remota illa tropical tendo como única compaña un indíxena que habita nela. Ambos, logo de superar a barreira do idioma e os receos ao descoñecido, chegaran a ter unha fonda amizade. Unha fascinante historia de supervivencia e tolerancia.

De martes a xoves, no mes de setembro de 2009
Días: 1-3, 8-10, 15-17 de setembro (martes, mércores e xoves)
Horario: de 10:30 a 12:30 ou de 16:30 a 18:30
INSCRICIÓN: actividade gratuita
Por tel. no 981 170218/19
Por e-mail: bppmgonzalezgarces@xunta.es
Presencial: na Secretaría da Biblioteca (Rúa Miguel González Garcés, 1   15008 A Coruña), en horario de mañá (8:40-14:20 h.)

curso: Tipoloxías documentais municipais

02-06-2009 – 11:38

ANABAD GALICIA organiza dentro do seu programa de formación 2009, o curso "Tipoloxías documentais municipais", que será impartido por Mariano García Ruipérez, os días 25 e 26 de xuño en Santiago de Compostela. Para máis información premer aquí

Curso en liña: INTRODUCCIÓN Á VIXILANCIA TECNOLÓXICA

22-05-2009 – 16:15

A Vixilancia Tecnolóxica é un proceso organizado, selectivo e sistemático para captar información científica e tecnolóxica tanto do exterior como da propia organización.

A xestión eficaz da información que se produce no contorno dunha organización pode axudar a mellorar a súa posición competitiva e a incrementar de forma extraordinaria a súa capacidade de innovación. Por eso, ANABAD-GALICIA dentro da súa actividade formativa para o ANO 2009 propón o curso “Introducción á Vixilancia Tecnolóxica” en liña, impartido por Lara Rey Vázquez (Responsable de Vixilancia Tecnolóxica en Ferroatlántica  I+D). Para máis información premer aquí

Curso: A LECTURA FÁCIL, UNHA FERRAMENTA DE ESTÍMULO Á LECTURA PARA OS BIBLIOTECARIOS

03-05-2009 – 18:49

Cos obxectivos de difundir o concepto de Lectura Fácil, contemplar o tratamento biblioteconómico dos materiais de Lectura Fácil e propoñer técnicas para o uso destos materiais nas bibliotecas, ANABAD GALICIA propón o curso :" Lectura fácil,unha ferramenta de estímulo á lectura para os bibliotecarios", máis información se pinchades aquí

Homenaxe a Pedro López Gómez

23-04-2009 – 10:38

ANABAD GALICIA, con motivo do 60º aniversario de ANABAD, solicitou a Madrid que se lle entregase a medalla de honra a Pedro López Gómez e o nomease membro honorífico. Para poder facerlle entrega da medalla e rendirlle unha homenaxe pola súa labor na asociación, queremos organizar unha comida o día 16 de maio. En función das persoas que esteades interesadas en acudir, elexirase un restaurante e unha localidade. Aqueles de vós que queirades vir, enviade por favor un correo a asociación.

Isabel Buján Bernárdez
Secretaria ANABAD GALICIA

curso “INGLÉS PARA BIBLIOTECARIOS”

14-04-2009 – 9:35

Co obxectivo de desenvolver as habilidades necesarias para manexar o inglés escrito no contexto de Bibliotecas e Centros de Documentación, ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para o segundo trimestre do ano 2009 propón o seguinte curso:

Título: INGLÉS PARA BIBLIOTECARIOS

Lugar: Santiago de Compostela

Datas: 4 e 5 de maio

Docente: Martha  Peach (Directora da Biblioteca do Centro de Estudios Avanzados en Ciencias Política do Instituto Juan March)

Duración e horario: 16 horas

1ª sesión: 4 de maio de 2009

Horario: 10.00 – 14.00 / 16.00 – 20.00

2ª sesión: 5  de maio de 2009

Horario: 10.00 – 14.00 / 16.00 – 20.00

Para máis información sobre o curso pinchade aquí, os interesados en realizalo tedes a inscrición neste enlace

Curso: Claves actuais da descrición arquivística

27-03-2009 – 12:02

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia,organiza a través do Servizo de Arquivos e Museos,   en colaboración con ANABAD GALICIA , o curso "Claves actuais da descrición arquivística", que será impartido por Javier Barbadillo Alonso, en Santiago de Compostela os días 16 e 17de abril de 2009. As persoas interesadas en participar teñen toda a información aquí.

ANABAD GALICIA

Cursos formación 2ºtrimestre 2009

16-03-2009 – 11:49

ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para o ano 2009 presenta a programación correspondente ao segundo trimestre cos seguintes cursos, dos que tedes máis información si pinchades aquí.

Cédense mobles

01-03-2009 – 20:04

 

Con motivo do traslado da asociación, poñemos a disposición de quen poida interesarlle o mobiliario que ata entón estivemos utilizando. Dado que os mobles se ceden gratuitamente, a persoa interesada terá que facerse cargo do custo do traslado.

O mobiliario é o seguinte:

- Unha mesa grande con oito cadeiras ,en bo estado, perfecta para xuntanzas

- Un arquivador con cartafoles clasificadores.

Dúas mesas de ordenador.

 

As persoas interesadas chamar o luns 9 e o martes 10 de marzo ao móbil: 661 709 823 (9.00-14.00)

 

Curso: Arquitectura da información

09-02-2009 – 8:11

ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para o primeiro trimestre do ano 2009, organiza dúas edicións do curso "Arquitectura da información", impartido por Yusef Hassan Montero,  que se celebrarán en Santiago de Compostela, a primeira o día 27 de marzo e a segunda o 28 de marzo. Para máis información do curso pinchade aquí

ANABAD GALICIA

Curso: Introducción ao software libre para persoal de bibliotecas

13-01-2009 – 11:34

ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para este primeiro trimestre do 2009, organiza o curso "Introducción ao software libre para persoal de bibliotecas", que se desarrollará en liña a través da plataforma AULA CESGA. Toda a información atópase no folleto. Se estás interesado en facelo inscríbete no curso e manda o formulario á asociación: anabadgalicia@mundo-r.com

ANABAD GALICIA

Asamblea anual ANABAD GALICIA

08-01-2009 – 11:36

ANABAD GALICIA convoca a todos os seus socios e socias á asamblea anual corrrespondente ao ano 2008 que terá lugar en Fórum Metropolitano na Coruña, o día 14 de xaneiro ás 19.00 da tarde coa seguinte orde do día:

1. Presentación da memoria anual 2008.

2. Propostas de actuacións para o 2009.

3. Rogos e preguntas.

Isabel Buján Bernárdez
secretaria ANABAD GALICIA
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com

curso: ACCESO AOS DOCUMENTOS PÚBLICOS

07-01-2009 – 16:11

ANABAD GALICIA, dentro do seu plan de formación para o ano 2009, organiza o curso "Acceso aos documentos públicos", que se celebrará en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro na EGAP, impartido por Josep Matas, especializado en dereito da información, protección de datos e dereito de novas tecnoloxías.Para máis información pinchade aquí.

INSCRICIÓN

ANABAD GALICIA

Programación formación ANABAD GALICIA primeiro trimestre 2009

18-12-2008 – 9:12

ANABAD GALICIA dentro do seu plan de formación para o ano 2009, anuncia a celebración dos seguintes cursos durante o primeiro trimestre do ano:

  • Acceso aos documentos públicos
  • Software libre
  • Arquitectura da información

Podedes consultar máis detalles sobre os cursos aquí

Saúdos.

ANABAD GALICIA

 

Cambio de día da asamblea anual ANABAD GALICIA

15-12-2008 – 12:09

A asamblea anual de ANABAD GALICIA convocada para o mércores 17 de decembro ás 19.00 en Fórum na Coruña vaise retrasar ata o 14 de xaneiro ás 19.00 horas en Forum,  por recomendación da asesoría para poder presentar as contas completas do ano 2008.

Agardamos a vosa participación.

Isabel Buján Bernárdez
secretaria ANABAD GALICIA
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com
677 818471

Visita guiada á exposición:”As Nosas Palabras, Os Nosos Mundos”

09-12-2008 – 9:54

Con motivo do Ano Internacional das Linguas (O.N.U) e o Ano Europeo do Diálogo Intercultural (Parlamento Europeo) a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza dende o día 15 de decembro ao 4 de xaneiro de 2009 no Kiosco Alfonso da Coruña unha exposición itinerante sobre a lingua galega na diversidade lingüística. A mostra leva por título "As nosas palabras, os nosos mundos” e propón un percorrido polo mundo das linguas e da comunicación a través dun deses idiomas que conforman a diversidade lingüística no planeta: o galego

As Nosas Palabras, Os Nosos Mundos formúlase como…
● Unha invitación á celebración da comunicación humana e da diversidade lingüística e cultural do mundo.
● Un recoñecemento á dignidade de todas e cada unha das linguas que conforman esta amalgama global de identidades.
● Un descubrimento da lingua galega partindo da súa sociedade.
● Unha chamada de atención sobre a necesidade de manter o equilibrio do ecosistema lingüístico do mundo.
Para iso a exposición revela, a través de distintas formas, linguaxes, ritmos e percorridos, aqueles trazos e valores que definen o galego como unha lingua actual e contemporánea, creativa, de valor histórico e cultural, que vive e que se rexenera no seu uso diario.

ANABAD propón un percorrido por a exposición:"As nosas palabras, os nosos mundos”,o sábado 20 de decembro. Precisamos que o grupo estea formado entre 20 e 30 persoas. Aqueles que estedes interesados na visita guiada poñervos en contacto coa Asociación: anabadgalicia@mundo-r.com ou chamando aos teléfonos:661709823 / 881889008

CONCLUSIONES DEL II CONGRESO DE ARCHIVOS MUNICIPALES ESPAÑOLES

02-12-2008 – 10:46

II CONGRESO DE ARCHIVOS MUNICIPALES ESPAÑOLES
Archivos y e-administración
Lugo a 8 de Noviembre de 2008
 
CONCLUSIONES
 
PRIMERA.- Necesidad de la aprobación de una de Ley de documentos y archivos del Estado que adecue el marco normativo estatal a la realidad y necesidades de la sociedad del siglo XXI.
 
SEGUNDA.- Recordar, una vez más , que la función del archivo es transversal  en la administración, y por lo tanto constatamos la necesidad de su adscripción al órgano con competencias en materia de organización, planificación y racionalización administrativa.
 
TERCERA.- Proponemos  que se encomiende a la Mesa de Trabajo de Archivos de la Administración Local la redacción de un modelo conceptual y operativo del sistema de información y gestión de archivos para las administraciones locales.
 
CUARTA.- Recomendar la realización de todos aquellos esfuerzos colectivos e individuales que permitan una mayor presencia y visibilidad de las actuaciones archivísticas, prestación de servicios, y actuaciones profesionales en Internet.
 
QUINTA.-Como empleados públicos, exigimos de la administración la constitución de una ponencia técnica que elabore los informes necesarios para la incorporación de las funciones de gestión de documentos en el desarrollo normativo  previsto de la Ley 11 /2007, de 22 de Junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Sevicias Públicos.
 
SEXTA.- Demandar a los gobiernos de la C.C.A.A. la presencia de los archiveros en la definición, redacción y programación de la ponencia que construya el modelo de gestión de documentos para las respectivas administraciones.
 
SÉPTIMA.- Demandar a la Xunta de Galicia la presencia de los archiveros en la definición, redacción y programación de la ponencia que construya el modelo de gestión de documentos para las administración pública gallega.
 
Las conclusiones han quedado aprobadas por unanimidad de los asistentes, de lo cual ha quedado constancia en la grabación de la sesión de clausura del II CONGRESO DE ARCHIVOS MUNICIPALES ESPAÑOLES: Archivos y e-administración.
 
 
LA SECRETARIA DE LA COMISIÓN TÉCNICA
Mª Jesús Saavedra Carballido
Arquiveira Municipal
Ronda da Muralla 197 27004 LUGO
Tlf.982 297249
e-mail chus.saavedra@concellodelugo.org
 

Curso:”PROTECCIÓN DE DATOS,FIRMA ELECTRÓNICA E DELITOS INFORMÁTICOS NO ÁMBITO DE ARQUIVOS,BIBLIOTECAS E DOCUMENTACIÓN”

26-11-2008 – 16:12

ANABAD GALICIA dentro da súa actividade formativa para o 3º trimestre do ano 2007-08 propón o curso “PROTECCIÓN DE DATOS, FIRMA ELECTRÓNICA E DELITOS INFORMÁTICOS NO ÁMBITO DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E DOCUMENTACIÓN” que terá lugar en Santiago de Compostela na  Aula da Biblioteca Concepción Arenal, o día 11 de decembro en horario de tarde. Para máis información sobre o curso premer aquí

INSCRICIÓN