Robinson Crusoe na Biblioteca Pública da Coruña no mes de setembro de 2009

31-08-2009 – 11:50

Reading Club: lectura en inglés para maiores de 18 anos da novela de Daniel Defoe “Robinson Crusoe”

Para practicar e perfeccionar o idioma inglés, a Biblioteca ofrece a posibilidade de participar na lectura da novela “Robinson Crusoe” en inglés.
O primeiro día proxectarase a película en versión orixinal e a partir do segundo día, coa dirección de Mabel Cambeiro Vázquez, procederase á lectura e comentarios da obra.
Daniel Defoe. (1660-1731), periodista, escritor  e  espía,  foi un dos primeiros cultivadores da novela, xénero literario que axudou a popularizar en Inglaterra e que lle valeu  o  calificativo  de “Pai” de todos os novelistas ingleses.
Robinson Crusoe. Basada en feitos reais, a novela narra a historia dun náufrago inglés que permaneceu 28 anos nunha remota illa tropical tendo como única compaña un indíxena que habita nela. Ambos, logo de superar a barreira do idioma e os receos ao descoñecido, chegaran a ter unha fonda amizade. Unha fascinante historia de supervivencia e tolerancia.

De martes a xoves, no mes de setembro de 2009
Días: 1-3, 8-10, 15-17 de setembro (martes, mércores e xoves)
Horario: de 10:30 a 12:30 ou de 16:30 a 18:30
INSCRICIÓN: actividade gratuita
Por tel. no 981 170218/19
Por e-mail: bppmgonzalezgarces@xunta.es
Presencial: na Secretaría da Biblioteca (Rúa Miguel González Garcés, 1   15008 A Coruña), en horario de mañá (8:40-14:20 h.)

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.