Publicadas as Estatísticas de Bibliotecas Públicas do ano 2007

18-08-2009 – 16:43

O Servicio de Estadísticas y Evaluación da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria acaba de facer pública a publicación dos datos estatísticos de bibliotecas públicas españolas correspondentes a 2007.

A grandes rasgos, coméntase que en 2007:

  • O número de bibliotecas públicas é de 4.937 (78 son puntos de servizo móbil).
  • Cada biblioteca pública atende unha media de  9.347 habitantes.  
  • Nas bibliotecas públicas españolas existen 1,42 documentos disponíbeis por habitante.
  • Cada biblioteca pública dispón dunha colección media de 13.250,08 documentos.
  • Adquiríronse 5.133.151 documentos, un 29% máis que en 2006.
  • As bibliotecas públicas recebiron  90.488.686 visitas en 2007 (supón 7,8 visitas por usuario inscrito e 2 visitas por habitante).
  • A poboación inscrita en 2007 alcanzou a cifra de 11.596.793 de usuarios inscritos, que representa o 25% da poboación.
  • Durante 2007 as bibliotecas públicas realizaron  52.925.384 de empréstamos, (4,56 empréstamos por cada usuario inscrito e 1,15 por habitante).
  • Os libros em prestéronse unha media de 0,5 veces cada un, os audiovisuais 3,6 e os electrónicos 1,7.
  • 3.922 bibliotecas públicas contan con servizo de acceso á Internet, que representa o 79% do total das bibliotecas,  e contabilizéronse 12.018.442 de sesións.
  • 1.790  bibliotecas contan con servizo de OPAC Web e 895 con páxina Web, nas que se realizaron un total de 17.528.190 de consultas.
  • Por último, o total de gastos correntes foi de 358.909.756 euros e os de investimento, que son os derivados de solares e edificios ascenderon a 80.541.885 euros.
 Poboación atendida
 

 

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.