Unha investigadora descobre un tesouro musical oculto nunha biblioteca

11-08-2009 – 10:36

«Cando vou a congresos internacionais e dígolles o que hai na Coruña quedan coa boca aberta». Musicóloga rioxana e investigadora da biblioteca Francisco Marcial do Adalid, Carolina Queipo achou neste lugar «un tesouro musical único no mundo» procedente da primeira metade do século XIX. Os achados realizados ata a data por ela e o seu compañeiro Xoán Manuel Carreira adquiren unha dimensión internacional ao tratarse, moitas das pezas, de partituras exclusivas no mundo. Segundo explica Queipo, a familia propietaria da biblioteca era unha auténtica apaixonada da música, o que explica o fondo histórico que a biblioteca alberga no seu interior. Agora a súa actividade está centrada en lograr que leven a Italia dez aberturas de Rossini transcritas a violín por Carulli. Mentres tanto, Queipo seguirá esforzándose cada día para investigar as riquezas ocultas que esconde o número 11 de cálea Tabernas

Fuente: La Voz de Galicia

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.