Reunión de ANABAD-Galicia co Director Xeral de Patrimonio Cultural
17-07-2009 – 10:33
O 14 de xullo de 2009, ANABAD-Galicia reuniuse co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, co fin de tomar contacto cos novos responsables dos Arquivos e Museos. Asistiron á reunión o Director Xeral, José Manuel Rey Pichel e, por parte de ANABAD-Galicia a presidenta, Mª Dolores Pereira e a vogal Consuelo Meiriño. A reunión desenvolveuse nun ambiente distendido no que se manifestouse a disposición da Asociación a colaborar coa Consellaría nos temas relativos aos Arquivos e aos Museos,.
Fíxoselle entrega ao Director Xeral dun informe con indicación dos asuntos considerados prioritarios pola asociación, concretados nos seguintes puntos:
Arquivos
- Elaboración dunha lei que regule o sistema de arquivos de Galicia
- No subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, fixar a estrutura administrativa, e dotar os centros con recursos materiais e persoais suficientes
- Dar participación aos profesionais dos arquivos na racionalización administrativa e nos procesos de xestión de documentos.
- Establecemento dunha verdadeira carreira profesional, que permita a promoción dos profesionais.
- Manter os programas de formación conxuntos entre a asociación e a Dirección Xeral, e abrilos á participación da EGAP
Museos
- Elaboración da Lei de museos
- Fixar a estrutura administrativa, e dotar aos centros, con recursos materiais e persoais
- Establecemento dunha verdadeira carreira profesional, que permita a promoción dos profesionais



