Reunión de ANABAD-Galicia coa Consellaría de Cultura

14-07-2009 – 7:46

O 9 de Xullo reunímonos coa Consellaría de Cultura. No acto estiveron presentes, por parte da Consellaría, o propio Conselleiro, Roberto Varela, o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e Daniel Buján da mesma dirección xeral. Como representantes de ANABAD-Galicia asistiron: Isabel Blanco, vicepresidenta; Consuelo Meiriño, vogal de bibliotecas; Julio Pesquero, vogal de documentación e Xoán Manuel Pérez polas bibliotecas municipais.

A reunión, que se desenvolveu nun ambiente distendido, consistiu nunha primeira toma de contacto na que se fixo entrega dun informe coas liñas prioritarias que desde a Asociación consideramos importantes atender na presente lexislatura. Manifestouse tamén pola nosa parte a disposición a colaborar coa Consellaría en todo o que afecte ás bibliotecas. Roberto Varela, pola súa parte, incitounos a participiar na elaboración do Plan Rector da Biblioteca nacional.

No informe entregado incidimos nas seguintes liñas que consideramos prioritarias para desenvolver nesta lexislatura:

  • Nova lei de bibliotecas e do marco normativo que a desenvolva.
  • Desenvolvemento de instrumentos de planificación.
  • Continuidade das medidas actuais de apoio financieiro ás bibliotecas mentras non se desenvolvan os instrumentos de planificación.
  • Continuidade da promoción dos espazos de formación e encontro e dos grupos de traballo.
  • Constitución da Mesa polas Bibliotecas na que estean representadas, entre outros, as catro Administracións con competecias bibliotecarias a fin de planificar e coordinar as actuacións das distintas Administracións para que non compitan entre elas.
  • Modernizar os modelos de xestión

 
   

Noticia en El Correo Gallego: Os nomes ocultos

 

  1. 2 respuestas to “Reunión de ANABAD-Galicia coa Consellaría de Cultura”

  2. Parabéns á directiva pola iniciativa de reunirse coa Consellería de Cultura para transmitirlle as liñas que a Asociación considera prioritarias no eido das bibliotecas, pero, ¿qué pasa cos arquivos?. ¿Está previsto solicitar unha reunión co Director Xeral de Patrimonio Cultural para expoñerlle cuestións tan necesarias como a aprobación da Lei de Arquivos de Galicia, a urxente necesidade de creación da comisión superior de avaliación de documentos administrativos, a creación e dotación dos arquivos centrais das consellerías, as necesidades de persoal nos arquivos administrativos da Xunta etc.?. De non ser así ¿por qué non se aproveitou unha ocasión tan oportuna e infrecuente para tratar asuntos prioritarios no desenvolvemento do sistema de arquivos de Galicia?

    Saúdos dun asociado

    Por Alfonso Cascudo on Jul 16, 2009

  3. En relación co comentario de Alfonso Cascudo, informamos a todos os socios que ANABAD –Galicia solicitou en primeiro lugar unha entrevista co Conselleiro, para expoñerlle directamente a el os problemas tanto de arquivos como de bibliotecas e museos.
    Pero remitíronnos aos directores xerais, e polo tanto, cada un deles fixou un día de cita; o de Promoción e Difusión da Cultura, o día 9; o de Patrimonio Cultural, o día 14. O que non estaba previsto pola asociación era que á reunión co Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura fora tamén o Conselleiro, pero, posto que acudiu, falouse con el. Á reunión co Director Xeral de Patrimonio Cultural non asistiu o Conselleiro, polo que o interlocutor foi o propio director Xeral, ao que se lle expuxeron os problemas que entendemos prioritarios dos Arquivos e Museos, como o desenvolvemento lexislativo, e a estruturación dos subsistemas de Arquivos e Museos da Xunta, entre outros. O informe relativo á visita está xa no Blog. Grazas, e boas vacacións.

    Por Lola Pereira on Jul 17, 2009

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.