1ª Xornadas de Arquivos Municipais das cidades do Eixo Atlántico
19-06-2009 – 9:25
A través do Blog A Informação enteirámonos destas xornadas que decorrerán no Arquivo Municipal Sophia de Mello Breyner de Vila Nova de Gaia entre o 29 e 30 de xuño de 2009.
O programa e a ficha de inscrición poden encontrarse nesta ligazón. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse até o 22 de xuño.
Os participantes galegos son:
- María Jesús Saavedra: Directora do Arquivo Municipal de Lugo
- Miguel Pereira: Arquivo da Deputación de Pontevedra
- Marina García Pita: Xefa do Servizo de Arquivos e Museos da Xunta de Galicia
- Gabriel Quiroga Barrio: Director do Arquivo Nacional de Galicia



