Presentación da Guía para bibliotecas escolares en Ferrol

16-06-2009 – 9:00

Facultad de Humanidades de FerrolO xoves 18 de xuño ás 19 horas terá lugar la presentación da Guía para bibliotecas escolares, manual coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz, e publicado conxuntamente pola Universidade da Coruña e a Consellería de Traballo-Fondo Social Europeo, neste ano 2009.

O acto terá lugar no Salón de Graos. Facultade de Humanidades (R/ Doutor Cabrera s/n) Ferrol e intervirán: Fernando González, Director do Servizo de Publicacións da UDC, Pedro López, Co-director do Máster de Bibliotecas Escolares da UDC, Antonio Martínez, Presidente de AGABEL, a profesora da UDC Carmen Pérez Pais, e a profesora de ensino secundario Mª Dores Lago Igrexas, colaboradoras, entre outros autores, do manual.

Este libro inclúe os resumos das principais achegas realizadas polos profesores do I Master en Bibliotecas Escolares da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (2007-2008). Cobren os principais temas que se refiren ao universo da biblioteca escolar nos seus distintos niveis. Aspectos conceptuais, políticos e legais; cuestións teóricas e prácticas sobre a organización e instalación dos materiais, con especial referencia aos libros e documentos audiovisuais e electrónicos de carácter infantil e xuvenil; o proceso técnico dos materiais, a obtención e uso máis adecuado da información; os servizos que se poden prestar aos usuarios, e a formación deses usuarios para que utilicen e rendibilicen os materiais e as informacións á súa disposición; e a dinamización da biblioteca, concibida como un instrumento transversal da educación e a formación da comunidade escolar.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.