Imaxina a Biblioteca do s. XXI: primeiros resultados da enquisa
18-05-2009 – 15:48
O pasado 13 de Outubro de 2008 o Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació da Generalitat de Catalunya iniciou un proceso de reflexión sobre o futuro da biblioteca pública que co lema: Imagina la biblioteca pública del segle XXI, contou coa participación de profesionais de diferentes ámbitos para reflexionar e analisar os rasgos definitorios do modelo social actual e as posibles respostas que se deben dar desde o mundo da lectura pública.
O primeiro relatorio publicado incide nestas oito cuestións:
- Para qué deben servir as BP?
- Pontos fortes e débiles das BP
- Cais son os elementos para considerar unha BP un servizo de calidade?
- Por qué aínda hai xente que non vai ás BP?
- Qué servizos quererías receber da túa biblioteca a través da rede (de bibliotecas)?
- Qué tipo de información quererías encontrar na túa BP?
- Qué profesionais esperas encontrar nas BP? Qué esperas?
- Qué demandas dun edificio de BP? Como che gostaría que fose?
As respostas son presentadas como nube de termos automáticos dos que se extraen os máis salientables. A observación destas respostas para as BP de Cataluña poden indicarnos tamén por onde debe ir o desenvolvemento dos nosos servizos.



