Premio de fomento da lectura en bibliotecas
07-04-2009 – 17:23
A Federación de Gremios de Editores de España ten como acción estratéxica de carácter permanente o fomento da lectura, por entender que, esta é, foi e seguirá sendo o instrumento básico para entrar no mundo da Cultura, en xeral, e na denominada sociedado coñecimento, de maneira particular, e de ser o principal elemento para o desenvolvimento social e económico das persoas e a propia sociedade. Neste sentido, a Federación de Gremios de Editores de España é un promotor e participante activo do Plano de Fomento da Lectura e de maneira singular quere destacar o labor indispensábel que a favor da lectura realizan as bibliotecas, e para tal fin convoca un Premio ao fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público, que se entregará no marco de LIBER e que suporá o recoñecimento público da industria editorial ao seu traballo.
Prazo da convocatoria:
As candidaturas deberán presentarse na sede da Federación de Gremios de Editores de España, c/ Cea Bermúdez 44, 2º dcha. 28003 Madrid. E-mail: pruiz@fge.es, do 1 ao 30 de Xuño de cada ano.



