Bibliotecas solidarias: Te cambio un libro por…
30-03-2009 – 11:25
A biblioteca municipal de Baiona celebra o mes de Abril, o mes do libro, cun proxecto solidario que tenta promover o valor da lectura como moeda de cambio para fomentar a solidariedade.
A idea xurde da colaboración entre a biblioteca e a ONG "Ayuda al mundo necesitado", durante o mes de abril, a biblioteca entregará un libro (doado polos usuarios, entidades ou colexios) por cada kilo de alimento que se doe. A oenexé encargaráse de que os víveres cheguen a quen máis os necesita.
Nestos tempos de crisis, a iniciativa da biblioteca e da ONG e todo un exemplo a seguir, e seguro que nas nosas casas e bibliotecas dispoñemos de libros, en bo estado, dos que poderíamos desprendernos para colaborar coa boa causa… Non estaría de mais que entre todos axudaramos a mellorar o seu mercadillo solidario, e contribuir a lenda urba de que a lectura tamen alimenta…
Imaxes tomadas por Anxo, director da Biblioteca de Baiona
Mais información sobre o proxecto en:




Unha resposta to “Bibliotecas solidarias: Te cambio un libro por...”
Me parece una idea increiblemente solidaria con los más desfavorecidos en tiempos de crisis, enhorabuena por esta idea al biblitecario jefe de BAIONA.
Por JUAN on Mar 30, 2009