A Forza das Minorías

23-03-2009 – 11:23

Convocado o 32º Congreso Internacional do IBBY do 8 ao 12 de setembro de 2010 na Cidade da Cultura de santiago de Compostela.

O Programa do congreso e a inscrición xa está disponíbel a través da web do Congreso: www.ibbycompostela2010.org

A Forza das minorías: porque dun xeito ou doutro todos formamos parte dunha inmensa minoría. Promocionar, escribir ou ilustrar libros para nenos/as e mozos/as. Publicalos dende unha lingua ou cultura afastada dos códigos maioritarios. Lelos en situacións de precariedade económica ou con dificultades fisico-psíquicas que impidan o acceso en igualdade á cultura. Ter que ser neno e adulto ao mesmo tempo en sociedades que non respectan os dereitos fundamentais da infancia. Verse obrigado a emigrar e empezar de novo nunha lingua ou cultura que non é a propia. Non ter país de seu. Sentir en minoría. Falar en minoría. Amar en minoría. Ler en minoría.

Velaquí o lema, o sentido e o tema xeral do noso congreso. Unha cuestión, a da situación das minorías, que leva preocupado a IBBY desde hai anos. Desa preocupación naceu o Centro IBBY dos Libros Infantís e Xuvenís para Nenos con Discapacidades, de Oslo, e nacerá o Centro IBBY das Literaturas Infantís e Xuvenís da Diversidade Cultural, de Santiago de Compostela.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.