Participación española no Seminario Internacional de Bibliotecas e Banda Deseñada de Lisboa

27-10-2008 – 11:26

Un grupo de bibliotecarios españois, suecos e portugueses acudimos a Lisboa para asistir ao Seminario Internacional Seminario Internacional de Bibliotecas e Banda Deseñada de Lisboade Bibliotecas e Banda Deseñada que se celebrou do 23 ao 25 de outubro. De España, fomos dende Madrid, Barcelona, Murcia, Pamplona e A Coruña.

Os relatorios presentados para os máis de 80 bibliotecarios que acudiron de Portugal e tamén para autores e editores vinculados á banda deseñada portuguesa, cremos que foron interesantes e novidosas:

José Ignacio Echegaray (Biblioteca Pública Yamaguchi de Pamplona) comentou a experiencia cos usuarios do Club de lectura de cómic que coordinan na súa biblioteca.

Jesús Castillo (Empresa Baratz, Madrid) formulou unha base de datos para cómic utilizando como principal criterio a iconicidade da representación.

Julio Pesquero (Bibliotecas Municipais da Coruña) centrouse na creación e xestión dunha comunidade virtual de usuarios do cómic vertebrada a través de ferramentas 2.0.

Anna Martínez Reina (Bibliotecas de Barcelona) examinou as posibilidades que ofrecen as redes de coñecemento a partir das coleccións documentais nas bibliotecas.

Vicente Funes (Biblioteca Regional de Murcia) postulou as posibilidades que ofrece o cómic no ámbito da alfabetización e educación.

Perspectivas moi distintas pero complementarias dun binomio xa establecido: biblioteca pública e banda deseñada.

Por outro lado, todos fomos invitados á inauguración do 19º Festival Internacional de Banda Deseñada de Amadora que tiña como lema a Ciencia Ficción e vos podemos adiantar que se podedes ir a Lisboa non volo perdades: é fantástico.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.