Introducción ao software libre para persoal de bibliotecas

13-10-2008 – 9:43

software libreA Biblioteca pública debe ser un elemento de alfabetización informacional que facilite á cidadanía  o coñecemento e o acceso á información en formato electrónico. Neste sentido a biblioteca debe potenciar o coñecemento sobre as diferentes alternativas existentes nas TIC e fomentar o uso de ferramentas baseadas en estándares abertos.

Obxectivos
- Coñecer entornos operativos abertos.
- Coñecer ferramentas de software libre que podan ser usados en calquera entorno.
- Coñecer sistemas de xestión bibliotecaria de código aberto.
- En definitiva fomentar o coñecemento do SL e das súas posibilidades no entorno bibliotecario.

Lugar de celebración
Aula de informática- Casa da cultura de Bertamiráns – AMES

Duración
O curso ten unha duración de 8 Horas.

Calendario
25 de outubro de 2008

Horario

Mañás: 11-14:30 h.

Tardes: 16-20:30 h.

Titulación
Certificado de asistencia ao curso.

Profesorado
Xoán Manuel Pérez Lijó
Biblioteca Municipal de Ames.

INSCRIPCIÓN

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.