NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A XESTIÓN DE MUSEOS E OUTROS ESPACIOS EXPOSITIVOS

03-10-2008 – 9:39

O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez abre o prazo de inscrición da novena edición de “Novas Tecnoloxías para a xestión de museos e outros espacios expositivos”, curso en liña dirixido a profesionais de museos, a xestión cultural e a estudantes de Biblioteconomía e Documentación. Esta actividade, que certifica 50 horas, será impartida do 27 de outubro ao 28 de novembro de 2008 a través do Campus virtual CITA.

O obxectivo de “Novas Tecnoloxías para a xestión de museos e outros espacios expositivos” é proporcionar os coñecementos básicos necesarios para aplicar as Tecnoloxías da Información aos procesos habituais dos museos e, deste xeito, optimizarlos. Ademais, os participantes coñecerán as ferramentas tecnolóxicas para facilitar a xestión e a difusión dos centros expositivos. A responsable dos contidos é a Profesora Titular da Universidade de Granada, Doutora María Luisa Bellido Gant, e a profesora e tutora é Merche de Miguel Porta, Licenciada en Historia da Arte.

O prezo é de 110. As prazas están limitadas e entregaranse por rigorosa orde de pago. As inscricións realízanse a través do Campus Virtual CITA. Se desexa obter información máis detallada sobre o curso, o programa e inscribirse ou matricularse no mesmo, faga clic aquí .
Este curso está organizado polo Área de Formación en Liña do Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez (o CITA é unha entidade rexistrada en AENOR (ER-1052/2007) e certificada pola norma ISO 9001:2000).

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.