As Bibliotecas Municipais da Coruña reciben el premio Ourense

23-09-2008 – 6:54

Premio Ourense
O Concello de Ourense concedeu o Premio Ourense de Banda Deseñada ás Bibliotecas Municipais da Coruña polo seu labor de divulgación e promoción da banda deseñada nos últimos anos. Con este premio busca destacarse novamente a importancia das bibliotecas como órgano de primeira importancia na difusión da banda deseñada na sociedade.
Valorase así o esforzo dos profesionais das Bibliotecas Municipais da Coruña e en especial a adicación do Grupo de traballo Fancómic que impulsa e xenera servizos e actividades (presenciais e virtuais) en torno á banda deseñada: un voluminoso fondo de cómic actualizado e de calidade, obradoiros para nenos e xóvenes, encontros con autores e asociacións culturais, presenza en salóns e feiras, o blog fancómic e o servizo de información e alertas vía sms. Pero sobre todo hai que suliñar a labor cotiá dos bibliotecarios no trato cos usuarios, aconsellando, escoitando e informando.
En calquer caso o mellor resumen de todo este traballo podedes atopalo en Fancómic el blog de las bibliotecas municipais adicado ao cómic.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.