Curso: Proxecto e-biblio: bibiotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información
10-06-2008 – 7:51
FINS E OBXECTIVOS
O proxecto E-Biblio, subvencionado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten como fin concienciar e formar aos bibliotecarios para que actúen como axentes activos de fomento da sociedade da información e de integración dos cidadáns nesta sociedade, mediante o desenvolvemento de programas formativos no uso dos recursos dixitais dirixidos aos usuarios das bibliotecas públicas.
Este fin concrétase nunha serie de obxectivos:
1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bliotecarios en tres ámbitos:
• O favorecemento da inclusión e integración dos cidadáns na sociedade da información mediante o desenvolvemento de programas de alfabetización informacional e uso das TICs.
• O fomento e a preparación do cidadán no uso da Administración electrónica.
• O desenvolvemento de ferramentas de acceso e xestión da información desde as bibliotecas en software libre.
2. Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios neses tres ámbitos.
3. Planificación e desenvolvenmento de programas de formación dos bibliotecarios neses tres ámbitos.
PROFESORADO
O curso será impartido polo profesor Mario Pérez-Montoro da Universidade de Barcelona
PROGRAMA
Primer módulo: Alfabetización informacional.
Segundo módulo: Administración Electrónica e Biblioteca.
Tercer módulo: Bibliotecas e Software Libre.
METODOLOXÍA
Proxecto fin de curso: os asistentes aos cursos realizarán obrigatoriamente como actividade de
avaliación un proxecto adaptado a súa biblioteca (extensión mínima 2 folios).
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Duración: 24 horas presenciais
Horario:
· Mércores 18 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Xoves 19 de xuño: de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.
· Venres 20 de xuño: de 9 a 14 h e de de 16 a 19 h.
MATRÍCULA: Gratuíta
LUGAR
Academia Pombo
Rúa Gómez Ulla, nº 14 baixo
Santiago de Compostela
PRAZAS
20 prazas
Máis información e inscripción: anabadgalicia@mundo-r.com



