08-05-2008

ANABAD-Galicia e o anteproxecto de lei de arquivos de Galicia remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Asociación, Novas, Arquivos

Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.

Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:

En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.

En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.

O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.

Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.

Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.

 

ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.

Comentarios »

The URI para referenciar esta entrada: http://agabad.blogsome.com/2008/05/08/anabad-galicia-e-o-anteproxecto-de-lei-de-arquivos-de-galicia-remitido-pola-secretaria-xeral-da-conselleria-de-cultura-e-deporte-da-xunta-de-galicia/trackback/

Ninguén comentó ainda.

RSS feed para los comentarios de este post.

Déixanos o teu comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com