Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos
23-04-2008 – 17:07
ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.
Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).




Unha resposta to “Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos”
Poderiades comentar que pasou na reunión, a que acordos se chegou?
Por Carlos on May 6, 2008