Curso: Técnicas e recursos básicos para encontrar un emprego en Biblioteconomía e Documentación

10-04-2008 – 9:11

PRESENTACIÓN
Este curso está dirixido aos estudantes de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña (Ferrol), que desexen dispor de técnicas e recursos básicos para atopar traballo nas áreas da información, a documentación e a biblioteconomía. O ámbito xeográfico será o estatal con especial atención á zona galega. Insístese especialmente na adquisición de habilidades e hábitos de procura; e compleméntase coa exposición de fontes de información.

PROFESORADO
María José Sola
Diplomada en Biblioteconomia i Documentació (UB). Estudante da Licenciatura en Documentación (UB). Está implicada no ámbito das bibliotecas públicas desde fai dez anos. Traballou no Consorci de Biblioteques de Barcelona e, na actualidade, traballa para a Deputación de Barcelona. Así mesmo, colabora noutros proxectos, como a xestión de contidos do Blog Documentación, ofertas de emprego e cursos de Informa.

PROGRAMA
1. Antes de empezar a buscar emprego.
a) Ante todo, coñezámonos: que sabemos facer,
que queremos facer, onde queremos traballar.
b) Cales son os perfís profesionais existentes.
2. Buscando traballo
a) Pautas para realizar o seguimento do proceso de
procura.
b) Fontes de información: onde buscar.
c) Pensemos no noso currículo.
d) Seleccionáronnos: preparando a entrevista de
traballo.

MATRÍCULA
Socios: 20 €
Non Socios: 35 €

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Ferrol. Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

CALENDARIO
Sábado, 10 de Maio de 2008

Máis información:  anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.