Presentación do Grupo Comicteca

08-04-2008 – 7:45

O xoves 17 de abril no marco do 26º Salón Internacional do Cómic de Barcelona terá lugar a presentación oficial do “Grupo Comicteca” formado por un grupo de bibliotecarios de toda España e Portugal que traballan en centros con especial interese no mundo do TBO. O grupo Comicteca, formado por bibliotecas de toda España (A Coruña, Barcelona, Lisboa, Zaragoza, Pamplona, Cádiz, etc.) quere aproveitar o evento de cómic máis importante de España para presentar os seus obxectivos ante compañeiros, profesionais e creadores asociados ao cómic. Os nosos obxectivo céntrase en dar resposta desde a biblioteca pública ao enorme interese social que está xerando o cómic e pretendemos facelo a través de reivindicar a presenza do cómic na biblioteca pública, fomentar a formación dos bibliotecarios neste ámbito, desenvolver recursos e experiencias e, por suposto, difundilas a través de distintos medios. Unha vez que presentemos noso “documento constitucional” divulgarémolo todo o posible por se tivésedes interese nesta experiencia profesional á que desde xa vos invitamos a participar a través da nosa lista de distribución http://groups.google.es/group/comicteca . Desde Galicia iremos dous bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña como fundadores do grupo para participar na mesa pero quero insistir en que somos un grupo aberto e esperámosvos en Barcelona o 17 de abril ás 12:30 h na sala de conferencias do Salón Internacional de Cómic de Barcelona. Por suposto tamén intentaremos estar presentes no próximo Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas da Coruña.

Julio Pesquero

  1. 2 respuestas to “Presentación do Grupo Comicteca”

  2. No sé si por modestia o uso indiscriminado del plural mayestático te olvidas de mencionar los participantes ese día en Barcelona,con nombre y apellidos, por parte de las Municipales de Coruña. Cuestión de visibilidad, simplemente.

    Por Living in Thule on Apr 9, 2008

  3. Ni plural ni modestia, simple desconocimiento. Hasta donde yo sé la respresentación será:
    Biblioteca Can-Fabra de Barcelona: Esperanza Paños y Ana Martínez Reina
    Biblioteca Cubit para jóvenes de Zaragoza: Mari Cruz Alcín
    Biblioteca Regional de Murcia: Vicente Funes
    Bibliotecas Municipais da Coruña: Fátima Elías
    Biblioteca Yamaguchi de Pamplona: Jesús García
    Biblioteca Civicam de Pamplona: Villar Arellano y Lorena Gil

    Otras personas del grupo de Madrid y Lisboa no podrán asistir. Espero haber satisfecho un interés tan personalista.

    Por Julio Pesquero on Apr 9, 2008

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.