1ª reunión do Grupo de traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad

12-03-2008 – 10:53

O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:

  •  Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA, que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa, e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de Pontevedra, para  montar outro grupo de traballo de bibliotecas públicas.
  • O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf) celebrarase  na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións. Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar en propostas de actividades paralelas.
  • Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a nosa situación profesional como colectivo.

 

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.