A Biblioteca Nacional, dende dentro…
25-02-2008 – 16:42
Entre as visitas programadas no pasado Congreso de ANABAD: Memoria y Tecnología, figuraba a Biblioteca Nacional.
Para aqueles que non tiveron a oportunidade de visitala por dentro, aquí vos deixo as fotos que puiden sacar na visita. Foi realmente espectacular pisar os almacens onde se descargan as toneladas de libros e revistas, que chegan cada día o centro para a sua catalogación e salvaguarda.
Sen dúbida, cando Borges pensaba na Biblioteca infinita, imaxinaba algo similar…



