Portal Recolecta de arquivos abertos

13-02-2008 – 9:27

O Portal Recolecta, recolector de metadatos para os arquivos abertos españois, é unha ferramenta deseñada para funcionar como punto de acceso único e de procura de documentos científicos arquivados en repositorios institucionais abertos. Permite buscar os datos que descreben os documentos (metadatos) e posúe posibilidades de creación de estatísticas de utilización que permitirá un mellor  posicionamento dos repositorios españois nos proxectos internacionais. O portal foi desenvolvido pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e a Rede de Bibliotecas Universitarias (Rebiun).

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.