Feira do libro na Habana

23-01-2008 – 9:45

Do 13 ao 24 de Febreiro, Galicia estará presente en Cuba para divulgar e difundir a nosa actividade cultural en Latinoamérica dentro do programa da Feira do Libro da Habana:

A Feira do Libro da Habana (FILH), consolidada a nivel internacional como unha das grandes referencias da industria editorial e como a actividade cultural máis relevante do país cubano durante o ano, alcanza este ano a súa XVII edición. Avalada polas cifras dos últimos anos, a organización prevé un novo éxito de participación, difusión e vendas desta nova cita. A Feira da Habana convértese así para a cultura galega nunha privilexiada porta de entrada en Latinoamérica, plataforma de difusión e promoción da nosa produción cultural nun ámbito de especial interese para as nosas creacións culturais.

Cartel 2008 da feira do libro da Habana 

O dossier coa programación e información sobre o evento elaborado pola Consellaría de Cultura está dispoñible para a sua descarga (pdf).

Sen dúbida é unha gran nova para todo o sector cultural do noso país. Esperamos poder contar con crónicas e comentarios do evento.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.