Convócase unha praza de auxiliar de biblioteca, equiparada ao grupo D da función pública. O sistema de selección será de oposición libre. Tedes ata o 11-12-2007 para presentar as instancias.
A fase de oposición constará de tres exercicios:
Primeiro Exercicio:
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario,tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programada convocatoria durante un período de 45 minutos. Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo Exercicio:
Práctico, consistirá na realización dun ou varios supostos prácticos do contido do programa da convocatoria, sendo a súa función a de evaluar os coñecementos técnicos dos/as aspirantes na área da que haberán de desempeñar a súa actividade profesional.
Terceiro Exercicio:
Sobre coñecemento do galego para aspirantes non exentos/as. Consistirá en traducir do castelán para o galego, sen axuda de dicionario, nun tempo máximo de trinta minutos, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio. A tradución será lida polo/a aspirante diante do tribunal. Neste exercicio valorarase a corrección da tradución e a pronuncia da lingua galega.
Convocatoria: Boletín Oficial do Estado de 21-11-2007