Hábitos culturais: lectura e bibliotecas

06-10-2007 – 9:06

estudo sobre os hábitos e prácticas culturais en España 2006-2007O Ministerio de Cultura presentou un novo estudo dos hábitos culturais en España 2006-2007, que actualiza e engade novos indicadores á Enquisa de 2002-2003, e que coa mesma metodoloxía, recolle os resultados das enquisas realizadas a 16.000 persoas de 15 anos en diante.

Entre os datos que se desprenden do mesmo, a música, a lectura e o cine son os ámbitos culturais de maior interese para a poboación española.

A asistencia a bibliotecas rexistra unha diminución respecto ao período anterior de 2,4 puntos (17,6% fronte ao 20,0%), e por primeira vez recóllese o acceso a bibliotecas a través de internet, que corresponde ao 4,6% da poboación.

Son de gran interese os gráficos do 3º capítulo adicado a lectura e as bibliotecas (descarga en pdf)

Aquí resaltamos o relativo o relativo motivos principais de asistencia as bibliotecas:

 motivos principais de asistencia as bibliotecas

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.