Inauguración da comiteca na Biblioteca Municipal do Porriño

12-09-2007 – 17:21

Festa comicQueremos enviar os nosos parabéns á Biblioteca Municipal do Porriño que pon en marcha a súa comiteca. Este xénero estase a convertir nun dos preferidos dos usuarios das bibliotecas e debemos telo en conta pra futuras accións. Para festexar o acontecemento van facer una festa cosplay o venres 14 de setembro a partir das 19:30 horas na propia biblioteca donde, xa sabedes, debéis ir disfrazado dun personaxe do cómic.

A nova sección sección irá acompañada de varias actividades paralelas:

  • Exposición Comicteca do Porriño (14 ao 28 setembro)
  • Obradoiro de creación de blogs (19 de setembro)
  • Obradoiro de creación de cómics (17 ao 28 de setembro)

Só podemos desexarvos o mellor na novo camiño aberto e decirvos que podedes contar con nosco.

Sen comentarios aínda.

Danos a túa opinión


Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.