11-06-2007

Comentarios e impresións do curso de blogs en Baiona

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Xeral, Cursos

Este sábado tivo lugar en Baiona o 2º curso de blogs organizado por Anabad Galicia: Creación e uso dos blogs no entorno bibliotecario.

Tiven a sorte de reunirme con 15 inquedos profesionais a falar de blogs, wikis, post, ligazóns, tracbacks, sindicación… Pese a calor de xusticia, foron 6 horas oficiais de curso e unha comida extra-oficial entre xente dinámica e moi, moi participativa, que non so me fixeron disfrutar da miña xornada de docencia, senon que ademais controbuiron coas suas preguntas, dúbidas e comentarios a facer o curso moito mais proveitoso do esperado cunha morea de ideas e puntos nos que profundizar e mellorar.

Deixovos a testemuña documental de que alí estivemos, mentres esperamos a próxima edición, esta vez en Santiago o próximo venres.

Para ver o albúm completo das fotos de tódolos asistentes, pasade por Flickr e deixade os vosos comentarios, e os implicados, identificadevos! 

Eles xa teñen o seu blog, ¿e vos? 

7 Comentarios »

The URI para referenciar esta entrada: http://agabad.blogsome.com/2007/06/11/comentarios-al-curso-de-blos-en-baiona/trackback/

  1. Ola, bos días a todos e todas.Quería facer unha reflexión sobre o curso de blog en Baiona.Foi moi interesante, participativo e con moita información.No noso caso vainos servir para facer un proxecto que dentro dun días xa vos informaremos.A verdade que o curso foi curto.Esperemos que dentro de non moito tempo se planifique unha nova edición un pouco máis longo.Ben por Catuxa Seoane.Todo unha profesional.Xa a escoitei en Fesabid e xa me daba boas impresións.En contacto.Moitos saúdos

    Comment por anxo — 14-06-2007 @ 8:04 am

  2. Anxo, foi un pracer compartir o día con vos e intercambiar experiencias, agora esperamos poder leeros en breve no voso propio blog ;)

    Comment por Catuxa — 14-06-2007 @ 8:40 am

  3. Bos días!! Coincido plenamente co comentario de Anxo. A verdade é que pese á pouca duración do curso, eu creo que lle sacamos moito partido e que aprendemos moito. Creo que vai ser especialmente útil para o noso traballo. Imaxino que en breve todos iremos dando noticias dos blogs que imos creando para os centros nos que traballamos, así que xa vos teremos informados. Por certo, moi bo o traballo de Catuxa no curso. Saúdos para todos

    Comment por Uxía — 14-06-2007 @ 11:55 am

  4. OLA!! Pois eu xa me animei e estou “diseñando” o meu blog. Pouco ten que ver con bibliotecas porque eu “todavía” non traballo en ningunha estou nelo… Gustoume moito a experiencia ademáis de darme un paseo por Baiona (son a de Santiago). Catuxa fixo un traballo moi bó aínda, a ver se te animas e organizas outro cursiño (para avanzados, je je)
    Saudos a tod@s os blogeir@s.

    Comment por Alicia — 14-06-2007 @ 5:45 pm

  5. Uxía, todos coincidides no mesmo, de que era necesario mais tempo, tomamos nota para as vindeiras convocatorias. E grazas polos teus comentarios.

    Alicia, ¿a que esperas para enseñarnos o teu blog?

    Comment por Catuxa — 18-06-2007 @ 11:40 am

  6. En Santiago tamén o pasamos ben e pensamos que debe continuar. Eu xa actualicei hoxe a wiki, agora vou a polo blog! (http://bpmsavinao.wikispaces.com/Actividades+Recentes) Saúdos.

    Comment por Mónika — 18-06-2007 @ 4:27 pm

  7. Monika, quedame pendente postear os comentarios sobre o curso de Santiago que ademais ilustrarei coas tuas fotos!

    Comment por Catuxa — 19-06-2007 @ 9:28 am

RSS feed para los comentarios de este post.

Déixanos o teu comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com