18-05-2007

Falan de nos en Gardalivros

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Xeral, Falan de nos

Gabriel Beceiro, autor de Gardalivros: Bibliotecas Livros Leitura, un dos blogs mais activos e preocupados polo sector bibliotecario, documental e archiveiro de Galicia, fala de nos e celebra a reactividade da asociación nestes últimos meses:

Celebramos vivamente a reactivación da actividade da bitácora da ANABAD Galicia.Hai agora un ano o gardalivros expresaba a necesidade de que a imaxe social do bibliotecario galego se visibilizara na rede, posicionándose dun xeito activo e comprometido coa nosa realidade e, sobretodo, posibilitara a creación de contidos de seu. Neste senso, a Anabad, que integra os intereses e arelas dun colectivo diverso de profesionais da información ( arquiveiros, documentalistas, museólogos e bibliotecarios) ben podería liderar esta aposta dada a masa crítica que ensarilla. Mesmo, digo eu, apostando pola súa reconversión en colexios profesionais diferenciados que deste xeito poidan desenvolver con maior dinamismo a especificidade que lle é própria. Se ben todos eles son profesionais da información,direccionados a xestionar a información externa e interna das organizacións, a posta en valor deste activo pasa tamén por diferenciar as achegas e especificidade de cada un deles.

Comentarios »

The URI para referenciar esta entrada: http://agabad.blogsome.com/2007/05/18/falan-de-nos-en-gardalivros/trackback/

Ninguén comentó ainda.

RSS feed para los comentarios de este post.

Déixanos o teu comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com