16-04-2007

Creación e uso dos blogs no entorno bibliotecario

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Actividades, Novas, Cursos

LUGARES DE CELEBRACIÓN

  • A CORUÑA: Fórum Metropolitano: 28 de Abril  e 5 Maio de 2007. De 10 a 13 h.
  • BAIONA: Centro antena “A foz do miñor”9 de xuño. De 10 a 13 h. 16-19 h.

PRESENTACIÓN
Os blogs e as novas ferramentas de publicación na rede, estan revolucionando o modo no que accedemos, recuperamos e intercambiamos información. As bibliotecas e os profesionais da documentación teñen no seu  alcance novas ferramentas que facilitan e amplian as suas funcións e actividades no traballo diario.
 
OBXECTIVOS
O obxectivo do curso é ofrecer ao alumnado uns coñecementos detallados sobre as novas ferramentas de creación de contidos na web, os blogs e os wikis, e a sua explotación nas unidades de información.
 
DESTINATARIOS
O curso vai dirixido a estudantes de Biblioteconomía, bibliotecarios e documentalistas, xestores culturais e todas aquelas persoas  interesadas en coñecer as características dos blogs e dos wikis a partir dun punto de vista eminentemente práctico e sacar partido das suas posibilidades para a difusión da información.
 
DURACIÓN E HORARIO
O curso ten unha duración de 6 Horas

METODOLOXÍA
O curso combina contidos teóricos con distintas prácticas e estudos de casos, en especial de bibliotecas. Será eminentemente práctico, permitindo que o alumno vaia poñendo en práctica en todo o momento as explicacións e experimentado as indicacións do profesor. Cada alumno/a dispoñerá dun ordenador.

AVALIACIÓN
Para a obtención do título será necesario asistir ás 6 horas do curso.

TITULACIÓN
Certificado de asitencia do Curso Uso dos blogs no entorno bibliotecario.

PROFESORADO
Catuxa Seoane García. Licenciada en Documentación. Diplomada en Biblioteconomía. Coautora dun dos primeiros blogs de Biblioteconomía e Documentación: Deakialli DocuMental

PROGRAMA

Contido:
A Web e os formatos de publicación en línea para os profesionais da información

Tema 1
- Os Wikis: definición, orixe, historia
- A Wikipedia, o wiki por excelencia.

Tema 2:
- Os blogs
- Historia e evolución
- Natureza e xéneros
- Arquitectura e estructura: partes externas e internas
- Maís alá do blog: audioblog, videoblogs, fotoblog

Tema. 3:
- Os blogs en bibliotecas
- Blogs como fontes de información      
- Blogs como ferramenta de promoción persoal e profesional
- Blogs como ferramenta de comunición da biblioteca

Tema. 4:
- Sindicación dos contidos
- Agregadotes e lectores de feeds
- Aplicacións e utilidades da sindicación

Tema. 5:
- Buscadores de blogs e blogs e buscadores
- Creación de alertas
- Buscadores especializados

INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN

DATA DE INSCRICIÓN CURSO A CORUÑA
Ata o 27 de abril

DATA DE INSCRICIÓN CURSO BAIONA
Ata o 8 de xuño

Horas lectivas: 6 h.
Nº de prazas: 15 por curso

MATRÍCULA
Socios: 20 €
Non Socios: 35 €.                    

O pagamento da inscrición pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade CAIXA GALICIA: 2091-0000-30-3040151354
        
detallando:
Curso de blogs no entorno bibliotecario- edición A Coruña ou Curso de blogs no entorno bibliotecario- edición Baiona

Remitir o boletín de inscrición xunto co resgardo do pagamento a: anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com
ou por correo postal á seguinte dirección:
ANABAD-GALICIA
Buenos Aires, 5, 1º A
15004  A Coruña

NOTA: A reserva de praza e a admisión definitiva comunicarase por correo electrónico, ou por teléfono.

COORDINACIÓN
Isabel Buján Bernárdez
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com

Descarga del formulario de inscripción

Comentarios »

The URI para referenciar esta entrada: http://agabad.blogsome.com/2007/04/16/creacion-e-uso-dos-blogs-no-entorno-bibliotecario/trackback/

Ninguén comentó ainda.

RSS feed para los comentarios de este post.

Déixanos o teu comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com