08-05-2008

ANABAD-Galicia e o anteproxecto de lei de arquivos de Galicia remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral, Asociación, Novas, Arquivos

Como xa sabedes, a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia enviou a ANABAD_Galicia o texto do anteproxecto do borrador da Lei de Arquivos de Galicia, para que presentase as alegacións ao mesmo que lle pareceran oportunas.

Revisado o texto polos socios arquiveiros que respostaron á convocatoria que se fixo a través desta mesma páxina, a asociación presentará un escrito de alegacións que se está a elaborar, pero, dado o xesto que a Consellería tuvo para con nós, queremos poñer no coñecemento dos nosos socios as seguintes cuestións:

En primeiro lugar, desexamos manifestar o noso agradecemento á Consellería por contar coa opinión dos profesionais neste asunto de tanta importancia para os centros e os arquiveiros.

En segundo lugar, desexamos felicitar á Consellería, pola iniciativa tomada para elaborar a Lei de Arquivos de Galicia, tanto tempo demandada polos profesionais, e tan necesaria para as administracións.

O texto do borrador que se presenta é moi respetuoso cos principios arquivísticos básicos, e propón unha Lei moi técnica, que reposta, ao noso entender, as necesidades existentes na materia de xeito estructurado e serio.

Está ademais informada de xeito moi claro polos principios democráticos de transparencia e participación, o que nos parece tamén moi positivo. Tiñamos todos verdadeira necesidade de que a Xunta de Galicia indicase qué arquivos quere e como quere que sirvan as administracións e aos cidadáns, e asumise un proxecto político de estructuración do sistema de Arquivos de Galicia.

Dito isto, indicar tamén que imos presentar algunhas alegacións, na crenza de que podemos contribuir a mellorar alguns aspectos, a redondear algunhas cuestións, aportando o noso parecer profesional.

 

ANABAD-Galicia. Sección de Arquivos.

23-04-2008

Reunión para debatir o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos

ANABAD-Galicia informa aos seus asociados do seguinte:
A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia remitiu a esta asociación o Borrador do Anteproxecto de Lei de Arquivos e do Patrimonio Documental de Galicia, para que como tal asociación, a coñeza e se posicione respecto a ela.

Por iso, a Xunta Directiva de ANABAD-Galicia convoca a todos os asociados interesados en participar no debate e na presentación de alegacións a unha reunión urxente, que se celebrará o próximo día 30 de abril, ás 17:30 horas da tarde na sede da asociación, (Avda. de Buenos Aires 5 – 1º D, A Coruña).

 

Directiva de ANABAD - Galicia

17-04-2008

Animación á lectura

Posteado por: Rebeca Núñez
Arquivado en: Xeral, Bibliotecas

Ola a todos!
Aquí vos deixo o enlace a unha curtametraxe que, de seguro, faravos sorir. É do director e guinista Pablo Bullejos.
A min persoalmente pareceume xenial na súa sinxeleza.
Así se dinamiza unha biblioteca, así se anima a ler, así se deixa soñar…
 
Segunda estrella a la derecha:
http://pablobullejos.wordpress.com/obra-audiovisual/la-segunda-estrella-a-la-derecha/video/

Convocatoria de Bolsas na Fundación SEPI

Posteado por: Rebeca Núñez
Arquivado en: Xeral, Bolsas

A fundación SEPI ten publicadas varias convocatorias de bolsas para o año 2008, entre as que se encontran as de Iniciación na Empresa e as de colaboración con ENUSA.

As primeiras pódenas solicitar diplomados en Biblioteconomía e Documentación ou Licenciados en Documentación (entre outros titulados, doutros campos). As segundas, corresponden ó Programa de Fundación SEPI - Enusa Industrias Avanzadas 2008.

Tanto as bases como as características xerais, así como os formularios de solicitude, encóntranse na dirección http://www.funep.es/becas/

Un saúdo.

16-04-2008

CURSO: A CALIDADE NOS ARQUIVOS. MODELOS E POSIBILIDADES

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD GALICIA, dentro do seu plan de formación para o ano 2008, convoca o curso " A CALIDADE  NOS ARQUIVOS. MODELOS E POSIBILIDADES ", que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de maio.
Con   este   curso,  ANABAD-GALICIA  desexa  contribuir  a  que  os arquiveiros tomen maior conciencia, se cabe, da necesidade de acadar unha  máis  ampla  racionalización  do  traballo que realizan, en sintonía coas  normas  internacionais  de  calidade, co obxectivo de acadar unha mellora  continua do servizo que ofrecen aos cidadáns.

OBXECTIVOS:

O curso pretende ser unha introdución a aspectos básicos da calidade en tanto en canto son aplicables na xestión dun servizo de arquivo orientado á satisfacción das necesidades dos seus usuarios/clientes. Así, desenvolverá os seguintes aspectos:

- Introdución ao concepto de calidade.

- Modelos básicos de xestión da calidade

- Describir as características básicas dun sistema de xestión da calidade

- A calidade na familia de normas ISO 9000

- Cartas de servizo

PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir os datos persoais a:
anabadgalicia@mundo-r.com
Enviarase o boletín de inscripción, e a continuación comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación.

MATRÍCULA
Socios: 70 €
Non Socios: 100 €                   

O pagamento da inscripción pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade:
CAIXA GALICIA: 2091-0000-30-3040151354

 

Para calquera dúbida, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com ou no  teléfono 661709823.

11-04-2008

Constitución do Consello Asesor do Libro

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Xeral, Comisión de bibliotecas

Facémonos eco da constitución do Consello Asesor do Libro:

CONSELLO ASESOR DO LIBRO

 

O día 14 de marzo, ás 10, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela constituíse o Consello Asesor do Libro.

ORDE DO DÍA

  1. Constitución
  2. Organización e funcionamento
  3. Informes da Presidencia sobre o desenvolvemento da Lei do Libro e a Lectura

Unha vez constituído o Consello, propuxeron a creación de grupos de traballo:

  1. Estratexias para a promoción do libro galego e da literatura galega no exterior
  2. Fomento do libro e da lectura
  3. Desenvolvemento normativo, estudos e informes
  4. Industria do Libro

Polo que dende as distintas asociacións sería necesario propor persoas dispostas a participar neles.

Creouse a Comisión Permanente, que estará formada por: Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Subdirectora Xeral de Creación e Difusión Cultural, 1 persoa de cada unha das outras administracións representadas no Consello, Cesáreo Sánchez Iglesias, en representación dos/as escritores/as galegos/as, Alfonso García Sanmartín, en representación das editoriais galegas, Xaime Carlos del Corral Prieto, en representación das librerías galegas, Mª Luz Corral Uzal, en representación dos/as bibliotecarios/as galegos/as (ANABAD e AGABEL).

Informaron do Orzamento para o ano 2008 e das axudas e subvencións que convocaron, presentaron o novo portal da páxina web Praza das Letras, comunicaron que a partir de abril realizarían unha campaña publicitaria de promoción do libro e a lectura e que van realizar un Mapa de bibliotecas.

No referente a bibliotecas, que destinaron máis de 4 millóns de euros á dotación de fondos, formación de persoal, equipamento, promoción da lectura e informatización dos centros. Que están a desenvolver o Plan da Lectura que recolle diversas estratexias de apoio ás bibliotecas e que conta cun orzamento de 50 millóns de euros ata o ano 2011.

Durante o ano 2007, a través do programa de promoción do libro en galego, procederon á adquisición con fondos propios de obras en galego. Esto completouse co convenio asinado entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Cultura para a adquisición de fondos bibliográficos destinados ás bibliotecas. Entre as dúas subvencións achegáronse a case tres millóns de euros que permitiron mellorar e renovar os fondos das bibliotecas. Apoiaron a creación de Clubes de lectura, convocaron o programa Letras Vivas e Letras animación, levaron a cabo o programa Lendo Espero, a través do cal se instalaron puntos de lectura en centros de saúde.Iniciaron o programa de formación para bibliotecarios/as. Asinaron convenios de cofinanciamento en mobiliario cos concellos de Galiza e están dotando con equipos informáticos e acceso a internet.

10-04-2008

Curso: Técnicas e recursos básicos para encontrar un emprego en Biblioteconomía e Documentación

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

PRESENTACIÓN
Este curso está dirixido aos estudantes de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña (Ferrol), que desexen dispor de técnicas e recursos básicos para atopar traballo nas áreas da información, a documentación e a biblioteconomía. O ámbito xeográfico será o estatal con especial atención á zona galega. Insístese especialmente na adquisición de habilidades e hábitos de procura; e compleméntase coa exposición de fontes de información.

PROFESORADO
María José Sola
Diplomada en Biblioteconomia i Documentació (UB). Estudante da Licenciatura en Documentación (UB). Está implicada no ámbito das bibliotecas públicas desde fai dez anos. Traballou no Consorci de Biblioteques de Barcelona e, na actualidade, traballa para a Deputación de Barcelona. Así mesmo, colabora noutros proxectos, como a xestión de contidos do Blog Documentación, ofertas de emprego e cursos de Informa.

PROGRAMA
1. Antes de empezar a buscar emprego.
a) Ante todo, coñezámonos: que sabemos facer,
que queremos facer, onde queremos traballar.
b) Cales son os perfís profesionais existentes.
2. Buscando traballo
a) Pautas para realizar o seguimento do proceso de
procura.
b) Fontes de información: onde buscar.
c) Pensemos no noso currículo.
d) Seleccionáronnos: preparando a entrevista de
traballo.

MATRÍCULA
Socios: 20 €
Non Socios: 35 €

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Ferrol. Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

CALENDARIO
Sábado, 10 de Maio de 2008

Máis información:  anabadgalicia@mundo-r.com ou no teléfono 661709823.

08-04-2008

Presentación do Grupo Comicteca

Posteado por: Julio Pesquero
Arquivado en: Xeral, Congresos, Bibliotecas

O xoves 17 de abril no marco do 26º Salón Internacional do Cómic de Barcelona terá lugar a presentación oficial do “Grupo Comicteca” formado por un grupo de bibliotecarios de toda España e Portugal que traballan en centros con especial interese no mundo do TBO. O grupo Comicteca, formado por bibliotecas de toda España (A Coruña, Barcelona, Lisboa, Zaragoza, Pamplona, Cádiz, etc.) quere aproveitar o evento de cómic máis importante de España para presentar os seus obxectivos ante compañeiros, profesionais e creadores asociados ao cómic. Os nosos obxectivo céntrase en dar resposta desde a biblioteca pública ao enorme interese social que está xerando o cómic e pretendemos facelo a través de reivindicar a presenza do cómic na biblioteca pública, fomentar a formación dos bibliotecarios neste ámbito, desenvolver recursos e experiencias e, por suposto, difundilas a través de distintos medios. Unha vez que presentemos noso “documento constitucional” divulgarémolo todo o posible por se tivésedes interese nesta experiencia profesional á que desde xa vos invitamos a participar a través da nosa lista de distribución http://groups.google.es/group/comicteca . Desde Galicia iremos dous bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña como fundadores do grupo para participar na mesa pero quero insistir en que somos un grupo aberto e esperámosvos en Barcelona o 17 de abril ás 12:30 h na sala de conferencias do Salón Internacional de Cómic de Barcelona. Por suposto tamén intentaremos estar presentes no próximo Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas da Coruña.

Julio Pesquero

31-03-2008

FESABID presenta E-Biblio

O proxecto E-biblio: bibliotecas e bibliotecarios como axentes de promoción da sociedade da información de FESABID está dirixido á realización de  actuacións de potenciación de axentes locais como dinamizadores dos puntos de acceso público, que aseguren a continuidade e permanencia destes axentes no tempo.

FESABID considera que a figura do bibliotecario público responde plenamente ao tipo de axente local dinamizador. En vista do que considera que as políticas e os programas para o desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento deben contar coa figura do bibliotecario público como un axente de promoción estratéxico, se temos en conta a súa implantación territorial, a súa estabilidade e continuidade no tempo, a súa proximidade á poboación e o hábito adquirido por moitos cidadáns de facer uso dos servizos bibliotecarios.

Obxectivos que procura o proxecto:

  • 1. Concienciación da importante función da biblioteca e os bibliotecarios
  • 2.Establecemento de directrices para a actuación das bibliotecas e os bibliotecarios
  • 3. Planificación e desenvolvemento de programas de formación dos bibliotecarios

Dentro deste último obxectivo Fesabid ten programados para os próximos meses varios cursos de formación entre o que se encontra a celebrar na Coruña con Anabad-Galicia entre os días 18 e 20 de xuño.

La prensa histórica española, disponible en internet

La Biblioteca Virtual Española de Prensa Histórica ha puesto a disposición de los internautas casi cuatro millones de páginas de 1.960 cabeceras de la prensa histórica española, convirtiéndose este archivo en uno de los más importantes de Europa.

El Ministerio de Cultura español lleva desde 2005 con la tarea, haciendo accesible a los ciudadanos los fondos de las bibliotecas públicas del estado, de ateneos, fundaciones, ayuntamientos, universidades y de propietarios de periódicos que empezaron a editarse en el siglo XIX.

Rogelio Blanco, director general del Libro, Archivos y Bibliotecas, ha explicado que "con la iniciativa se ha democratizado el acceso a materiales que, en general, y debido a su deterioro, estaban reservados únicamente a pocos investigadores y en condiciones con frecuencia muy limitadas"

La publicación más antigua de las recogidas es La Pensatriz Salmantina, de 1777, conservada en la Biblioteca Pública del Estado de Cáceres, una de las rarísimas publicaciones aparecidas en el XVIII destinadas a las mujeres.

"Dexense, pues, Vds de reducir toda la ciencia y comprensión femenina al gobierno de la aguja, al manejo de la rueca, de la escoba y de la almohadilla, y a la superintendencia de los pollos, las gallinas y los gallos", reclama la articulista Escolástica Hurtado, en La Pensatriz Salmantina.

En la Biblioteca Virtual de Prensa Histórica se encuentran periódicos y revistas de quince comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Cataluña, Madrid, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Islas Baleares, La Rioja, País Vasco y Región de Murcia), 45 provincias y 140 localidades. El Ministerio tiene previsto incluir en fases sucesivas colecciones de las comunidades autónomas y provincias que aún no están en la base de datos.

La prensa histórica, en peligro

El director general del Libro, Archivos y Bibliotecas ha explicado que de todos los conjuntos del patrimonio bibliográfico español, "el que se halla en mayor peligro de desaparecer es la prensa. Por ello, debía ser el primero en intentar rescatarse".

En opinión de Blanco, hay dos razones básicas por las que la prensa histórica está desapareciendo. La primera es la utilización, desde 1840, de un papel fabricado a partir de la celulosa de madera, que al contacto con la atmósfera sufre una degradación rapidísima que incluso podemos comprobar con la prensa actual.

La segunda consiste en el hecho de que la prensa es un recurso informativo muy solicitado por investigadores y lectores, pues en ella se recogen todo tipo de informaciones que abarcan desde la política a la literatura.

Una de las más importantes de Europa

Las 3.906.000 páginas digitalizadas convierten esta biblioteca en una de las más importantes de Europa. Entre las colecciones de prensa digitalizadas incluidas en The European Library (www.theeuropeanlibrary.org), the Finnish Historical Newspaper Library incluye 415.000 páginas e Historical Newspapers in Pictures de la Biblioteca Nacional de Holanda, 350.000.

Hasta la fecha, solo Austrian newspapers on line, con casi tres millones de páginas, alcanza un volumen cercano al de la Biblioteca Virtual de Prensa Histórica de España.

La iniciativa tendrá continuidad en 2008 y es paralela a otra muy importante, también en marcha: la creación de la Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico (http://bvpb.mcu.es), iniciada en 2007, que ya alcanza la cifra de 2.160 títulos de manuscritos, incunables y libros impresos antiguos, con un total de casi 600.000 páginas, conservados en bibliotecas españolas.

Fuente: El País

28-03-2008

Observatorio de Prospectiva “Archivistica y Sociedad”

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Xeral, Arquivos

Leo en Archivistica.net que la UC3 ha puesto en marcha El observatorio – archivística y sociedad.

¿QUE PRETENDE?

- Impulsar las buenas prácticas en archivos

- Dar publicidad a los mejores modelos de acercamiento del archivo a la sociedad

- Crear, incrementar y mejorar los canales de acercamiento entre los diferentes responsables de archivos y centros de memoria y sus máximos responsables: alcaldes, concejales, etc

- Reunir información sobre experiencias innovadoras cuyo resultado mas inmediato sea ese acercamiento a la sociedad

- Poner esta información al servicio de la investigación socio-archivística

- Conectar con otros programas de buenas prácticas

¿QUE RESULTADOS ESPERAMOS?

El programa se propone culminar con los tres documentos que siguen

- Documento de buenas prácticas en archivos

- Guía metodología para el ejercicio de buenas prácticas en archivos 

- Banco de buenas prácticas

27-03-2008

Día de San Bieito

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD-GALICIA có gallo do Día de San Bieito, patrón dos profesionais que conforman a asociación, organiza para o sábado día 5 de abril as seguintes actividades:
Dúas visitas guiadas a elexir unha na cidade de Santiago de Compostela ás 13:00 h:
·
        Arquivo Catedralicio de Santiago (Máximo 20 persoas)
·        Biblioteca Pública do Estado de Santiago de Compostela

Xantar no Restaurante "O PICHO DA CERCA". O prezo do menú é de 30€ cun aperitivo incluido.
As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición (prioridade ao socios e os seu acompañante).

  • No momento da inscripción indicarase si se é socio e tamén a que visita desexa asistir.
  • Prazo de inscripción remata o 31 de Marzo. A lista de admitidos publicarase o día 1 de Abril e se notificará por e-mail
  • Una vez confirmada a lista de admitidos, indicarase o punto de encontro exacto.
  • O diñeiro recollerase no restaurante.
  • mail: anabadgalicia@mundo-r.com

26-03-2008

Curso catalogación formato IberMarc

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Cursos, Formación

O formato MARC é o principal formato utilizado para a catalogación de recursos de información en distintos formatos, e constitúe un dos principais estándares no ámbito da documentación e das bibliotecas.

Anabad Galicia, dentro do seu plan de formación deste ano, organiza unha nova edición do curso  Catalogación formato IberMarc a cargo de Milagrosa Carro Rivera dirixido a estudantes de Biblioteconomía, bibliotecarios e documentalistas interesados en coñecer as características do formato MARC a partir dun punto de vista eminentemente práctico.

ONDE: Forum Metropolitano. A Coruña

CANDO: 5 – 12 – 19 e 27 de Abril de 9.00 a 14.00 h.

Descarga do programa detallado e a folla de inscripción 

24-03-2008

El Códice Daza, de Lope de Vega, en busca de comprador

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Xeral

Desde hace un año largo, está en venta uno de los dos (o, según algunos expertos, tres) códices autógrafos de poesía que existen de Lope de Vega. Su valor bibliográfico es enorme. Se trata del llamado Códice Daza, cuyo heredero ha solicitado el permiso correspondiente para subastarlo fuera de España. La Casa de subastas Christie’s ofrece por él una cantidad que alcanzaría el millón de euros (se habla de 800.000 a 900.000 euros de partida), que es, según los especialistas, lo que vale en el mercado internacional. Pero el Códice Daza no puede salir del país. Así lo ha dictaminado la Junta de Calificación, Valoración y Exportación de bienes del Patrimonio Nacional. La Bibioteca Nacional quiere adquirirlo, pero no tiene presupuesto para ello. Y busca un mecenas.

En la primera página se lee “Agosto de 1631”. En la cubierta, en tinta negra : “Aquí están las Eglogas”. Es el Códice Daza, cuaderno autógrafo de Félix Lope de Vega y Carpio (1562-1635) cuyo rastro se había perdido desde hace un siglo y que ahora sus herederas han sacado a la luz para ponerlo en venta. Es una joya: doscientas cincuenta folios en pergamino de 20,08×15, 50 cm, con numerosa obra inédita, escritos por Lope desde 1631 a 1634, al final de su vida. Es, sobre todo, una rareza, porque se trata de un cuaderno-borrador de poemas, plagado de tachaduras y rectificaciones de obra no pensada para publicar, según los expertos.

Leído en Archivistica.net

Fuente original: El Cultural

18-03-2008

WorldCat bloggea

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Novas, Bibliotecas

WorldCat o catálogo mundial do consorcio de bibliotecas OCLC, integrado por mais de 60.000 bibliotecas de 112 países, ten o seu propio blog onde publican interesantes novas relativas ao mundo das bibliotecas.

Blog del WorldCat 

E para os que non coñezades o interfaz de búsqueda do WordCat, probade a experiencia, é realmente amigable e básase na idea de que os usuarios van fundamentalmente aos buscadores para obter información e non as webs das bibliotecas, evitandose ir facendo a mesma búsqueda en diferentes bibliotecas.

Buscador de WorldCat

17-03-2008

Creado o Consello Asesor do Libro

O consello constituído o 14 de marzo de 2008 ten carácter asesor en materia do libro e da lectura, polo tanto as súas decisións non son vinculantes. Está integrado por quince membros: sete da administración (tres da Consellaría de Cultura, un de Educación, outro de Industria, un da Federación Galega de Municipios e Provincias mais un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e oito dos sectores profesionais relacionados co libro (escritores, tradutores, editores, artes gráficas, ilustradores, distribuidores, libreiros e bibliotecarios).

A presidencia correspóndelle á consellaría de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a vicepresidencia ao director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará. Como representante das Bibliotecas encóntrase Mª Luz Corral en representación de ANABAD-Galicia e de AGABEL (Asociación de Bibliotecas Escolares)

12-03-2008

1ª reunión do Grupo de traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad

O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia, en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján tratamos os seguintes puntos:

  •  Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA, que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa, e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de Pontevedra, para  montar outro grupo de traballo de bibliotecas públicas.
  • O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf) celebrarase  na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións. Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar en propostas de actividades paralelas.
  • Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a nosa situación profesional como colectivo.

 

11-03-2008

El mayor archivo privado de España se queda huerfano

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Xeral, Arquivos

Ha muerto la "duquesa roja". Con ella se va una filosofia de vida y una lucha constante por mantener su patrimonio archivístico en las mejores condiciones posibles.

El primer contacto que tuve con la Fundación-Casa de Medina Sidonia fue hace mucho tiempo.
Estaba yo estudiando en la Universidad y la escuché en "La Ventana", un programa de la Cadena Ser, hablando sobre su archivo y sobre las necesidades de financiación. Hablaba de una publicación que iba a salir por esa época titulada "Voces de la Historia".

Me suscribí a esta publicación de nueve títulos que la Fundación ofrece a todo aquel interesado en el estudio y comprensión de paleografía. Seleccionados los documentos trascritos, conforme a la época de las determinadas escrituras y a su temática, nos permite entender el significado caligráfico de lo escrito. Y, como acertadamente escribió la presidenta de esta Fundación, doña Luisa Isabel Álvarez de Toledo: poner a nuestros lectores en contacto directo con el pasado común, para que conociendo sus aciertos, errores e intrigas, puedan comprender las del presente Útil para el estudiante de historia, pues sin su comprensión, difícilmente podrá escribir historia y, si se nos permite, ser un buen historiador, pues las fuentes bibliográficas no bastan para recomponer nuestro pasado, debiendo siempre acudir a las fuentes documentales más cercanas al tema que se quiera estudiar.
El número I y VII de la Revista está dedicado a Los Moriscos y la Guerra de las Alpujarras, siendo los documentos trascritos de 2 testimonios notariales de 1569-1570; una carta de García de Toledo, de 1570; una cédula de Felipe II, autorizando a los duques de Arcos y Medina Sidonia, recoger a los moriscos que se entreguen, y otra cédula dirigida al capitán Pedro Bermúdez, a quien se ordena cumplimentar la orden anterior.
El número IV está dedicado íntegramente a la decisión de Felipe II de instalar la corte en Madrid, en el año 1561. El V y el VI está dedicado al periodo de los Trastamara, que se inicia con Enrique II. Diversos documentos, cuya trascripción figura en ambos números, permiten al lector entender la política dinástica y militar de los reyes de la Casa Trastamara.
En el número VIII se trascribe un documento de 1607, llamado de Relación. En el se detalla puntualmente lo ocurrido durante la jornada en que se celebraron los esponsales entre el Conde de Ampudia, nieto del duque de Lerma con la hermana del Almirante de Castilla. Aparte del interés paleográfico, que lo tiene sin duda, el lector podrá hacerse una idea de lo que fue la identidad colectiva de una clase, sumergida en la inercia de las representaciones escénicas del barroco español
Por último el número IX, contiene una serie de documentos de índole militar y diplomática que van de 1560 a 1563.

Desde aqui, desde este humilde blog de una Asociación, Requiem por la Duquesa de Medina-Sidonia (1936-2008)

10-03-2008

CURSO NA CORUÑA SOBRE A BIBLIOTECA 2.0

Posteado por: Antonio
Arquivado en: Xeral

ANABAD GALCIA organiza o curso :

A BIBLIOTECA 2.0: SERVIZOS BIBLIOTECARIOS POR E PARA O USUARIO

Celebrarase na Coruña os días 12 e 19 de Abril cun horario de 9:00 – 14:00 h.

Se se cobren todas as prazas e hai moita demanda, Anabad Galicia realizaría unha nova edición deste curso en Vigo en maio.

Para máis información, podedes contactar con nós a través de anabadgalicia@mundo-r.com

06-03-2008

El Archivo de los Orsini en internet: mapas, planos y documentos

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Xeral, Arquivos

Maria José Aldaz, filóloga y documentalista, comenta desde su interesante y especializado blog sobre Archivistica, que la Biblioteca de la UCLA ha puesto en la web los documentos y mapas del Archivo Orsini, uno de los clanes más influyentes en la historia de Italia. El archivo abarca un extenso periodo, desde 1150 a 1950.

• Orsini Family Papers (UCLA)
• Archivistica.net

Fuente: Todas (enviado por Catuxa)

05-03-2008

Novos perfís profisionais

Posteado por: João Manuel Peres Lijó
Arquivado en: Xeral, Bibliotecas

 

 

Novos perfís profesionais para novos proxectos de bibliotecas públicas: artigo de Roser Lozano no repositorio do Thinkepi.

 

"En la biblioteca pública no se puede hablar de un único perfil de competencias, sino que hay perfiles diferenciados de acuerdo a los diferentes puestos de trabajo y, por tanto, se tendría que hablar de conocimientos y de habilidades asociadas específicas. Algunos de ellos pueden ser: dirección-gerencia, referencista, animador cultural, especialista en animación y literatura infantil, educador y formador, conservador y especialista en patrimonio, webmaster…etc. Cada uno de ellos ha de tener un perfil de competencias completamente diferenciado, con conocimientos y habilidades específicas y con el compromiso común de servir a los objetivos estratégicos de la biblioteca como organización."

A Biblioteca do Congreso leva as súas fotos ao Flickr

Posteado por: João Manuel Peres Lijó
Arquivado en: Xeral, Bibliotecas

Vieiros publica esta nova: A Biblioteca do Congreso, que dispón de doce millóns de imaxes, atopou unha resposta orixinal. En xaneiro, a institución transferiu unha parte das súas imaxes a Flickr, unha web onde millóns de internautas comparten cada día toda clase de imaxes: pícaras, íntimas ou banais.

Ao asociarse coa popular plataforma de almacenamento e intercambio, a Biblioteca do Congreso dos EUA busca paliar a falta de visitas recibidas na súa propia web, que xa conta cun gran número de fotografías.

Pódese seguir a notícia completa na web da Library of Congress.

Evolución do bibliotecario

Posteado por: Catuxa Seoane
Arquivado en: Xeral

Emulando a Darwin, nada mellor cun anaco de humor mentras reflexionamos sobre as promesas electorais relativas ao mundo das bibliotecas e os arquivos, antes do noso voto. Aquí a evolución da nosa profesión:

Evolución do bibliotecario

Informationus Primatus – Informationus Scriptor – Informationus Shushimus – Informationus Professionus

04-03-2008

El Domingo, Elecciones al Congreso y al Senado

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Arquivos

Javier López Vallo, hace una aportación muy interesante en la lista Arxiforum. Sin su permiso (espero que no le pareezca mal) copio y pego aqui el correo distribuido:

Como ya ha comenzado la campaña electoral, y supongo que será difícil que en algún debate al máximo nivel o incluso no tan alto se polemice acerca de lo que cada partido propone en relación con el patrimonio documental y los archivos, he consultado los distintos programas electorales de los partidos presentes en el último arco parlamentario, y el resultado es el que copi-pego al final. Como no me leí estos programas de arriba abajo, y sólo busqué los lemas *archivo, *arxiu, *arquivo, espero que si alguien detecta alguna omisión, lo comente en la lista.

Saludos,
Javier López Vallo.

  • PSOE

    Impulsaremos una Ley de Archivos que garantice la preservación de nuestro patrimonio archivístico, y contemple la nueva realidad que imponen las nuevas tecnologías. Promoveremos la digitalización, a través del Programa PARES (Portal Archivos Españoles), de los fondos documentales de los Archivos Nacionales y su libre consulta a través de la red, para facilitar a
    todos los ciudadanos el acceso permanente por vía electrónica a nuestro patrimonio documental, las 24 horas del día los 365 días del año.

  • PP (programa en pdf)
    Haremos de las bibliotecas, los archivos y la lectura el gran motor de la sociedad de la información y del conocimiento. Coordinaremos, y colaboraremos con todas las Administraciones con competencia en bibliotecas y archivos, para concertar y ejecutar acciones en desarrollo de nuestros sistemas y redes de archivo. Pondremos en marcha un plan específico de infraestructuras, de equipamientos y de incorporación de TIC, y mejora de los servicios prestados para los archivos de todo el Estado en el ámbito de sus competencias. Crearemos el Consejo Interterritorial de Archivos como órgano permanente de colaboración, coordinación, cooperación, comunicación e información de los
    sistemas autonómicos de archivos y un Consejo Asesor de Archivos
    .
  • CiU (programa en pdf)

    (-)

  • ERC (programa en pdf)

    Treballar per activar els traspassos dels equipaments culturals de titularitat estatal. Com ara el del Museu de Tarragona, Arxius Provincials i
    Biblioteques provincials a la Generalitat.

  • PNV (programa en pdf)

    (-)

  • IU (programa en pdf)
    Elaborar una ley marco de archivos para todo el Estado. Establecer medidas legislativas y de gobierno que garanticen el acceso a los documentos de las administraciones públicas. Elaborar, financiar y desarrollar en colaboración con las Comunidades Autónomas un plan específico de infraestructuras y equipamientos para los archivos con especial incidencia en los archivos de los ayuntamientos pequeños y en las entidades públicas y organizaciones de escasos recursos. Aprobar nuevas normas reguladoras de los archivos estatales y desarrollar un plan específico de infraestructuras y equipamientos para dichos archivos. Establecimiento de un estatuto marco profesional de los/las archiveros/as en colaboración con las asociaciones profesionales que garantice que todos los archivos públicos estarán atendidos por archiveros/as profesionales,
    adecuadamente formados y con dedicación laboral exclusiva.

    PATRIMONIO BIBLIOGRAFICO Y DOCUMENTAL

    Elaboración de una ley del deposito legal prevista en la Ley de la lectura, el libro y las bibliotecas (Ley 10/2007, de 22 de junio) para adaptar la normativa vigente a la realidad del Estado de las autonomías, a la aparición de nuevos soportes y a los cambios producidos en el sector editorial.
    Elaborar planes de coordinación administrativa con objetivos concretos para la realización del Censo del Patrimonio Documental, del Censo-guía de los Archivos Españoles y del Catálogo Colectivo del Patrimonio Bibliográfico Español implicando a las administraciones autonómicas y municipales.
    Elaborar, financiar y desarrollar de forma periódica en colaboración con las Comunidades Autónomas planes de digitalización del patrimonio bibliográfico y documental asegurando la implicación de las administraciones municipales
    .

  • NAFARROA BAI

    (-) No aparece programa electoral.

  • EUSKO ALKARTASUNA

    (-) Aún no se presentó el programa electoral.

  • COALICIÓN CANARIA (programa en pdf)

    Promover la coordinación entre las políticas estatales de inversión en infraestructura cultural con la desarrollada por la Comunidad Autónoma Canaria, singularmente en los proyectos de ampliación del Archivo Histórico Provincial de Las Palmas de Gran Canaria, y la ampliación y mejora de la Biblioteca Pública del Estado en Santa Cruz de Tenerife. Recabar un programa específico para el patrimonio documental referido a Canarias que se encuentra disperso en diversos archivos fuera del Archipiélago, y realizar su volcado sobre soportes informáticos y su puesta a disposición de los investigadores de nuestras islas. Exigir la incorporación del patrimonio documental canario a los programas de informatización y digitalización desarrollados por el Gobierno de España.

  • BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (programa en pdf)

    Valorar, na negociación do traspaso da titularidade de museos, arquivos e bibliotecas, a débeda histórica en materia cultural e a transferencia do crédito necesario para o pagamento do canon de préstamo das bibliotecas estatais. Instar á dixitalización e ao traslado de todos os fondos documentais galegos depositados nos arquivos estatais ao Arquivo Nacional de Galiza. Reclamar o traslado ao Arquivo da Rexión Militar do Noroeste con sede en Ferrol da documentación depositada no Arquivo Xeral da Mariña Española e no Servizo Histórico da Armada que fora enviada desde os arquivos militares situados na Galiza. Demandar a axilización da construción da biblioteca e do arquivo de Ourense e do proxecto de construción do novo arquivo provincial de Pontevedra.

  • NUEVA CANARIAS

    (-) No se localiza el programa.

  • CHUNTA ARAGONESISTA (programa en pdf)

    Exigir al Estado y al Patronato del Archivo de la Corona de Aragón, del que forma parte, el máximo respeto a la integridad de éste y el mayor rigor histórico y técnico para evitar la desmembración indiscriminada de sus fondos. Asimismo, facilitar el acceso a los fondos del Archivo de la Corona de Aragón mediante políticas públicas de digitalización accesibles. Instar al Estado a desarrollar la digitalización de la documentación histórica aragonesa recogida en archivos estatales (Histórico Nacional, Simancas, etc). Apoyar los sistemas de bibliotecas, archivos y museos de Aragón.

03-03-2008

Os inéditos de Valle doados á USC abren novas vías de estudo

Posteado por: Lara Rey
Arquivado en: Xeral

Os herdeiros de Valle-Inclán veñen de poñer a disposición da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago un fondo documental de máis de 5.000 páxinas que conteñen manuscritos ata o de agora descoñecidos. Deste xeito, poderanse abrir novas vías de investigación sobre a obra do autor galego e publicaranse edicións facsimilares de libros inéditos incluídos neste fondo.

“Para calquera investigador, isto é un tesouro”, afirmou onte en roda de prensa a directora da Cátedra, Margarita Santos Zas, quen valorou o feito de poder coñecer as “probas de augaforte” dun dos escritores principais do século XX.

Custodia dun legado

Para a familia de Valle-Inclán, trátase dun xeito de levar a “bo porto” o obxectivo de custodiar o legado do autor de Luces de Bohemia, emprendido polo seu fillo Carlos, o Marqués de Bradomín. Así o indicou o neto do escritor, Xavier del Valle-Inclán.

O fondo contén obras inéditas, poemas, pezas de teatro, reflexións, cadernos de notas e cartas que revelan a personalidade do carismático literato. “Estas páxinas van dar respostas sobre as súas obras”, augurou Margarita Santos.

A directora da Cátedra Valle-Inclán, creada en 2002 na universidade compostelá, reparou na preocupación que o autor tiña por todo o proceso editorial.

“Coidaba moito os textos, editábaos el mesmo, indicaba como sería o deseño do título, e corrixía unha e outra vez”, observa nos materiais tachados e sobreescritos achegados pola familia Valle-Inclán.

A través destes documentos, pódese seguir o proceso de documentación e creación de Valle para as súas obras, con apuntamentos históricos, xenealóxicos e estéticos escritos do puño e letra do autor de Tirano Banderas.

Entre as obras ata agora descoñecidas e que forman parte do fondo, atópanse Las mujeres de Sálvora. Tragedia griega e El Beato Estrellín. Tragedia Sacramental. Ademais, revélase o Valle-Inclán máis humano nos inéditos Cuaderno de Navarra, no que imprime as súas vivencias durante a guerra carlista, e no Cuaderno de Francia, con anotacións sobre a súa experiencia na fronte aliada durante a Primeira Guerra Mundial.

En boas mans

O neto do escritor arousán, Xavier del Valle-Inclán, fixo un repaso dos avatares que atravesou o fondo documental. Explicou que a viúva de Valle, Josefina Blanco, foi quen trasladou o patrimonio a Pontevedra durante a Guerra Civil para comezar a publicación das obras do seu marido.

Unha vez falecida Josefina Blanco, tomou o bastón de remuda o seu fillo Carlos, quen non só ordenou e restaurou un conxunto de cartas, notas e outros documentos inéditos, senón que tamén foi acumulando obras sobre o seu pai e recortes xornalísticos sobre Valle-Inclán na prensa entre 1936 e 2006, datas que separan as mortes do pai e do fillo.

Mercedes Alsina, muller do Marqués de Brandomín, decide agora poñer estes documentos á disposición da Universidade compostelá, a través dun acordo asinado o pasado mes de decembro. Deste xeito, afirmou o reitor da USC Senén Barro, a Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela converterase nun “referente universal” da obra do escrito

Fuente: El Correo Gallego

ANABAD Galicia Avda. de Buenos Aires, 5, 1ºD 15004 - A Coruña Tfno. 881 889 008 / 661 709 823 e-mail: anabadgalicia@mundo-r.com